jueves, 10 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012
martes, 24 de abril de 2012
LIM "ANDERSEN"
jueves, 8 de marzo de 2012
MULLERES QUE COMPARTEN
sábado, 10 de diciembre de 2011
10 DECEMBRO-DEREITOS HUMANOS
63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.domingo, 2 de octubre de 2011
DUROS COMEZOS
domingo, 10 de abril de 2011
ENCONTROS PLAMBE
Este xoves 7 e o venres 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.martes, 2 de noviembre de 2010
LIBROS QUE VEÑEN E VAN
martes, 19 de octubre de 2010
"ABUELA GRILLO"
Coñecemos o vídeo a través de: As Zocas Faladoras
jueves, 29 de enero de 2009
CONSPIRACIÓN POLA PAZ
PAZ?????????????
PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
Utopía imposíbel.
Palabra que xera poesía.
Poesía? Poesía e Paz.
Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.
TANQUES DE CARAMELO
ARMAS DE CARAMELO
O NOSO SOÑO
O NOSO DESEXO
A NOSA CONSPIRACIÓN
Colaboraron:
Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra .
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Redondela.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
sábado, 5 de abril de 2008
ENCONTROS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Como seguro que sabedes estamos dentro do plan de mellora de bibliotecas escolares (PLAMBE)). Fomos seleccionados no seu momento e cada ano a asesoría de Bibliotecas invítanos a participar nuns encontros coas outras bibliotecas do PLAMBE de toda Galicia. Este ano realizáronse os días 3 e 4 de Abril en Sanxenxo, dúas xornadas intensas, cheas de coñecementos, detalles, ponencias, intercambios, obradoiros,...
Tivemos connosco a : José A. Camacho, María de Lourdes Dionisio, Manuel Bragado, Antón Castro, Charo Pita, José Fariña, José L. Barreiro, Villar Arellano, José Manuel Luque, Laura Borrás Castanyer e Gonzalo Moure.Dous días moi interesantes nos que recollemos grandes e pequenas ideas para seguir a traballar na nosa biblioteca. Unha gran idea eso de compartir cos demáis. Grazas!!!







