Mostrando entradas con la etiqueta adultos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adultos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 28 de marzo de 2012

CÓMIC TAMÉN PARA ADULTOS: "ARRUGAS"


Chéganos unha nova reseña dun dos cómics para adultos do "Baúl Viaxeiro". Pilar a mamá de Lucía (cocoricos), Adrián (Sinefos) e Ángel (5ºB) é a nosa amable escritora:
"-O libro "encantoume", non é sen razón que acadase o premio Nacional do Cómic en 2008. 
Conta a historia de Emilio, un director de banca xubilado, enfermo de Alzheimer, e de como a evolución da súa enfermidade o vai alonxando da realidade. 
Dícese que "unha imaxe vale máis ca 1000 palabras" e é completamente certo, porque nesta historia, en poucas páxinas, o autor consegue despertar no lector unha chea de sentimentos.
Recomendo a súa lectura. A min, emocionoume!
Agradezo a aqueles que fan posible esta iniciativa porque, de non ser así, non repararía neste tipo de literatura. 
Un saúdo!"
Non sei se sabedes que en xaneiro de 2012 estreouse a película deste cómic, que foi un éxito tanto de crítica como de público. Se queredes curiosear un pouquiño na súa páxina, clicade aquí.
E mentras deixámosvos tamén o trailer, para ir facendo boca...