lunes, 25 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO



O 23 de abril celebramos o día internacional do libro  e no cole fixemos unha morea de actividades ao longo de toda a semana.

LUNS

Colgamos este gran cartel que moitos dos rapaces fixeran na semana anterior para anunciar a gran celebración. Ademais, como os libros ían ser os protagonistas da semana, enchemos o cole cunha morea de libros. 


MARTES

Os axudantes da biblio sorprenderon aos nenos e nenas de infantil cuns entretidos contos. Traballaron moi duro e o resultado foi fantástico, no cole temos grandes contacontacontos!


MÉRCORES

Como sabedes, este ano cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, polo que a súa figura estivo moi presente nas celebracións desta semana. Unha delas protagonizárona os rapaces de 4º, que prepararon unha pequena obra de teatro para representar para todo o cole.


XOVES

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º foron os padriños lectores dos máis pequeños do cole. As lecturas foron os 12 capítulos dos libro Érase una vez don Quijote Otra vez don Quijote. Aínda que esta sesión de lectura foi o xoves, os asistentes á mesma xa escolleran a entrada o día anterior. A biblio converteuse nun despacho de billetes, botade unha ollada! 

VENRES

Un ano máis contamos coa compaña das familias na hora de lectura silenciosa. A lectura é moito mis divertida si é en familia!

Encantounos compartir este ratiño con vós!




Para rematar a semana, premios aos lectores e lectoras...


... e parabéns aos escritores destacados da Reboraina!

 

lunes, 18 de abril de 2016

RECEITA MUSICAL

Os Choquetes convidáronnos a todo infantil, a participar dunha orixinal receita que lles fixo a nai de Kira. Unha receita para aledar os corazóns e alimentar a alma. Pasámolo moi ben tocando instrumentos, cantando e ata botando uns bailes. Mirade como foi!!!

viernes, 15 de abril de 2016

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Os nenos e nenas de 1º e 2º recomendámosche a ti
para as tardes chuviosas de abril...

                  Gabriel  2º A
Recomendo " SECRETOS DE LA TIERRA"  porque é moi interesante.


                   Carme 1º B
Recomendo o conto " SIN TÍTULO" porque tén uns debuxos bonitos e sae o autor.


                     Sara 2º B

Recomendo "OS TRES PORQUIÑOS" porque fíxome rir cando o lobo queima o cu na cheminea.


                   Diego 2º A
Recomendo " OS BOLECHAS QUEREN SABER...EDUCACIÓN VIARIA" porque é bo saber as normas de tráfico.

                          Yago 2º B

Recomendo " EL TIBURÓN" porque é moi emocionante e divertido.