Mostrando entradas con la etiqueta xordos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xordos. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de noviembre de 2012

UNHA VISITA MOI SILENCIOSA

O pasado venres 23 de novembro visitounos Camilo, un chico xordo que traballa para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).

Para os máis pequenos contou dous contos moi divertidos en Lingua de Señas e practicaron signos de animais como león, mono, can…



Logo chegaron os maiores aos que lles explicou como era a vida cotiá dunha persoa xorda, é dicir, como fan para desenvolverse sen maiores problemas aínda que non escoiten nada. Así, amosounos algúns dos dispositivos cos que contan coma os timbres con luz, os vídeoteléfonos…
Camilo veu acompañado de Iago o seu intérprete e grazas a el entendimos todo o que nos dixo e tamén lle puidemos facer preguntas .




A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
Comprendimos que non hai límites para a comunicación, nin sequera a xordeira. Só temos que ter interese e estar abertos a diferentes formas de comunicarnos e de seguro que nos entenderemos con tod@s independentemente das súas características ou dificultades.

lunes, 25 de octubre de 2010

CAMPAÑA SENSIBILIZACIÓN PERSOAS XORDAS

Durante as mañás do venres 22 e luns 25 de Outubro tivemos a sorte de ter entre nós a Camilo, unha persoa xorda que pertence á Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. E xunto con el a varias intérpretes da Linguaxe de signos.
Os máis pequenos disfrutaron duns contos moi instructivos e os demais "falamos" con Camilo sobre a situación das persoas xordas, as barreiras ás que se enfrontan cada día, e como non démonos conta da falta de sensibilización que hai ao redor destos temas. Como se enfrontan cada día á ausenza de son??, Que utilizan para despertarse pola mañá?, Como xogan os partidos e "escoitan" os avisos dos árbitros??, e tantas outras cousas.
Canto necesitamos aprender!!!

E canto aprendemos!. Sabemos dicir: Mamá, papá, amigo, .... e todas as letras do abecedario.
Queredes aprendelas todas??
Observade con atención!!!
E recordade, diante do peito, non da cara.