Hola! Chámome Alba C. A. e queria recomendar este libro: "Avenida do parque, 17", de Agustín Fernández Paz. Vouvos resumir un pouco: Trata dunha nena chamada Marta que se tivo que mudar a unha casa vella. Sobre aquela casa había moitos rumores que dician que estaba embruxada. Pronto empezarian as clases e a ela non lle facía ningunha gracia ir a un colexio novo con profesores novos e con nenos que nin sequera sabia como se chamaban. (Agora pasan... unhas cousas... pero sera mellor que non volas diga porque senón descubriría o secredo). Bueno foron pasando os dias e tivo que ir ao colexio, foi andando polo pasillo e tamén mirando as portas para atopar a súa nova clase, e ali estaba, chea de nenos/as que en fila esperaban que a profesora os chamase, cando esntraron todos a profesora díxolles os profesores que lle ian a tocar e cada un coas materias que lle tocaban, pasaron os minutos e tocou a serea para cambiar de clase , e entrou un profesor , se queredes saber máis leede o libro, asegúrovos que vos vai gustar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario