Comezamos celebrando o Día do Libro coa visita de Olga Cuervo que veu chea de contos para os nenos e nenas de infantil. Na biblioteca estiveron acompañándoa os alumnos de 4 anos mentres que o resto de aulas de infantil seguiu a sesión por Webex. Foi unha actividade moi chula que nos vai achegando, as poucos, a tan ansiada normalidade.
Mostrando entradas con la etiqueta sesión de contacontos da escola. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta sesión de contacontos da escola. Mostrar todas las entradas
viernes, 23 de abril de 2021
domingo, 20 de mayo de 2012
ISMAEL, CUN CONTACONTOS DE LUXO
Como cada xoves un compañeir@ da escola achégase ás clases dos peques para contarlles unha nova e divertida historia nunha sesión de contacontos sen igual.
Nesta ocasión foi Ismael o que visitou a clase dos exploradores. Todos estiveron moi atentos porque a historia era emocionante, chea de ruidos estranos, pantasmas, sombras,..... ou non? O que si que é certo que había unha gatiña moi bailarina chamada "Chanel". E....... se queredes saber de que ía esta historia estade atentos que Ismael comeza nun momentiño o seu conto...
Etiquetas:
contacontos,
contos,
sesión de contacontos da escola
jueves, 10 de mayo de 2012
ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ
Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais.
Nesta ocasión Alex agasallóunos cun conto moi chulo, "O oso e a espada". Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles.
Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos...
Etiquetas:
animación,
contacontos,
sesión de contacontos da escola
Suscribirse a:
Entradas (Atom)