Máis de 300 persoas súmanse á lectura radiofónica de Verne
Colexios,
institutos, políticos, xentes da cultura e veciños en xeral participan
desta iniciativa promovida polas Bibliotecas municipais e a emisora de
radio Local coa que se busca conmemorar os 150 anos da "chegada" do
Nautilus a enseada de San Simón. En total máis de 15 horas de radio que
se emitirán os luns 24 e 31 de decembro en horario de 10:00 a 14:00 e de
15:30 a 20:00 horas e que permitirán aos oíntes achegarse dun xeito
diferente a un texto de referencia nas novelas de aventuras, a obra
"Vinte mil leguas baixo dos mares" de Jules Verne.
http://www.radioredondela.com/articulo.php?id=9155
Xa tedes colgado en Ivoox a lectura do capítulo XII de VINTE mil leguas de VIAXE submarino que lemos en Radio Redondela.
https://www.ivoox.com/xii-todo-pola-electricidade-audios-mp3_rf_31056613_1.html?fbclid=IwAR10227uCLGv1pxNoFp_Ikuv-6hY4VhGGgME108L2bGVpQgyaLt1QRWbK4I
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca municipal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca municipal. Mostrar todas las entradas
viernes, 11 de enero de 2019
miércoles, 7 de noviembre de 2018
"UNHA PONTE DE LIBROS INFANTÍS", EXPOSICIÓN NO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA
Fonte biblioteca de Redondela
A entrada do Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle, desde o pasado venres 26, unha exposición dedicada á escritora e xornalista Jella Lepman (1891-1970) que creou en 1949 a Biblioteca Internacional da Mocidade en Munich, un dos proxectos cos que contribuíu ao entendemento internacional a través da literatura infantil .
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.
A exposición articúlase contorna a unha selección bibliográfica de autores infantís e xuvenís que recibiron dende 1956 ata a actualdiade o Premio Hans Christian Andersen considerado o máis alto galardón outorgado na literatura infantil e xuvenil e coñecido coma o Pequeno Premio Nobel.
A xoia da mostra son os "Cuenos de las Buenas Noches", Jella Lepman (1951), nunha 1ª edición da editorial Juventud no ano 1967, unha rareza de moi difícil localización. Este libro contén unha selección de historias para durmir elaborada a partir da colaboración de cidadáns anónimos que enviaron miles de historias das que se fixo unha selección publicada orixinalmente en tres volumes.
"Unha ponte de libros infantís". Jella Lepman, nome que designa á exposición, permanecerá aberta ao público ata finais de ano.
jueves, 11 de octubre de 2018
EN LINGUA DE SIGNOS
Desde o pasado mes de febreiro, as bibliotecas de Redondela están a desenvolver a campaña #eubibliotecasredondela50 que nos está a proporcionar grandes satisfaciones grazas ao agarimo que nos demostrades a través dela. O último exemplo, o de Raquel González, de XOGA
Servizo de Intérpretes e Guíaintérpretes de Lingua de Signos, que nos anima a facer o carné das bibliotecas desde a LSE.
Servizo de Intérpretes e Guíaintérpretes de Lingua de Signos, que nos anima a facer o carné das bibliotecas desde a LSE.
Moitas grazas! Encántanos!
viernes, 5 de octubre de 2018
A PRIMEIRA LECTURA SILENCIOSA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL
Este ano, coma xa falamos, a biblioteca Municipal cumple 50 anos e dende o cole de Reboreda quixemos sumarmos a celebración facendo a primeira lectura silenciosa do curso diante da mesma, acompañados polos bibliotecarios e polas familias.
Ao rematar fixemos unha doación mutua de libros de biblioteca a biblioteca. Foi un día moi especial. Aquí vos deixamos algunhas fotos para ir abrindo boca, nuns días teredes máis.
viernes, 21 de septiembre de 2018
HORARIO DE INVERNO NA BIBLIOTECA DE REDONDELA
Sabemos que moitos de vos sodes usuarios da biblioteca municipal. Acaban de mudar o seu horario:
E, lembrade, dentro duns días tamén abrirá a biblio do cole. Estade atentos!!!
E, lembrade, dentro duns días tamén abrirá a biblio do cole. Estade atentos!!!
jueves, 20 de septiembre de 2018
DENDE BIBLIOTECAS DE REDONDELA: CONTACONTOS EN CHAPELA
No blog da biblioteca de Redondela vimos esta convocatoria. Compartímola por se é do voso interese:
O xoves 27 de setembro, ás 18:30 h., teremos ao magnífico contador Pablísimo co seu espectáculo O Paroleiro.
