Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta actividades. Mostrar todas las entradas

lunes, 30 de noviembre de 2015

Actividade na biblio: Dereitos humanos e dereitos da infancia

Mañá martes empezamos a derradeira actividade do taller de expresión escrita deste trimestre, que ten que ver co Día Internacional dos Dereitos da infancia celebrado o pasado 20 de novembro. Teredes unhas tarxetas na biblio relacionadas cos 10 dereitos básicos dos nenos e nenas con algunha preguntiña que contestar ou outro tipo de actividade relacionada con cada dereito.
Tamén poderedes acceder a un xogo relacionado cos Dereitos Humanos, tanto desde os ordenadores da biblio como desde as vosas casas. Só tedes que premer na imaxe. A que esperades?
http://www.aventurafascinante.org/

lunes, 9 de noviembre de 2015

O magosto en acrósticos

Esta semana celebramos o magosto no cole e na biblio...tamén!
Obviamente na biblio non imos comer castañas, entón que imos facer? Retomamos o traballo con acrósticos do curso pasado, pero esta vez con vocabulario relacionado co magosto ou coas castañas.
A actividade comeza mañá martes no recreo. Teredes preparadas siluetas de castañas cunha palabra relacionada co tema coa que hai que facer un acróstico. Así que pensamos, escribimos, coloreamos, recortamos a castaña e lista para colocar no mural. 
Por se non coñecedes o significado dalgunha palabra déixovos con dous enlaces nos que aparecen as palabras que usaremos na actividade e o seu significado. Tamén haberá na biblio unha versión impresa desta información.


lunes, 2 de noviembre de 2015

Con "ou" de outono

Esta semana, despois das festas de Samaín e en vésperas do magosto iniciamos o primeiro taller de expresión escrita deste curso. Empezaremos a actividade mañá martes no recreo e se poderá continuar con ela durante esta semana e a próxima.
A actividade leva por título Con "ou" de outono. Por que ese título? Hai moitas palabras que levan o ditongo "ou" no noso idioma, o galego, e aproveitando que estamos no outono imos publicitalas. A tarefa é sinxela, haberá que pensar ou buscar no dicionario palabras en galego que teñan o ditongo ou (podemos empezar coas que comezan por ou, que é máis doado). 
Xa temos a palabra, e agora que? Na biblio haberá fotocopias de follas de árbores nas cores típicas do outono. Escollede unha na que escribir a palabra e logo a recortades. Con esa palabra formaredes unha oración en galego na que pegaredes a folliña recortada coa vosa palabra, como se fose un pictograma. Iremos pegando as vosas oracións con "ou" de outono para que todo o mundo poda velas e se anime a participar.

jueves, 12 de febrero de 2015

CARTAS DE AMIZADE

Esta semana na biblio escribimos cartas de amizade aos compañeiros/as do cole. Hoxe chegou a hora  de repartir as cartas!!! Algúns levaron unha gran sorpresa, mirade as súas caras!!!

lunes, 19 de enero de 2015

CONTACONTOS

O venres houbo na biblioteca unha sesión de contacontos realizada por alumnado de 6º de Educación Primaria. Grazas a todos os nenos e nenas que viñeron a escoitalos. Aqui queda un breve resumo do que foi.

Parabéns aos contadores/as!!

miércoles, 10 de diciembre de 2014

ACTIVIDADES DE DECEMBRO

Seguimos cos obradoiros de nadal!!! 
Xa son moitos que teñen a súa postal. Se todavía non a fixeches podes facela a próxima semana!!!


