Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lectura. Mostrar todas las entradas

sábado, 9 de junio de 2012

CLAUSURA LECTURA SILENCIOSA

Non se trata de facer que todos sexamos uns lectores incribles, de a libro por semana. Pero si que polo menos apreciemos e disfrutemos dun momento de lectura, unha novela, unha revista, un periódico,... ao fin, ler, faise imprescindible en todas as facetas da vida diaria: cando saimos de compras, cando vamos ao médico, cando precisamos resolver calquera problemiña con algunha institución, ... 
QUE IMPORTANTE É LER!
E ENTENDER CORRECTAMENTE O QUE LEMOS!
Ao longo da historia, o acceso á lectura e a escritura das clases máis baixas, permitiu a evolución dunha sociedade dominada e controlada polas clases máis preparadas. Está máis que demostrado que nos entornos lectores, créanse bos lectores. Os nenos a medida que van crecendo, van imitando todo aquilo que ven facer aos adultos que os rodean: os seus costumes, as súas rutinas, ... Para ben ou para mal, somos os exemplos que eles siguen...
Dende o Centro tentamos ser un Exemplo Lector para o noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os máis maiores, os mestres, e todo aquel que pasa polo Centro no momento axeitado, xuntos e respetando aos compañeiros, LEMOS
Ata o próximo ano!

lunes, 20 de junio de 2011

CANTOS PREMIADOS!


Premios pola mañá, premios pola tarde, .... Premios a todas horas e por moitas e variadas razóns:

a) Por ser tan "Grandísimos Lectores"

Os Waters, os Exploradores, os Sinefos e os Vincis en Educación Infantil

En primeiro: Rubén (1ºA) e Sheila (1ºB)


En segundo: Hiraya (2ºA) e Julen (2ºB)


En terceiro: Fernando (3ºA) e Laura (3ºB)


En cuarto: Isaac (4ºA) e Laura (4ºB)


En quinto: Alba C.(5ºA) e Aitana (5ºB)


En sexto: Dani (6ºA) e Inés (6ºB)


b) Pola fantástica participación en Margarida Quere Saber 4ª edición


1º Clasificado:


"Pequenos Cerebros e Grandes Mentes": Isaac e Paula


"S.B.L.": Lucas, Breixo e Sergio



  • 3ºClasificado:-"O choco mecánico": Lino, Adrián e Ignacio


  • 4º Clasificado:-"Os vencedores": Javier, Uxía e Alba


  • 5º Clasificado:-"El tigre morado": Lidia, Gabriela e Paula

jueves, 23 de septiembre de 2010

A NOSA PROPIA BIBLIO

A lectura é case sempre un momento íntimo, que podemos ou non compartir cos outros, é sucede moitas veces que non atopamos, o lugar e o tempo, axeitado onde levalo a cabo.
Que debemos ter en conta á hora de diseñar a nosa Biblio, na nosa casa?
  • Debemos elixir o lugar con moito coidado: Luminoso, de fácil acceso.
  • Podemos diseñar e redistribuir a nosa propia habitación asignando un espazo a tal función.
  • Non debemos mezclar coa zona de xogar.
  • Debemos organizar os libros de forma que logo nos sexan fáciles de localizar: por temas, xénero,... nós decidimos.
  • Elixir sempre libros pola súa calidade, mellor poucos e bos, que moitos e malos.
  • Acordes sempre á nosa idade.
  • Podemos facer unha selección atendendo aos nosos gustos sen deixar de lado outras posibilidades.
Como é a vosa Biblioteca particular?
Tedes un espazo voso, onde vos sentides transportados aos maravillosos mundos que compartimos coas nosas lecturas?
Contádenos!!
Mandádenos fotos das vosas biblios?
O certo é que cando entramos de cheo nun libro, logo, o lugar xa nos da igual, e o tempo nunca é suficiente. Pero, para comezar,...
Para máis información consultade o "Laboratorio de Lectura", da FGSR.

martes, 21 de septiembre de 2010

LABORATORIO DE LECTURA

Dende a Fundación Germán Sánchez Ruipérez chéganos este espazo adicado á lectura, cheo de novas, consellos, recursos audiovisuais,... e moito máis.
Atentos Lectores ás súas novidades editoriais, non se perden nin unha.
Atentos Papás e Mamás aos seus consellos cara á lectura e os libros.
Atentos Mestres a todos esos artigos, cursos e recursos.
BOAS LECTURAS!!!

viernes, 1 de enero de 2010

2010 ANO DO LIBRO E A LECTURA EN GALICIA

A XUNTA DECLAROU O ANO 2010 COMO



jueves, 7 de febrero de 2008

NOVOS ENLACES

Seguro que xa vos destes conta, pero para os que non, si botades unha ollada á columna lateral, veredes que temos dous enlaces novos: O Club de Escritura, e O Club de Lectura.
Estas novas páxinas funcionarán coas vosas aportacións, as vosas creacións literarias, as vosas opinións e recomendacións sobre os libros que vades lendo, ... Entrade e curioseade, atoparedes xa cousiñas de algúns compañeiros.
Contamos con vos!!!