Non se trata de facer que todos sexamos uns lectores incribles, de a libro por semana. Pero si que polo menos apreciemos e disfrutemos dun momento de lectura, unha novela, unha revista, un periódico,... ao fin, ler, faise imprescindible en todas as facetas da vida diaria: cando saimos de compras, cando vamos ao médico, cando precisamos resolver calquera problemiña con algunha institución, ...
QUE IMPORTANTE É LER!
E ENTENDER CORRECTAMENTE O QUE LEMOS!
Ao longo da historia, o acceso á lectura e a escritura das clases máis baixas, permitiu a evolución dunha sociedade dominada e controlada polas clases máis preparadas. Está máis que demostrado que nos entornos lectores, créanse bos lectores. Os nenos a medida que van crecendo, van imitando todo aquilo que ven facer aos adultos que os rodean: os seus costumes, as súas rutinas, ... Para ben ou para mal, somos os exemplos que eles siguen...
Dende o Centro tentamos ser un Exemplo Lector para o noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os máis maiores, os mestres, e todo aquel que pasa polo Centro no momento axeitado, xuntos e respetando aos compañeiros, LEMOS.
Ata o próximo ano!
No hay comentarios:
Publicar un comentario