Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta despedida. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de junio de 2012

POR ESTE CURSO... PECHAMOS AS PORTAS


Bueno chicos e chicas, un ano máis chega o mes de xuño, e con el, moitas despedidas. Achégase o final do curso, pero, como ben sabedes na biblio necesitamos tempo, moito tempo, para recoller, organizar, ubicar, ... en definitiva, que por este ano xa non poderedes levar máis libros en préstamo, o que non quere dicir, que non nos poidades seguir facendo suxestións, de todo tipo, de lecturas, de actividades,... 
E ollo!, que todavía quedan algúns por devolver libriños... A ver se esta semana non nos olvidamos...
VÉMONOS!

lunes, 9 de junio de 2008

EXCURSIÓN FIN CURSO

"Hola!, eu son unha alumna de 6º de primaria. Todos os anos a Anpa do cole organiza a excursión de fin de curso e despedida de sexto a Manzaneda.
Este ano tocounos a nós. Fixemos un montón de actividades: carreiras cos cars, fomos á discoteca, tiramos con arco, escalamos no rocódromo, montamos a cabalo,... e tivemos moitas anécdotas: nalgún dos cars ao que non lle funcionaban os frenos e tiñamos que parar chocando con algo, Noelia casi leva por diante a un dos pais que nos acompañaban, aínda rimos un pouco.
Coñecemos moita xente nova e tivemos uns monitores moi simpáticos: Nataly, Sonia, Xoán e Tomás.
Pasámolo en grande!"
María I. O.
Teremos que despedirnos debidamente destos chicos e chicas. O próximo ano xa non estarán con Nós, e foron grandes colaboradores na Biblio.
Botarémolos de menos!!