Mostrando entradas con la etiqueta Día libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día libro. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de mayo de 2016

LEDICIA COSTAS

Fai unhas semanas visitou o noso cole a escritora Ledicia Costas
Os rapaces de 5º e 6º tiveron a sorte de falar coa autora do libro Escarlatina, a cociñeira defunta, libro co que gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o ano pasado.
Despois dunha charla amena e agradable, Ledicia firmounos unha morea de libros.

Ledicia, moitas grazas pola túa visita!

lunes, 25 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO



O 23 de abril celebramos o día internacional do libro  e no cole fixemos unha morea de actividades ao longo de toda a semana.

LUNS

Colgamos este gran cartel que moitos dos rapaces fixeran na semana anterior para anunciar a gran celebración. Ademais, como os libros ían ser os protagonistas da semana, enchemos o cole cunha morea de libros. 


MARTES

Os axudantes da biblio sorprenderon aos nenos e nenas de infantil cuns entretidos contos. Traballaron moi duro e o resultado foi fantástico, no cole temos grandes contacontacontos!


MÉRCORES

Como sabedes, este ano cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, polo que a súa figura estivo moi presente nas celebracións desta semana. Unha delas protagonizárona os rapaces de 4º, que prepararon unha pequena obra de teatro para representar para todo o cole.


XOVES

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º foron os padriños lectores dos máis pequeños do cole. As lecturas foron os 12 capítulos dos libro Érase una vez don Quijote Otra vez don Quijote. Aínda que esta sesión de lectura foi o xoves, os asistentes á mesma xa escolleran a entrada o día anterior. A biblio converteuse nun despacho de billetes, botade unha ollada! 

VENRES

Un ano máis contamos coa compaña das familias na hora de lectura silenciosa. A lectura é moito mis divertida si é en familia!

Encantounos compartir este ratiño con vós!




Para rematar a semana, premios aos lectores e lectoras...


... e parabéns aos escritores destacados da Reboraina!

 

sábado, 26 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO NO COLE DE REBOREDA 23-4-14

Este ano tivemos unha celebración moi especial polo día do libro. Comezamos a mañá cunha pequena homenaxe aos grandes escritores españois, do mundo e, como non, de Galicia e de Redondela. Foi un acto sinxelo pero moi especial. Na hora de ler, quixemos facer unha lectura diferente e nuns espazos diferentes, polo que sacamos os libros aos corredores e todos xuntos gozamos dunha sesión lectora moi particular.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow

jueves, 25 de abril de 2013

O NOSO DÍA DO LIBRO

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO, MARGARIDA ABRIU A PORTA DA BIBLIOTECA E DEIXOU QUE OS LIBROS OCUPARAN TODOS E CADA UN DOS RECUNCHOS DO COLE. PASAMOS UN DÍA MOI ESPECIAL LENDO E RECITANDO AQUÍ E ALÁ!! A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS UNHA PEQUENA MOSTRA!!

martes, 24 de abril de 2012

LIM "ANDERSEN"

Dende o Ceip Frián de Teis chéganos este chulísimo xogo sobre H.C. Andersen, un dos autores de contos máis coñecidos e recoñecido. Que como ben saberedes é un dos escritores ao redor do que xira a data do Día do Libro.
Esperamos que o disfrutedes!!

domingo, 1 de abril de 2012

QUE FAN OS LIBROS POLA NOITIÑA???

23 ABRIL - DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO
Como dicían hoxe os nenos e nenas: "Margarida está de cumple"
BO DÍA MARGARIDA!
E QUE CUMPLAS MOITOS MÁIS!
E tanto que falamos do que fai Margarida pola noite cos trasnos, fadas, elfos, .... que habitan na nosa biblio, mirade atentos .... o mesmo vos da unha idea.
Grazas aos compañeiros de Mugardos do Ceip Santiago Apostolo Franza por darnos a coñecer este vídeo tan chulo.

jueves, 26 de mayo de 2011

AUGA E... PIRATAS!

Dentro do tema AUGA que vai fluindo ao longo deste curso os nen@s de 3º B leron na aula un conto no que a auga xunto con Marta foron os principais protagonistas.










Lede o resumo que fixo Lucia, pódevos atrapar esta historia do libro:
A escola dos piratas.

Autor: Agustín Fernández Paz.

Colección Tucán. Edit. Edebé.

Premio edebé de literatura Infantil.

Marta sempre desexaba que se inundara todo cando chovía. Ana, a súa profe desexaba o mesmo para disfrutar dalgunha aventura extraordinaria. pero Marta e Ana gardaban o segredo. Como Ana e Marta desexaban con tanta forza, un día o cole esvarou montaña abaixo.

Cando chegou ao río atopáronse con camións e helicópteros para rescatalos pero a directora non o permitiu porque non traían permisoso.

Ao final unha psicóloga axudou no rescate. Díxolles que pensaran fortemente que o edificio volvía ao seu lugar.

Fixéronlle caso e o cole voveu de novo onde sempre estivera.

