Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cómic. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de mayo de 2012

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA

Despois dun mes de Marzo cheo de CÓMICS, o BAÚL VIAXEIRO tivo que marchar rumbo a outros mares. Tristura nos quedou pola despedida, pero ledicia de coñecer personaxes e historias dos que non sabiamos.
E para completar e complementar o contido do baúl, o pasado venres día 4 de maio, tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de Banda deseñada a cargo do ilustrador GOCHI.

Coñecedes a editorial "Cerditos de Guínea"??
Pois Gochi, ademais de ilustrador, é o fundador desta editorial, que se encarga de comprar os dereitos de cómics internacionais para traducilos ao galego e podelos editar. Nestos momentos teñen en catálogo: Superlópez, Spirou e Fantasio, Gárgolas, Os cinco loitadores,... E ademais da man de Gochi, temos a Trasmallo, un personaxe xenial que vos vai facer rir moito. Toda unha pasada!

Despois de compartir con nós unha tarde entrañable, experimentando coa creación de personaxes, ... Agasallounos (aos coles asistentes) cunha mostra dos cómics editados por "Cerditos de Guinea" para as nosas Bibliotecas. En breve estarán á vosa disposición!

miércoles, 28 de marzo de 2012

CÓMIC TAMÉN PARA ADULTOS: "ARRUGAS"


Chéganos unha nova reseña dun dos cómics para adultos do "Baúl Viaxeiro". Pilar a mamá de Lucía (cocoricos), Adrián (Sinefos) e Ángel (5ºB) é a nosa amable escritora:
"-O libro "encantoume", non é sen razón que acadase o premio Nacional do Cómic en 2008. 
Conta a historia de Emilio, un director de banca xubilado, enfermo de Alzheimer, e de como a evolución da súa enfermidade o vai alonxando da realidade. 
Dícese que "unha imaxe vale máis ca 1000 palabras" e é completamente certo, porque nesta historia, en poucas páxinas, o autor consegue despertar no lector unha chea de sentimentos.
Recomendo a súa lectura. A min, emocionoume!
Agradezo a aqueles que fan posible esta iniciativa porque, de non ser así, non repararía neste tipo de literatura. 
Un saúdo!"
Non sei se sabedes que en xaneiro de 2012 estreouse a película deste cómic, que foi un éxito tanto de crítica como de público. Se queredes curiosear un pouquiño na súa páxina, clicade aquí.
E mentras deixámosvos tamén o trailer, para ir facendo boca...

miércoles, 21 de marzo de 2012

AS NOSAS FAMILIAS TAMÉN LEN CÓMIC

Todo un éxito o "baúl viaxeiro" do cómic. Entre os nenos e nenas, e tamén entre algúns pais e nais. Aquí vos queda a reseña de Gloria, a mamá de Lucía e Juan, sobre a adaptación en cómic de Christophe Gaultier, do libro de Daniel Defoe, "Robinson Crusoe":
 -"Robinson Crusoe de Daniel Defoe, todo un clásico de la literatura, en cómic. Es ameno, entretenido y fácil de leer. Aconsejable tanto para padres como para niños a partir de 10-11 años.
Creo que es una buena manera de introducir a los niños en la literatura clásica, últimamente tan olvidada.
Lo recomiendo, sobre todo a la adolescencía.  Seguro que os gusta!"

domingo, 18 de marzo de 2012

XERANDO CÓMICS

Dende que chegaron os cómics do "Baúl viaxeiro" das Bibliotecas Municipais, o préstamo de Cómic, disparouse. Hai moita curiosidade por ver e coñecer algúns dos volumes que veñen no baúl, porque, aínda que temos un fondo editorial interesante neste apartado, como é lóxico, non o temos todo, e con tal motivo, en vista do interese que despertan algúns personaxes, teremos que plantearnos comprar algúns máis.
Pero, ademais de coñecer as distintas colecións, os personaxes, os elementos do cómic (viñetas, bocadillos, onomatopeias, liñas cinéticas,... ),... Tamén toca producir.
Na rede hai moitísimos xeradores de cómic online, nós estamos iniciandonos cun bastante chulo de "Genmagic", non se pode gardar o que vas facendo, pero se tes preparada a historia, os textos, ... , unha vez rematado podes imprimilo.
Pero, atentos!!!
Esta semana durante os recreos teredes a oportunidade de crear textos para tiras cómicas, viñetas, personaxes, ...
ANIMÁDESVOS???

domingo, 11 de marzo de 2012

MARZO DE BANDA DESEÑADA

No noso Centro, somos moitos os aficionados ao CÓMIC, tanto que, na nosa biblio temos un fondo editorial de cómic bastante interesante.
Pois chicos e chicas, chéganos dende as Bibliotecas Municipais de Redondela un "Baúl Viaxeiro" cheiño de cómics: para nenos e tamén para adultos. Pasou xa por outros tres Coles, e agora é o noso turno. Durante este mes de marzo, terémolo todiño para nós.
A partir do luns 12 poderedes collelos en préstamo durante o recreo.
E se na casa, papás, mamás, tíos, ... tedes algún familiar aficionado aos cómics avisádelle que poderán tamén collelos en préstamo. Lede con atención a notiña que levades do Centro.
Hai que aproveitar e disfrutar da súa lectura!