O venres día 12: cine de nadal 


Luns 15: concerto 


OBRADOIROS DE NADAL NOS RECREOS DA BIBLIO

Nos recreos do mes de Nadal estamos a elaborar preciosas postais de Nadal para felicitar aos nosos familiares ou aos nosos mellores amigos. No obradoiro de manualidades decoramos a portada da postal e no obradoiro de escrita aprendemos a darlle forma ao texto da nosa felicitación.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free slideshow

lunes, 8 de diciembre de 2014

DÍA DOS XOGOS DE MESA NOS RECREOS DA BIBLIO

Os venres, son días especiais, nos recreos da biblio. Podemos asistir a una sesión de contacontos, a un concerto musical, a una proxección cinematográfica ou a un día tranquilo de xogos de mesa. Nesta ocasión podemos gozar con: tres en raia feitos con materiais de refugallo, ocas, memories ou xogos dos ceros. Pouco a pouco iremos ampliando os xogos para que todos poidamos pasar uns divertidos minutos nos ratiños de lecer da biblio.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow design by Smilebox

martes, 21 de octubre de 2014

BALONCESTO NO COLE

A semana pasada recibimos a visita no cole de varios monitores do Club de Baloncesto de Redondela. Fixeron xogos relacionados co baloncesto con todos os grupos co obxectivo de promocionar o deporte de de darsea coñecer por se alguén estaba interesado en apuntarse.
O grupo de 4ºB publicou unha reportaxe no seu blog sobre a súa experiencia. Se queredes velo só tedes que premer no debuxo.
http://oscativosdareboraina.blogspot.com.es/2014/10/baloncesto-no-cole.html

domingo, 19 de octubre de 2014

XOGANDO A SER ARTISTAS DA PREHISTORIA

O venres día 10 de outubro xuntámonos os nen@s de 1º e 3º, convertimos o noso corredor nunha caverna e disfrutamos facendo arte rupestre.

viernes, 27 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

No blogue dos compañeiros de 3º b (OS CATIVOS DA REBORAINA) podedes seguir unhas boas recomendación para este verán:

 ACTIVILANDIA


 XOGOS EDUCATIVOS TIC PARA O VERÁN



lunes, 24 de febrero de 2014

ESCOLLEMOS O CARTEL E LEMA PARA A REBORAINA 2014

AQUÍ VOS AMOSAMOS O CARTEL E LEMA GAÑADORES PARA O CONCURSO DA REBORAINA DESTE ANO, ASÍ COMO OS FINALISTAS. COMO EN EDICIÓNS ANTERIORES, A SELECCIÓN FOI MOI DIFÍCIL. NORABOA A TOD@S E GRACIAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own slideshow design

miércoles, 18 de diciembre de 2013

MARGARIDA VISITA...
Xa está aquí a primeira entrega das viaxes que Margarida. Desta volta estivo en Saxamonde, Ventosela, Reboreda e O Viso...Coñeces algún destes lugares? Non vos perdades a seguinte viaxe!!!


 Música do grupo Tanto nos ten, Redondela

miércoles, 11 de diciembre de 2013


Este sábado 14 ás 12:00 h. no Centro Veciñal de Teis, estará Inacio Vilariño con "Rodari Rodari" (Contos de Tranvía). Espectáculo de narración oral con acompañamiento de música e monicreques.Foto: Este sábado, 14, ás 12 horas no Centro Cívico de Teis estará Inacio Vilariño con "Rodari-Rodari" (contos do tranvía). Espectáculo de narración oral, con acompañamento musical e monicreques, no que partindo da domesticación dun animal como o burro chégase ao uso ou abuso das novas tecnoloxías.
É un espectáculo dirixido ao público familiar que organiza o Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo coa colaboración da asociación veciñal de Teis e o centro cívico.

lunes, 25 de junio de 2012

ACTIVIDADES DE VERÁN COA OMIX


A Concellería de Xuventude, a través da OMIX ofrece tres actividades:
 
Na Alameda de Redondela.
Solicitude de praza: Do 18 ao 20 de xuño.
 
Na Alameda da Praia de Arealonga (Chapela).
O acceso as actividades será libre ata completar o máximo de 30 prazas.
 
Na praia de Cesantes e na praia de Arealonga de Chapela.
Taxas por curso: 10 €
Solicitude de praza: Do 20 ao 27 de xuño

Non tedes excusa para non pasar un verán de cine....
Disfrutádeo!

domingo, 24 de junio de 2012

VERÁN CON SIMONA

Chéganos esta información dende a Biblioteca Municipal. Parece interesante!
VERÁN CON SIMONA:
Esta actividade organizada pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, está dirixida a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de xullo en cinco parroquias:
- Cedeira: Centro cultural de Cedeira.

