Mostrando entradas con la etiqueta clausura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta clausura. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de junio de 2012

POR ESTE CURSO... PECHAMOS AS PORTAS


Bueno chicos e chicas, un ano máis chega o mes de xuño, e con el, moitas despedidas. Achégase o final do curso, pero, como ben sabedes na biblio necesitamos tempo, moito tempo, para recoller, organizar, ubicar, ... en definitiva, que por este ano xa non poderedes levar máis libros en préstamo, o que non quere dicir, que non nos poidades seguir facendo suxestións, de todo tipo, de lecturas, de actividades,... 
E ollo!, que todavía quedan algúns por devolver libriños... A ver se esta semana non nos olvidamos...
VÉMONOS!

sábado, 9 de junio de 2012

CLAUSURA LECTURA SILENCIOSA

Non se trata de facer que todos sexamos uns lectores incribles, de a libro por semana. Pero si que polo menos apreciemos e disfrutemos dun momento de lectura, unha novela, unha revista, un periódico,... ao fin, ler, faise imprescindible en todas as facetas da vida diaria: cando saimos de compras, cando vamos ao médico, cando precisamos resolver calquera problemiña con algunha institución, ... 
QUE IMPORTANTE É LER!
E ENTENDER CORRECTAMENTE O QUE LEMOS!
Ao longo da historia, o acceso á lectura e a escritura das clases máis baixas, permitiu a evolución dunha sociedade dominada e controlada polas clases máis preparadas. Está máis que demostrado que nos entornos lectores, créanse bos lectores. Os nenos a medida que van crecendo, van imitando todo aquilo que ven facer aos adultos que os rodean: os seus costumes, as súas rutinas, ... Para ben ou para mal, somos os exemplos que eles siguen...
Dende o Centro tentamos ser un Exemplo Lector para o noso alumnado. Dende os máis pequenos ata os máis maiores, os mestres, e todo aquel que pasa polo Centro no momento axeitado, xuntos e respetando aos compañeiros, LEMOS
Ata o próximo ano!

lunes, 30 de mayo de 2011

CLAUSURA LECTURA SILENCIOSA

A lectura soe ser unha experiencia bastante íntima e solitaria, pero antes de chegar a este punto, debemos adquirir certo hábito lector, e certo gusto pola lectura.

No noso Centro, levamos dous cursos intentando compartir estos agradables momentos. Este venres, último venres de maio, e último día que adicamos este curso a ler todos nun mesmo momento en silencio, saimos ao patio, a ler igualmente todos xuntos, pero, ao aire libre, agora realmente, máis preto que nunca. Un momento de doce lectura compartida.





E vós, ledes en compañía ou a soas?

lunes, 14 de junio de 2010

UN ANO MÁIS...

Un ano máis chegamos ao final do curso! E un ano máis chega o momento dos agradecementos:
  • Aos mestres e mestras que tanto traballaron na biblio
  • A todos aqueles que dalgún xeito colaboraron con nós
  • E como non aos nosos incribles bibliotecarios, os alumnos e alumnas de quinto e de sexto.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLO VOSO TRABALLO!
ATA O PRÓXIMO CURSO!

viernes, 4 de junio de 2010

CLAUSURA HORA DE LER

Por este curso chegamos ao final do tempo adicado á Lectura Silenciosa. E que momento tan especial foi esta sesión de clausura. Todos xuntos, compartindo as nosas lecturas no patio, á luz do sol,... realmente foi un experiencia distinta.
O ano que ven máis. Ide preparando xa as vosas lecturas!


Non son impresionantes?