viernes, 27 de mayo de 2011

OBRADOIRO BANDA DESEÑADA (CÓMIC)



O vindeiro Xoves 2 de Xuño, ás 19:00 h. tedes un obradoiro de cómic na biblioteca de Chapela. A actividade durará unha hora e media e está dirixida a rapaces e rapazas de entre 9 e 16 anos. É preciso inscribirse na Biblioteca Municipal. Podédelo facer por teléfono, mandando un correo ou tamén no Facebook.
Tedes máis información no seu blog:
http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2011/05/taller-de-comic-na-biblioteca-de.html

Agardamos que o disfrutedes!!

viernes, 6 de mayo de 2011

NACE A REVISTA "FIZ"

Moitos recordaredes o personaxe de Kiko da Silva, FIZ. Segundo din,... o neno máis porco do mundo. Seguro que recordades ao seu protagonista, un neno cunha desbordante imaxinación, que ten un trato moi especial cos residuos orgánicos de todo tipo.

Pois atentos todos porque acaba de sair a revista "Fiz", terédela nos quioscos cada dous meses.

Para aqueles que vos guste moito o cómic, xa sabedes...

viernes, 12 de noviembre de 2010

UNHA TARDE CON GOCHI

Seguindo co traballo colaborativo das Bibliotecas Escolares e Municipais do Concello de Redondela, o pasado venres 5 de Novembro, no multiusos, tivemos a sorte de asistir a dúas, bueno, en realidade tres horas, de incrible compaña, e mellor formación, co creador de banda deseñada, Gochi. Pero, sabedes quen é Gochi? Ademáis de creador, autor, debuxante, ... é o fundador da editorial Cerditos de guinea cómics. Ao mellor coñecedes ao Pirata "Trasmallo", ou "Gargolas", ... Non, todavía non os temos na nosa Biblio, pero, veremos de conseguilos.







Nos últimos anos, autores e publicacións xurdidas aquí en Galicia, están a conseguir o recoñecemento de crítica, público e editoriais a nivel estatal e inician o asalto aos mercados francés e americano (mercados punteiros nesto do cómic).

jueves, 14 de octubre de 2010

TALLER DEBUXO MANGA

Na Biblioteca P.M. Valle-Inclán de Redondela:
(multiusos)
TALLER DE DEBUXO MANGA - NIVEL BÁSICO
Para rapaces de 11 a 15 anos
Venres, 22 de outubro ás 18:00 h.
na Biblioteca Municipal de Redondela
Gratuíto
Prazas limitadas
Se estades interesados en participar...
anotádevos rápido na Biblioteca de Redondela

jueves, 29 de octubre de 2009

ASTERIX E OBELIX CUMPLEN 50 ANOS

Feliz aniversario!!
Pasaron xa 50 anos dende que o 29 de Outubro de 1959 saíra por primeira vez unha tira cómica de "Asterix e Obelix" na revista francesa "Pilote".

Cal das aventuras de Asterix e Obelix vos gusta máis??

miércoles, 27 de mayo de 2009

UN MUSEO PARA TINTÍN

Sabemos que sodes moitos os aficionados aos comics de Tintín e o seu inseparable amigo Milú,...
Pero, incluso para os que non os coñecedes, que debedes ser poucos, tedes que saber que abriron un múseo de Hergé, o pai do célebre reporteiro, nun pobo de Bélxica, Lovaina, a vinte minutos de Bruselas.
Polo visto é un dos primeiros centros adicados en exclusiva ao noveno arte: "O Cómic".
Aínda que xa se presentou oficialmente o múseo, a apertura está prevista para o 2 de Xuño.
Así que xa sabedes, se por un casual pasades por Bélxica, ... non deixedes de visitalo. Nunca se sabe...

miércoles, 13 de mayo de 2009

TALLER BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes, ao redor da semana dos títeres de Redondela, aglutínanse un montón de actividades.
Mañá xoves en concreto, realízase un "Obradoiro expreso de iniciación á banda deseñada", que consiste en achegar os principios do cómic aos rapaces, segundo nos contan na información que nos fixeron chegar, empezaredes polo deseño de personaxes, entre todos definiredes as características dun personaxe do cal fará cada un a súa versión para posteriormente usalo nunha historia curta dunha páxina. (neste ultimo exercicio veredes os recursos e características da linguaxe da BD).
O taller impartirao GoChi, ilustrador dende hai 10 anos, directivo da Asociación Galega de profesionais da Ilustración, membro da mesa da BD da Xunta de Galicia, creador de Cerditos de Guinea Comics e autor da serie de piratas "Trasmallo", ademais traballou para xornais como "La Voz de Galicia" ou editoriais como "Tambre" ou "Galaxia".
O obradoiro está dirixido a rapaces de 11 a 14 anos e levarase a cabo de 18:00 a 20:00 h., na sala xuvenil da biblioteca.