Alí estaban os pais esperando por eles.

jueves, 28 de abril de 2011

"A FESTA DAS PALABRAS"

Este martes, 26 abril, contamos no cole coa "BIBLIOCARAVANA", con motivo da III SEMANA DO LIBRO, "A festa das palabras", que este ano se centraba nas linguas oficiais da península.
Puidemos ler libros en: portugués, catalán, castelán, aranés, euskaro, asturiano, aragonés, ... e por suposto en galego.
Foi cando menos sorprendente comprobar a escrita dalgunhas destas linguas!!
Ademais, e grazas á colaboración de o Ies de Chapela, tivemos con nós a Athenea, unha alumna deste instituto que tiña preparados para os máis pequechos algúns contiños.
Moi ben Athenea!!

Gustáronnos moito!!

Cando queiras xa sabes onde estamos!!

sábado, 16 de abril de 2011

III FESTA DAS PALABRAS

QUEREMOS COMUNICARVOS QUE A BIBLIOCARAVANA ESTARÁ NO NOSO CENTRO O DÍA 26 DE ABRIL, ENTRE 12.00 E 14.00 H.


SERÁ VISITADA POLO ALUMNADO DE 6º, 5º E 4º DE E.P.




Entidades colaboradoras na


III Semana do libro,A FESTA DAS PALABRAS



· Instituto Camões de Vigo


· Euskararen Donostia Patronatua


(Servizo de promoción do euskera do Concello de Donostia)




  • Dirección de Promoción do Euskara (Goberno Vasco)


  • Secretaría de Política Lingüística (Generalitat de Catalunya)


  • Academia de la Llingua Asturiana


  • Academia de L'Aragonés


  • Protección Civil de Redondela


  • IES Chapela (Ciclo Superior de Educación Infantil).


O noso agradecemento


Axencia de Lectura de Chapela


Biblioteca Pública de Redondela


Servizo de Normalización Lingüística


Concellaría de Normalización Lingüística


Concellaría de Cultura


Concello de Redondela


PROGRAMA


(Imprime o tríptico: Exterior- interior)



Biblio-caravana (centros de ensino de primaria)



Do 11 ao 15,


e do 26 ao 29 de abril de 2011



Horario: de 12 a 14 horas



Biblio-caravana (alamedas)



Días 18, 19 e 20 de abril de 2011



Horario: de 10:30 a 13:30 horas


Lugar: Alameda de Chapela (18) e Alameda de Redondela (19 e 20).




Conferencia



Día 20 de abril de 2011, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Redondela.



Carlos Pazos Justo e Roberto Samartim:


Presentación do premio Carballo Calero de investigación 2009




Expositor multilingüe permanente



Do 3 ao 6 de maio de 2011



Horario: de 9 a 14, e de 16 a 21 horas


Lugar: entrada do Multiusos da Xunqueira






A festa das palavras



La fiesta de las palabras



La festa de las paraulas



Hitzen jaia



La folixa de les palabres




Mostra de libros en galego, portugués, castelán, catalán, aranés, éuscaro, asturiano e aragonés.



Abril 2011

jueves, 14 de abril de 2011

O NOSO PATRIMONIO

Con motivo do acto de presentación da Edición Especial do libro "O señorito da Reboraina" que se realizou para o noso Centro preparamos esta presentación.


PROGRAMA DÍA DA ÁRBORE (MES DO LIBRO)

FAI CLIC ENRIBA DO PROGRAMA PARA PODER LELO CORRECTAMENTE

viernes, 8 de abril de 2011

EDICIÓN ESPECIAL DE "O SEÑORITO DA REBORAINA"

Este luns, día 11 de abril, celebraremos no salón de actos do noso colexio, a presentación da edición especial da novela de D. Ramón Otero Pedrayo "O señorito da Reboraina".

Esta novela está, en parte, situada no pazo Casa Grande de Reboreda, ao lado da igrexa da parroquia. O seu protagonista é don Xoán Manuel Pereira. Este é o nome que se lle deu á rúa que sae da praza da Farola (en Redondela) e chega a Reboreda.

O certame narrativo celebrado no noso centro, que chegou este ano á súa 13ª edición, tamén leva o nome "Da Reboraina" como homenaxe ao escritor ourensán e á súa novela.

Alá polo ano 1994 organizouse dende o colexio, contando coa colaboración de diversas entidades veciñais e municipais, a edición especial do libro "Sempre en Galiza", de Castelao. Este ano queremos facer o mesmo coa novela "O señorito da Reboraina" e con Otero Pedrayo. Editado pola editorial Galaxia e en colaboración con Comunidades de Montes de Ventosela e de Reboreda, co Concello de Redondela , ANPA e Colexio de Reboreda.

