O
pasado venres 23 de novembro visitounos Camilo, un chico xordo que traballa
para a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG).
Para os máis pequenos contou dous contos moi divertidos en
Lingua de Señas e practicaron signos de animais como león,
mono, can…
Logo chegaron os maiores aos que lles explicou como era a vida cotiá dunha persoa xorda, é dicir, como fan para desenvolverse sen maiores problemas aínda que non escoiten nada. Así, amosounos algúns dos dispositivos cos que contan coma os timbres con luz, os vídeoteléfonos…
Camilo veu acompañado de Iago o seu intérprete
e grazas a el entendimos todo o que nos dixo e tamén lle
puidemos facer preguntas .
A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
A verdade é que foi moi interesante xa que moitos de nós descoñeciamos como é ese mundo das persoas xordas e ademais non todos os días podemos ver a unha delas comunicándose con nós en Lingua de Señas a través dun intérprete.
Comprendimos que non hai límites para a
comunicación, nin sequera a xordeira. Só temos que ter interese e estar abertos
a diferentes formas de comunicarnos e de seguro que nos entenderemos con tod@s
independentemente das súas características ou dificultades.
1 comentario:
Como antiga alumna del cole de Reboreda estou moy contenta de ver como nos modernizanos e como tal publiqueino no twitter.
Saludos dende Salamanca e felicidades!!!
http://biblioblogreboreda.blogspot.com.es/ biblioblog en gallego de mi antigua escuela. Por fin nos hemos modernizado en el #CEIP Reboreda #primausal1213
Publicar un comentario