Non volo perdades!
Hai
que desperezarse do tempo de vacacións e de lecer e voltar a rutina!
Pero con calmiña, eh?... Ímonos dar o mes de setembro para coller
folgos.
Que precisamos axuda? Non pasa nada... Para transmitirnos a enerxía extra que precisamos, a biblioteca
de Chapela ofreceranos un magnífico contacontos infantil a finais deste
mes, que nos reconectará coa ilusión e a maxia da nosa tradición oral.
O xoves 27 de setembro, ás 18:30 h., teremos ao magnífico contador Pablísimo co seu espectáculo O Paroleiro.
"O paroleiro é moi amigo de parolar... gosta de laretear, enredar, falar e de contar. Conta sucedidos, historias e sobre todo moitos contos que leve na súa memoria, nas súas maletas, nos seus petos e nos seus zapatos".O espectáculo está pensado para cativos/as entre 3 e 10 anos. A entrada é libre ata encher o aforo.
Non volo perdades!
jueves, 13 de septiembre de 2018
ANIVERSARIO DA BIBLIOTECA DE REDONDELA
Como xa seguramente coñecedes a
estas alturas, as bibliotecas do noso municipio cumprimos o noso 50
aniversario neste 2018, xa que en setembro de 1968 abriu as súas portas a
Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán na planta baixa do Concello.
Para lembrar esta efeméride tan especial, e para poñer en valor o papel
que a biblioteca debe ocupar na nosa sociedade, estamos a levar a cabo
diferentes actividades durante todo o ano, e adicando unhas propostas
especiais para este mes de setembro, dado que é o 21 do presente mes a
data propia do aniversario da nosa institución.
Convidámosvos a participar en todas elas:
1º- NOME PARA A BIBLIOTECA DE CHAPELA:
A axencia de lectura de Chapela, que
forma parte das nosas bibliotecas municipais, non ten un nome propio. Se
ben a biblioteca de Redondela está adicada a Valle-Inclán, non sucede
así coa sede de Chapela. É por iso que desde o pasado mes de xuño
lanzamos a proposta para que a veciñanza e os usuarios propuxeran un
nome propio para este centro bibliotecario.
O prazo remata o venres 28 de setembro
para presentar propostas, e estas deben presentarse no rexistro
municipal, por calquera persoa física ou xurídica.
REQUISITOS DAS CANDIDATURAS:
1. O nome proposto estará ligado ao eido da literatura: escritor/a, editor/a, impresor/a...
2. O nome proposto deberá gardar unha relación directa coa cultura e lingua galegas.
3. Darase
prioridade ao nome dunha muller co propósito de recoñecer e visibilizar o
papel das mulleres no eido da literatura galega.
4. O nome
proposto non deberá ter outro recoñecemento en espazos públicos de
Redondela (rúas, prazas, edificios públicos, monumentos...) no intre de
presentar a candidatura.
Aquelas propostas que non argumenten a súa candidatura quedarán fóra do proceso.
martes, 17 de junio de 2014
EXPOSICIÓN COCA PARADE
Podedes ver as cocas no multiusos da Xunqueira. Tamén podedes aproveitar á visita ás cocas para facer unha visita á bilblioteca, aquí deixamos un enlace ao seu blogue. Preme na imaxe
domingo, 24 de junio de 2012
VERÁN CON SIMONA
Chéganos esta información dende a Biblioteca Municipal. Parece interesante!
VERÁN CON
SIMONA:
Esta actividade organizada pola
Concellería de Servizos Sociais, Muller e
Igualdade, está dirixida a nenas e nenos con idades
comprendidas entre os 4 e os 14 anos, cuxa nai ou pai estea empadroada/o como
mínimo un ano no Concello de Redondela, desenvolverase durante todo o mes de
xullo en cinco parroquias:
- Cedeira: Centro cultural de Cedeira.
- Cedeira: Centro cultural de Cedeira.
- Chapela: Multiusos do Piñeiral do
Crego.
- O Viso: Asociación cultural Santa
María do Viso.
- Redondela: Pazo do
Pousadouro.
- Saxamonde: Centro cultural Chan
das Pipas.
O horario da actividade será de
09.30 a 13.30 horas, contando a actividade cun total de 180 prazas. A selección
da parroquia é independente do domicilio de residencia.
