Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta banda deseñada. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de mayo de 2012

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Despois dun mes de Marzo cheo de CÓMICS, o BAÚL VIAXEIRO tivo que marchar rumbo a outros mares. Tristura nos quedou pola despedida, pero ledicia de coñecer personaxes e historias dos que non sabiamos.
E para completar e complementar o contido do baúl, o pasado venres día 4 de maio, tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de Banda deseñada a cargo do ilustrador GOCHI.

Coñecedes a editorial "Cerditos de Guínea"??
Pois Gochi, ademais de ilustrador, é o fundador desta editorial, que se encarga de comprar os dereitos de cómics internacionais para traducilos ao galego e podelos editar. Nestos momentos teñen en catálogo: Superlópez, Spirou e Fantasio, Gárgolas, Os cinco loitadores,... E ademais da man de Gochi, temos a Trasmallo, un personaxe xenial que vos vai facer rir moito. Toda unha pasada!

Despois de compartir con nós unha tarde entrañable, experimentando coa creación de personaxes, ... Agasallounos (aos coles asistentes) cunha mostra dos cómics editados por "Cerditos de Guinea" para as nosas Bibliotecas. En breve estarán á vosa disposición!

domingo, 11 de marzo de 2012

MARZO DE BANDA DESEÑADA

No noso Centro, somos moitos os aficionados ao CÓMIC, tanto que, na nosa biblio temos un fondo editorial de cómic bastante interesante.
Pois chicos e chicas, chéganos dende as Bibliotecas Municipais de Redondela un "Baúl Viaxeiro" cheiño de cómics: para nenos e tamén para adultos. Pasou xa por outros tres Coles, e agora é o noso turno. Durante este mes de marzo, terémolo todiño para nós.
A partir do luns 12 poderedes collelos en préstamo durante o recreo.
E se na casa, papás, mamás, tíos, ... tedes algún familiar aficionado aos cómics avisádelle que poderán tamén collelos en préstamo. Lede con atención a notiña que levades do Centro.
Hai que aproveitar e disfrutar da súa lectura!

viernes, 12 de noviembre de 2010

UNHA TARDE CON GOCHI

Seguindo co traballo colaborativo das Bibliotecas Escolares e Municipais do Concello de Redondela, o pasado venres 5 de Novembro, no multiusos, tivemos a sorte de asistir a dúas, bueno, en realidade tres horas, de incrible compaña, e mellor formación, co creador de banda deseñada, Gochi. Pero, sabedes quen é Gochi? Ademáis de creador, autor, debuxante, ... é o fundador da editorial Cerditos de guinea cómics. Ao mellor coñecedes ao Pirata "Trasmallo", ou "Gargolas", ... Non, todavía non os temos na nosa Biblio, pero, veremos de conseguilos.







Nos últimos anos, autores e publicacións xurdidas aquí en Galicia, están a conseguir o recoñecemento de crítica, público e editoriais a nivel estatal e inician o asalto aos mercados francés e americano (mercados punteiros nesto do cómic).