Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta animación. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de enero de 2019

SUSA HERRERA VISITA AOS PEQUES DE REBOREDA

A comezos de Decembro, Susa Herrera visitou aos nenos e nenas do cole. Cos máis peques cantou parte do seu disco “Cantos animais”. Foi moi divertido aprender os retrouxos e os bailes da cada canción. 

miércoles, 5 de noviembre de 2014

O ABECEDARIO DA LECTURA

Sabes cantas formas hai de ler un libro? Polo visto como mínimo tantas como letras ten o abecedario, pero seguro que hai máis. Cal é a túa?


Fonte: www.quelibroleo.com

jueves, 12 de diciembre de 2013

CHEGOU A MAXIA ... AO COLE

"Agora me ves... Agora..." 


Onte o Centro estivo cheo de "Maxia", e non polo Nadal, que tamén. Tivemos connosco ao Mago Eloy, que coa axuda dalgúns compañeiros, fixeron cousas incribles.


Parecía cousa de "Maxia", as cartas aparecían e desaparecían, as moedas, ... eu que sei. Que rapidez!. Foi unha actuación moi divertida.





E como introdución unha compañeira de quinto curso, Lucía, leunos un conto precioso. Xenial!


jueves, 13 de junio de 2013

A NOSA DERRADEIRA LECTURA SILENCIOSA DO CURSO

O curso está a piques de rematar. O venres 7 pechamos a nosa biblio ata o vindeiro curso. E o pasado mércores 5 de xuño fixemos a última lectura silenciosa deste curso. Aproveitando o bo tempo saimos tod@s ao patio...
E a gozar da lectura!



E tamén tivemos a derradeira animación á lectura para os menos de 2º e 3º ciclo. O xoves 6 visitounos Manuel Solla... 
Cantas historias saen da súa maleta ! E que ben o pasamos! 

jueves, 10 de mayo de 2012

ALEX, UN CONTACONTOS MOI FEROZ

Pouco a pouco van pasando pola clase dos exploradores e do resto dos peques de Reboreda uns contacontos moi especiais. Nesta ocasión Alex agasallóunos cun conto moi chulo, "O oso e a espada". Gustóulles tanto aos peques que Alex estaba encantado ensinándolles as ilustracións, explicando as súas dúbidas e para comprobar se estiveran atentos ao final fíxolles moitas preguntas pero estes pequenos espectadores non perderan detalles. Mirade que bonita foi esta sesión de contacontos...

domingo, 26 de septiembre de 2010

"LAS HISTORIAS DEL AGUA"

Aquí tedes 3 contos animados de Filmtropía, co selo Clasitoons. O formato orixinal é libro-DVD de debuxos animados que realizou xunto a fundación Pons para "Acciona", dentro do marco da EXPO de Zaragoza 2008.
Realmente é tan importante a auga e un uso razoable da mesma?
QUE OPINADES?

Las Historias del Agua (3 cuentos animados) from filmtropia on Vimeo.

jueves, 25 de diciembre de 2008

LITERATURA AUDIOVISUAL

Recén está estreado o portal "flocos.tv", o cineclube do audiovisual galego en internet.
E non vades crer o que alí atopamos. Baixo o nome "A lingua Animada", aparecen sete curtametraxes de animación en plastilina feitos por Virginia Curiá e Tomas Conde entre o 2000 e o 2003, baseadas en textos e relatos da nosa literatura, de autores como Cunqueiro, Anxel Fole, Murguía, Eladio Rodríguez ou Avilés de Taramancos.
Se fas clic enriba das imaxes poderás chegar á páxina onde ver as curtas.
Despois de velos,...

Saberás en que autor está baseada cada unha das curtas?

Cal che gustou máis??