Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta títeres. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno. 


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


viernes, 18 de mayo de 2012

SEMANA DAS LETRAS

Que semana levamos!!
Comezamos a semana colocando as bandeiras e cantando o Himno Galego.
O martes tocaba Títeres. Na Semana dos Títeres de Redondela, a organización sempre invita aos coles a algunha actuación. Baixamos todos. Vimos a obra "Fios" de BAOBAB. Encantounos!
E onte mércores, despois dun mes de espera, por fin o tempo nos deu unha tregua e puidemos ir celebrar o Día da Árbore coas Comunidades de Montes e a Anpa. Agotadiños e cheos de calor, pero ... Un día xenial!


viernes, 27 de abril de 2012

TÍTERES NA BIBLIO MUNICIPAL (CHAPELA)

Para rematar a grande semana adicada ao libro, na Biblioteca de Chapela ofrécennos este Venres 27, ás 19:30 h un espectáculo de títeres para pasar moito medo.
Títeres Cascanueces: "A rúa das pantasmas".
Espectáculo para todos os públicos.
A entrada é gratuita e libre, ata completar aforamento.
Máis información en:
BIBLIOTECA A.M.L. DE CHAPELA
Piñeiral do Crego, Edificio Multiusos - Chapela (Redondela)
TLF: 986-454-226 - Email: bibliotecachapela@redondela.es

QUE BOA PINTA TEN!!!

domingo, 20 de junio de 2010

BUBALUVA TEATRO

Pero, antes de todo esto, o mércores 16 de Xuño tivemos connosco á compañía Bubaluva, representándonos a obra "Lume", inspirada no libro do mesmo título de Alberto Varela Ferreiro.
Impresionante posta en escena de Mirari e Larraitz Urruzola, que aproveitando elementos escenográficos construidos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles e sen apenas transformación montaron unha obra de títeres sensacional. Abraiados quedamos todos!, nenos e profes. Moi, pero, que moi ben. O problema é que estaba tan oscuro que non puidemos sacar moitas fotos.

jueves, 19 de noviembre de 2009

TÍTERES

Este mércores, 18 de novembro, os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º curso foron convidados ao multiusos de Redondela a ver unha obriña de Títeres, escoitade o que vos teñen que dicir Carla, Claudia e Lorena
"Xa emprendemos a viaxe.
Xa está empezando o "Títiricircus de Tanxarina Títeres e Marionetas". Son moi graciosos. Ja, ja,ja. Mándannos facer un "Suspense", é como aplaudir. Presentáronnos a Bigotini; a unha serpe chamada Josefina e a un señor da Arxentina, Palindranate, que fai número con Josefina; Hai que aplaudir moi baixiño para que o señor Tato non se asuste, o señor Tato e pallaso e malabarista; Tamén nos reunimos co señor Venancio que está a facer as rampas saltadoras, e atención ao gran final, saltou por enriba de Alba, unha nena do noso cole.
Pasámolo Xenial!!"
CARLA,CLAUDIA E LORENA

viernes, 22 de mayo de 2009

TÍTERES EN REDONDELA

10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
Con motivo deste famosísimo festival, o Concello de Redondela todos os anos organiza unha programación escolar para os coles da zona.
Este ano puidemos ver:
Luns 18 "Sombreiros sen chapeu". Tanxarina títeres (Redondela)
Martes 19 "Guarda L´uccellino". Papelito (Eslovenia-Italia)
Xoves 21 "Dragoncio". Los titiriteros de Binéfar" (Aragón)
Hoxe, xoves, eu tiven a sorte de asistir cos nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos, e pódovos dicir que foi fantástico, pasámolo en grande cos titiriteiros de Binéfar, tan abraiados estabamos que nin respirabamos. Ata puidemos elixir un final,... e... pero, que digo, ... os finais nunca se deben desvelar.



Pero, antes ca nós foron os de segundo e terceiro ciclos o luns e tivemos dous reporteiros de escepción:
"Saímos ás 11:30 cara ao multiusos de Redondela, baixamos camiñando. Ao chegar acomodámonos nos asentos xunto a nenos e nenas doutros colexios e empezou a función. A obra representada chamábase e a interpretaba o grupo Tanxarina de Redondela.
A introdución foi ESPECTACULAR!!!! , non articulaban moitos sons só algunhas palabras soltas, pero á mímica que facían era unha maravilla. A frase perfecta para explicalo sería: .
Os teatreiros eran moi simpáticos, só eran tres, pero coa súa gracia facían por mil.
A obra era de sombras chinesas é estaba formada por pequenas obriñas todas co seu aquel, polo menos dez, pero os aplausos non se acabaron porque despois de cada obra todos aplaudían moi entusiasmados. De vez en cando despois dalgunha das obras facían algunha gracia e partíamonos o cu de risa.
O final non foi espectacular, foi máis ca iso. A pena foi que durou moi pouco, nós queríamos que durara máis."
Andrea B. e Simón (6ºA)

martes, 27 de mayo de 2008

SEMANA TÍTERES EN REDONDELA

Máis de cincuenta actuacións conforman a novena edición do Festival de Títeres de Redondela.
Ademais da programación de sala que comeza o mércores 28 de maio, hai tamén unha programación de rúa o sábado 31 de maio e o domingo 1 de xuño.
Por riba temos a sorte de contar cunha programación para escolares. Onte foron os máis pequenos de educación infantil a ver a obra, "La historia de un huevo perdido", de Ocelot Teatro (O Salvador); Hoxe van os maiores a ver, "Branca de neve" de Vita Marcik (República Checa); e o venres irán os de primeiro ciclo e terceiro, "Historias de media suela", de Fernán Cardama (Arxentina).
Polo que sabemos vai haber moitas sorpresas. Se queredes saber máis sobre a programación das actuacións premede aquí.