- Chapela: Multiusos do Piñeiral do Crego.
- O Viso: Asociación cultural Santa María do Viso.
- Redondela: Pazo do Pousadouro.
- Saxamonde: Centro cultural Chan das Pipas.
O horario da actividade será de 09.30 a 13.30 horas, contando a actividade cun total de 180 prazas. A selección da parroquia é independente do domicilio de residencia.
O prazo de inscrición, ata o mércores 27 de Xuño.

martes, 12 de junio de 2012

OBRADOIRO PULSERAS

Achégase o verán, e co calor e o sol, enchémonos de vitalidade, de ganas de facer cousas, de crear,... E dende a Biblio, con Margarida ao frente, estamos a facer uns obradoiros de pulseras de fíos de plástico. 
Están quedando chulísimas!
O mércores pasado, pasaron os nenos e nenas de Sexto, mañá virá o alumnado de quinto e entre medias, todos eles fan de maestros para os máis peques, que tamén queren aprender.
A pena e que xa non nos queda nada...

jueves, 8 de marzo de 2012

MULLERES QUE COMPARTEN

Dende o Ceip de Aguiño chégannos unhas actividades LIM chulísimas, sobre o DÍA DA MULLER, elaboradas por Nela Abella.
Moitas grazas por compartilas con nós!
ANIMÁDESVOS a facelas?
Seguro que vades aprender moito!!
Muller e ciencia
Clara Campoamor e o sufraxio feminino

miércoles, 25 de enero de 2012

UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Como cada ano, o día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. No noso Centro intentamos cada ano facer un acto simbólico que nos recorde a todos o importante desta data, e recordar que non é só un día, que para acadar A PAZ, é necesario LOITAR, cada día, TODOS OS DÍAS.
A canción que se elixiu este ano para o final da sesión foi: Celebra la vida, de Axel Fernando. Ide practicando, o próximo luns temos que sabela todos.
"CELEBRA LA VIDA"
No se si soñaba
No se si dormía
y la voz de un ángel dijo que te diga
Celebra la Vida.
Piensa libremente
ayuda a la gente
y por lo que quieras
lucha y sé paciente

lleva poca carga,
a nada te aferres,
porque en este mundo,
nada es para siempre.

Buscate una estrella,
que sea tu guía,
no hieras a nadie,
repate alegría.
Celebra la vida,
celebra la vida,
que nada se guarda
que todo te brinda.
Celebra la vida,
celebra la vida,
segundo a segundo,
y todos los dias.

Y si alguien te engaña,
al decir te quiero,
pon mas leña al fuego
y empieza de nuevo.

No dejes que caigan
tus sueños al suelo
que mientras mas amas
mas cerca esta el cielo.

Grita contra el odio,
contra la mentira,
que la guerra es muerte
Y la paz es vida.

Celebra la vida,
celebra la vida,
que nada se guarda
que todo te brinda.

Celebra la vida,
celebra la vida,
segundo a segundo.

No se si soñaba,
No se si dormia,
y la voz de un angel dijo que te diga..
Celebra la vida,
celebra la vida,
y deja en la tierra tu mejor semilla.
Celebra la vida,
celebra la vida,
te escucho mas bella
cuando tu me miras.

Celebra la vida,
celebra la vida..
AXEL FERNANDO

miércoles, 11 de enero de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS DESPEGANDO

Voltan sair de viaxe as nosas MOCHILAS!
Como o curso pasado vai haber unha mochila por aula, que irá rotando dentro da mesma. Nesa mochila hai distintos materiais: libros lectura, cómics, libros ciencia, historia, vídeo xogos, cine,..., libros para as familias, un alfabeto dactilolóxico e unha libretiña onde cada un de vós xunto coa vosa familia poderedes ir anotando as vosas opinións sobre os distintos materiais, suxestións,... e incluso algunha produción propia.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!