Mostrando entradas con la etiqueta outros coles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta outros coles. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de noviembre de 2011

RECURSOS MAGOSTO

Como cada ano, temos a sorte de contar co traballo levado a cabo noutros coles  recopilando recursos relacionados con estas datas. Aquí vos deixamos algunhas das páxinas creadas por algúns desos Centros. Poderedes atopar unidades didácticas, contos, lendas, ditos, refráns, adiviñas, xogos, ... E moito máis.









lunes, 6 de junio de 2011

COLABORACIÓN MUSICAL INTERCENTROS


Sabiamos que a nosa profe de música era estupenda, só hai que ver as moitas e variadas actividades que nos ofrece durante o curso, e que calidade... Seguro que foron moitos os que alucinaron o día que baixaron os nenos de sexto curso ao multiusos.


Pois mirade o traballo que está a facer con outros mestres de música, algúns do Concello de Redondela.


"Somos un grupo de catro mestr@s de música que estamos investigando sobre as posibilidades musicais que ofrece o noso contorno. Así, intentamos sacar o máximo proveito de cada situación que nos rodea e darlle un sentido musical na aula. Desta maneira, é importante sinalar que cada un de nós ten un proxecto a nivel de centro co cal tentamos interactuar o máximo posible dentro da aula de música en pro dunha ensinanza globalizada. Así, os diferentes centros que participan e os seus proxectos de centro son:
1. CEIP Laredo (Redondela): os bosques
2. CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela): a auga
3. CEIP Outerio das Penas (Redondela): a illa de San Simón (1º trimestre) e a alimentación (2º e 3º trimestre)
4. CRA Antía Cal (Gondomar): os bosques.
A parte de mostrar diferentes actividades relacionadas cos proxectos de centro e co contorno máis cercano, tamén levamos a cabo unha serie de actividades cunha temática común entre os catro centros, as cales podedes observar no blogue no apartado lateral "proxectos comúns"."


(CLICA NA IMAXE PARA IR AO SEU BLOG)
Teredes este blog tamén na barra lateral, sección "As nosas páxinas"

sábado, 21 de mayo de 2011

CELEBRANDO A NOSA LINGUA

Seguindo coas Letras e promocionando as moitas actividades que están a facer moitos Centros para engrandecer a Nosa Lingua e aos seus Autores, non podiamos deixar de poñer este incrible vídeo.

Neste vídeo podedes ver o programa "Ben Falado" da TVG. En concreto un vídeo realizado dende o Equipo de Normalización do Ies Ponteceso e os grupos de 4º de ESO, 1º e 2º de BACH en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal ao redor do poema "A campana de Anllóns" do citado autor.

Da gusto escoitar a estos rapaces e rapazas!



Visitade o seu blog:


http://biblioaponte.blogspot.com

viernes, 20 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

No instituto Ies Fontem Albei (A Fonsagrada, Lugo), elaboraron este incrible vídeo baixo a coordinación do equipo de Normalización Lingüística do Centro e a colaboración do equipo de Biblioteca, para promocionar o noso idioma.

Escoitade o que vos din estos compañeiros de Lugo.

lunes, 14 de marzo de 2011

XOGANDO CON CONTOS

Dende o EEI O GRUPO a mestra Tatiana Rivero acaba de facer esta actividade Lim sobre o conto "A que sabe a Lúa?".
Moitas grazas profe!!
Sei o moito que vos gustaba ese libro. É xenial!. Pois agora podedes escoitar o conto e se logo vos animades, facer as actividades.
Son moi chulas!, animádesvos?
Facede clic na imaxe

martes, 8 de marzo de 2011

8 MARZO D. I. DA MULLER

Con motivo destas datas e dende a Concellaría de Servizos sociais e Igualdade, o Concello de Redondela ofreceunos a Exposición: "MULLERES GALEGAS NA HISTORIA"


Unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro, neste ano 2010 no que se conmemora o 125 aniversario do seu pasamento.
Rosalía, a nosa grande escritora, foi tamén a precursora do feminismo en Galiza. Muller loitadora e adiantada ao seu tempo, como tantas outras que destacaron pola súas singulares vidas en distintos eidos, rompendo moldes e chegando, en moitas ocasións, a pór en perigo a propia existencia polo único feito de seren mulleres.
Témola aloxada no pasillo que leva ao Salón de actos. Pasade a vela!
Deixámosvos tamén un enlace a unha WEBQUEST do Ceip Milladoiro de Malpica, dirixida ao Terceiro ciclo de Primaria: "MULLERES NA HISTORIA DE GALICIA"

GRAZAS POR COMPARTIR O VOSO TRABALLO!

miércoles, 20 de octubre de 2010

UNHA INCRIBLE COMUNIDADE EDUCATIVA

A través do blog da Biblioteca Escolar Victor Sáenz, coñecemos este incrible vídeo dun cole de Tenerife. Polo visto chámanlle LIPDUB e está moi de moda.
Quen dixo, Festival Fin de curso??
Guau!
350 alumnos, mestres, persoal cociña, limpeza, ...