O prazo de inscrición,
ata o mércores 27 de Xuño.
MÁIS
INFORMACIÓN:
Etiquetas:
actividades,
biblioteca municipal,
simona,
verán
miércoles, 16 de mayo de 2012
OBRADOIRO BANDA DESEÑADA
Despois dun mes de Marzo cheo de CÓMICS, o BAÚL VIAXEIRO tivo que marchar rumbo a outros mares. Tristura nos quedou pola despedida, pero ledicia de coñecer personaxes e historias dos que non sabiamos.
E para completar e complementar o contido do baúl, o pasado venres día 4 de maio, tivemos a sorte de poder asistir a un obradoiro de Banda deseñada a cargo do ilustrador GOCHI.
Coñecedes a editorial "Cerditos de Guínea"??
Pois Gochi, ademais de ilustrador, é o fundador desta editorial, que se encarga de comprar os dereitos de cómics internacionais para traducilos ao galego e podelos editar. Nestos momentos teñen en catálogo: Superlópez, Spirou e Fantasio, Gárgolas, Os cinco loitadores,... E ademais da man de Gochi, temos a Trasmallo, un personaxe xenial que vos vai facer rir moito. Toda unha pasada!
Despois de compartir con nós unha tarde entrañable, experimentando coa creación de personaxes, ... Agasallounos (aos coles asistentes) cunha mostra dos cómics editados por "Cerditos de Guinea" para as nosas Bibliotecas. En breve estarán á vosa disposición!
Etiquetas:
autores,
banda deseñada,
biblioteca municipal,
bibliotecas redondela,
cómic,
ilustración
viernes, 27 de abril de 2012
TÍTERES NA BIBLIO MUNICIPAL (CHAPELA)
Para rematar a grande semana adicada ao libro, na Biblioteca de Chapela ofrécennos este Venres 27, ás 19:30 h un espectáculo de títeres para pasar moito medo.
Títeres Cascanueces: "A rúa das pantasmas".
Espectáculo para todos os públicos.
A entrada é gratuita e libre, ata completar aforamento.
Máis información en:
BIBLIOTECA A.M.L. DE CHAPELA
Piñeiral do Crego, Edificio Multiusos - Chapela (Redondela)
TLF: 986-454-226 - Email: bibliotecachapela@redondela.es
QUE BOA PINTA TEN!!!
domingo, 18 de marzo de 2012
XERANDO CÓMICS
Dende que chegaron os cómics do "Baúl viaxeiro" das Bibliotecas Municipais, o préstamo de Cómic, disparouse. Hai moita curiosidade por ver e coñecer algúns dos volumes que veñen no baúl, porque, aínda que temos un fondo editorial interesante neste apartado, como é lóxico, non o temos todo, e con tal motivo, en vista do interese que despertan algúns personaxes, teremos que plantearnos comprar algúns máis.
Pero, ademais de coñecer as distintas colecións, os personaxes, os elementos do cómic (viñetas, bocadillos, onomatopeias, liñas cinéticas,... ),... Tamén toca producir.
Na rede hai moitísimos xeradores de cómic online, nós estamos iniciandonos cun bastante chulo de "Genmagic", non se pode gardar o que vas facendo, pero se tes preparada a historia, os textos, ... , unha vez rematado podes imprimilo.
Pero, atentos!!!
Esta semana durante os recreos teredes a oportunidade de crear textos para tiras cómicas, viñetas, personaxes, ...
ANIMÁDESVOS???
Etiquetas:
biblioteca municipal,
bibliotecas redondela,
cómic,
recreos,
xogos online
jueves, 10 de febrero de 2011
CONCURSO DE DEBUXO: A COCA DE REDONDELA

Do 1 de febreiro ao 15 de marzo pode visitarse no Edificio Multiusos Piñeiral do Crego, en Chapela, a mostra A COCA DE REDONDELA EN MIL IMAXES.
A mostra irá acompañada dun CONCURSO DE DEBUXO para rapaces e rapazas, co tema central da Coca. Este terá lugar o xoves 24 de Febreiro, de 17:00 a 19:00 h.
O concurso premiará ás mellores imaxes da Coca segundo un xurado formado por representantes das asociacións culturais de Chapela.
A mostra irá acompañada dun CONCURSO DE DEBUXO para rapaces e rapazas, co tema central da Coca. Este terá lugar o xoves 24 de Febreiro, de 17:00 a 19:00 h.
