Mostrando entradas con la etiqueta terceiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta terceiro. Mostrar todas las entradas

sábado, 30 de junio de 2012

DESPEDÍMONOS XOGANDO COS CONTOS

Último día de curso, despedida,... e posta en práctica de todo o traballado durante o curso: Nas linguas, nas mates, no coñe, ... e en outras materias máis transversais. 
Aproveitamos o tema dos Contos como marco de acción e... 
Listos para recuperar os contos?
Preparados para impedir que o Mago Malandrín quede cos nosos soños e ilusións??
QUE BEN O PASAMOS!
Se queredes saber máis visitade os blogs de terceiro, alí tedes maís fotos, máis información e algún que outro vídeo.
Manantial (3ºA)
Cativos (3ºB)


martes, 26 de junio de 2012

AS VOSAS PRODUCIÓNS

Algunhas aulas aproveitaron o tema dos Contos, para durante o curso ir organizando as súas producións e deseñar pequenas grandes publicacións.
QUE SORPRESA cando chegaron cos seus libriños para entregarllos a Margarida...!!
IMPRESIONANTES!!
Agora haberá que rexistralos no Meiga (o programa de catalogación) para que pasen a funcionar no préstamo habitual.
MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!!

domingo, 6 de diciembre de 2009

DESPOIS DA VISITA

Recordades a visita de Suso Cubeiro ao noso cole. Foi hai ben pouquiño!!. Pois algúns nenos e nenas de terceiro curso aproveitaron o aprendido para facer as súas propias ilustracións.

jueves, 5 de noviembre de 2009

UN NOVO CONTO

Parece que as musas nos sorrín.
Temos un novo conto no "Club de Escritura".
Esta vez, unha nena de 3º curso, Laura, unha das máis e mellores lectoras que temos no cole, e asidua escritora de contos, trouxonos un dos contos que escribiu o curso pasado: "Una aventura en el bosque". Pasade polo club a ler o seu conto, seguro que vos gusta. Podedes ademáis dar a vosa opinión.
E ánimo, esperamos os vosos contos.

domingo, 15 de febrero de 2009

RANO VOLTA ESCRIBIR

Os compañeiros e compañeiras de 3º B recibiron carta de Rano, si, o amiguiño doutra Galaxia que xa lles escribira noutra ocasión. Parece que Rano anda extrañado polas nosas costumes no Entroido. Seguramente onde el vive non teñen as mesmas tradicións. De todos os xeitos parece que xa eles llo explicaron nas cartas que lle escribiron.

miércoles, 12 de noviembre de 2008

CARTA DENDE O ESPAZO

Do que nos enteramos hoxe!!!
Os nosos amigos de 3º recibiron carta. O sorprendente non é a carta en si, senón de onde procede. Do planeta CAR-01 e dun amiguiño que se chama Rano.
Sorprendente, non si?
Como non podía ser menos os nosos compañeiros e compañeiras de terceiro aproveitaron estas datas para respostarlle e explicarlle en que consiste o Magosto.