O programa de actos para o luns é o seguinte:



12.30: Presentación do acto

12.35: Fallo do xurado do Concurso de Narrativa "Da Reboraina"

12.45: Presentación en power-point do documental "O noso Patrimonio"

13.05: Intervención do escritor D. Víctor Freixanes

13.20: Actuación musical de Isabel Mouzo, Paco Barreiro, Ailén Kendelman e Chuco Estévez

13.35: Clausura do acto.
Un exemplar da novela será entregado a cada familia con alumnos no centro, o día 15 de abril, cando celebraremos "O día da Árbore".

viernes, 23 de abril de 2010

DÍA DA ÁRBORE

Comezamos a mañá seguindo o guión establecido:
Chegada, camisetas, entrega premios, fallo concurso narrativa "Da Reboraina", partida cara ao monte, .... Pero, a medio camiño, a chuvia non nos deixou continuar. Media volta e para o cole.
Claro que, os axentes meteorolóxicos non ían "aguarnos" o día!
Un grupo de mestres por un lado organizando os xogos no pavillón, outro no patio preparando a merenda coa axuda da ANPA e da Comunidade de Montes, e "voilá", día da árbore case listo.
Non foi o mesmo, claro que non! Pero, o disfrutamos de igual xeito. O próximo ano seguro que temos máis sorte co tempo!
E para rematar, e aproveitando que era o Día do Libro disfrutamos de "Charlie y la fábrica de chocolate", aínda que só a medias, non nos deu tempo a ver o final.

jueves, 22 de abril de 2010

HORA DE LER-DÍA DO LIBRO

Combinando a "Hora de ler", que vimos facendo estos dous últimos cursos, co Día do Libro e co Proxecto de Interculturalidade, tivemos no día de hoxe unha experiencia moi gratificante de lectura continuada. A través da megafonía, e para todo o cole, representantes dos distintos ciclos pasaron a lernos algunhas pequenas cousiñas das culturas que están a traballar:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: "A lenda da Coca"

  • 1º CICLO: "A orixe de Nova Zelanda" e "Haka"

  • 2ºCICLO: "Lendas dos Indios Mapuches" e "Lendas do Baobab"

  • 3ºCICLO: "A lenda da Coca"
Con lectores de luxo en cada un dos ciclos, e con contos tan emocionantes, é normal que todos estiveramos tan atentos.

Porque as veces ler, tamén é, saber escoitar!!

miércoles, 21 de abril de 2010

PARA QUE LES?

Pensando na celebración do día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, e partindo dunha iniciativa da ONG Implicadas no Desenvolvemento (IND) (http://implicadas.blogaliza.org), xunto co IES de Fene e o Ceip Milladoiro de Malpica e coa colaboración do groso das Bibliotecas Escolares Galegas, xurdiu esta proposta:
PARA QUE LES?
Na que persoas do mundo deportivo, periodístico, político, ... dos Centros, ... comparten con nós as súas experiencias lectoras máis íntimas.
Aquí vos quedan algunhas!
E ti, PARA QUE LES?

O noso especial agradecemento a Olga, Loli, Charo (non sei se me olvido de alguén) e por suposto a Jaime Eizaguirre, artífice dos deseños e ilustracións.

domingo, 18 de abril de 2010

jueves, 23 de abril de 2009

DÍA DO LIBRO EN TARRAGONA

Hoxe Día do Libro, en Cataluña, celébrase a "Diada de Sant Jordi", e a tradición di que os homes teñen que regalar unha rosa ás mulleres, e estas un libro aos homes.
Pola mañá fomos visitar a cova prehistórica de l´espluga de Francolí, moi chula. E logo unha cooperativa vinícola, pois por aquí hai moito viñedo.
Pola tarde visitamos a "Villa Medieval de Montblanc", que con motivo do Día de Sant Jordi, celebran unha gran festa. Hoxe pudemos ver as rúas engalanadas, os postos de libros e rosas, e un desfile, non nos daba tempo a ver a representación.
Pasámolo moi ben, e tivemos tempo para comprar algún agasaio para as nosas familias, incluso algún para a Biblio.
Mañá xa voltamos. Que pena!! Sobre as 10:45 deberíamos estar en Redondela. Vémonos o luns no cole e xa vos contaremos.
Grazas a todos polos vosos comentarios.
Nós tamén vos botamos "Un pouco", de menos, pero vamos añorar a algúns dos amigos que fixemos aquí.

Carla e Luis

jueves, 2 de abril de 2009

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Consultando outros blogs bibliotecarios topamos en:
  • "Bibliotecadocole" do Ceip Quintela de Moaña, un vídeo que relata brevemente a vida de Hans Christian Andersen, recordades, o autor a quen está adicada esta data.

  • "Raioteca", o blog da Biblio do Ceip de Andrade, que fixeron un xogo moi chulo, para comprobar os coñecementos que tedes sobre o autor homenaxeado, Hans Christian Andersen.

Podedes entrar nos seus blogs e facer algún comentario!!

martes, 29 de abril de 2008

EXPOSICIÓN CONTOS ( 4 )

Finalizando Abril, damos xa por finalizada a exposición "Xogamos cos contos". Despois do éxito acadado, a masiva participación e a gran calidade dos materiais elaborados teremos que volver repetir a experiencia.
Agora xa teremos que deixar espazo para novas iniciativas. As Letras Galegas están á volta da esquina e tamén vamos necesitar da vosa axuda.

Moitas grazas outra vez!



Podedes ver no Faro de Vigo noticias sobre algunhas das actividades realizadas no Centro.
Día do Libro (22-04-08)
Concurso Reboraina (27-04-08)