O concurso premiará ás mellores imaxes da Coca segundo un xurado formado por representantes das asociacións culturais de Chapela.
Faránse 3 categorías por idades:
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 12 anos
Os premios consistirán en lotes de libros xunto con outras sorpresas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
- De 4 a 6 anos
- De 7 a 9 anos
- De 10 a 12 anos
Os premios consistirán en lotes de libros xunto con outras sorpresas.
Para participar é preciso inscribirse previamente na biblioteca.
Ánimo e a participar!!
Etiquetas:
biblioteca municipal,
coca,
concurso,
debuxos
jueves, 4 de noviembre de 2010
OBRADOIRO DE ARTE NA BIBLIO MUNICIPAL
Chéganos esto dende a Biblioteca de Redondela.
Atentos todos aos que lles guste o debuxo, a arte, ...
Olá a todos!
O vindeiro Xoves 11 de Novembro, ás 18:30 h., teremos un obradoiro de achegamento á arte da Vangarda, para rapaces e rapazas de entre 6 e 12 anos.
Para participar é preciso que vos inscribades na biblioteca. Podedes facelo presencialmente ou a través do teléfono ou do correo electrónico.
O día da actividade teredes que traer:
- Unha fotografía da vosa cara, en tamaño folio ou cuartilla; ou unha fotocopia en branco e negro.
- Lápices e cores que queirades empregar.
Máis información en:http://bibliotecasredondela.blogspot.com/2010/10/un-dia-con-picasso-obradoiro-de.html
Agardamos que sexa do voso interese. Un saúdo e graciñas por dalo a coñecer.
Mª José Villar
Etiquetas:
arte,
biblioteca municipal,
debuxos,
obradoiros
miércoles, 23 de septiembre de 2009
MIRANDO AO CEO
Co gallo da celebración do Ano Internacional da Astronomía 2009, as Bibliotecas Municipais de Redondela, en colaboración coa Agrupación Astronómica Rías Baixas de Vigo, organizan unha observación pública das estrelas. Será no parque do Piñeiral do Crego, en Chapela, o vindeiro Venres 25 de Setembro, ás 22:00 h.Seguro que resulta interesante ver e coñecer máis de preto os planetas, constelacións, astros,... en compañía de veciños, amigos e familia.
Etiquetas:
astronomia,
biblioteca municipal,
estrelas
miércoles, 13 de mayo de 2009
TALLER BANDA DESEÑADA
Como ben sabedes, ao redor da semana dos títeres de Redondela, aglutínanse un montón de actividades.Mañá xoves en concreto, realízase un "Obradoiro expreso de iniciación á banda deseñada", que consiste en achegar os principios do cómic aos rapaces, segundo nos contan na información que nos fixeron chegar, empezaredes polo deseño de personaxes, entre todos definiredes as características dun personaxe do cal fará cada un a súa versión para posteriormente usalo nunha historia curta dunha páxina. (neste ultimo exercicio veredes os recursos e características da linguaxe da BD).
O taller impartirao GoChi, ilustrador dende hai 10 anos, directivo da Asociación Galega de profesionais da Ilustración, membro da mesa da BD da Xunta de Galicia, creador de Cerditos de Guinea Comics e autor da serie de piratas "Trasmallo", ademais traballou para xornais como "La Voz de Galicia" ou editoriais como "Tambre" ou "Galaxia".
O obradoiro está dirixido a rapaces de 11 a 14 anos e levarase a cabo de 18:00 a 20:00 h., na sala xuvenil da biblioteca.
Etiquetas:
bd,
biblioteca municipal,
cómic,
concello,
extraescolar,
obradoiro
lunes, 23 de marzo de 2009
A BIBLIOTECA DE REDONDELA
Esta mañá os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a Redondela, ao multiusos, a visitar a Biblioteca Municipal. Por como viñeron, ademais de cansos, o deberon pasar moi ben.
Coñeceron a fondo a Biblio infantil.
Coñeceron un pouco máis a figura de H.C.Andersen e viron dúas curtas de animación moi divertidas:
"La danza de los esqueletos"
"El patito feo"
E todo un detalle, recibiron unha revista infantil e unhas cores de agasaio.
Moitas Grazas!, Voltaremos!
Etiquetas:
biblioteca municipal,
primeiro ciclo,
saídas didácticas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















