Mostrando entradas con la etiqueta recreo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta recreo. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de junio de 2012

OBRADOIRO PULSERAS

Achégase o verán, e co calor e o sol, enchémonos de vitalidade, de ganas de facer cousas, de crear,... E dende a Biblio, con Margarida ao frente, estamos a facer uns obradoiros de pulseras de fíos de plástico. 
Están quedando chulísimas!
O mércores pasado, pasaron os nenos e nenas de Sexto, mañá virá o alumnado de quinto e entre medias, todos eles fan de maestros para os máis peques, que tamén queren aprender.
A pena e que xa non nos queda nada...

jueves, 28 de mayo de 2009

AÍNDA NADA?

Como que nada?. Pois moito. Onte tivemos outro contador de contos de excepción. Rubén Veloso. Un pouquiño nervioso, pero, en toda gran actuación, sempre hai nervios. Ou non?

Coa axuda de Salwa e a profe Olga, nos monecos e monicreques, deleitáronnos cun conto moi simpático. Pero, aínda nada?,... pois eso mesmo.

miércoles, 18 de febrero de 2009

GRAN PRESENTACIÓN

Estamos moi animados, as datas, o Entroido,... non paramos de publicar. Hoxe os nenos e nenas de segundo curso viñeron á Biblio a presentarnos dous libriños feitos por eles: un de acrósticos- que será eso?- vades ter que preguntarllo, ou pasar pola Biblio; e outro de pequenos contos e poemiñas. Logo estarán rexistrados e poderedes levalos en préstamo.
Animádevos a escribir!
Seguro que levades dentro grandes historias!

jueves, 29 de enero de 2009

A POMBA MARI PAZ

Este mércores no recreo, con motivo do día da Paz, tivemos sesión especial. Os nenos e nenas de 2ºB deleitáronnos escenificando un poemiña "A pomba Mari Paz". Ben fermoso! e todos e todas as presentes entenderon a mensaxe.
Agora so hai que aplicala!
Cada día!
Todos os días!

lunes, 17 de noviembre de 2008

CAMPAÑA:EU LEO PORQUE ME PETA

Iniciamos estas semanas atrás a campaña "Hora de Ler: Leo porque me peta". Unha campaña de animación á lectura enviada dende a Asesoría de Bibliotecas en Santiago, e dirixida a nenos e nenas dende Primeiro curso de Primaria ata cuarto.

Tedes todos os albums de cromos de contos?

Recordade que, cada vez que veñades no recreo a buscar un libro en préstamo, os Bibliotecarios daranvos, xunto co libro e o marcapáxinas, outro sobre de cromos.

Ánimo e a ler!!!