Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta experimentos. Mostrar todas las entradas

martes, 8 de febrero de 2011

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Co experimento que fixemos, os de segundo comprobamos que algúns materiais e sustancias, como unha cortiza, o aceite ou un lapis de madeira aboian na auga, en cambio o azucre ou o vinagre disólvense nela.
O experimento estivo moi divertido porque puidemos comprobar por nós mesmos todas estas cousas e apuntámolo todo nunha táboa, aínda que acabamos con cheiro a vinagre e as mans sucias de graxa...
OS NENOS E NENAS DE 2º CURSO

martes, 1 de febrero de 2011

PEIXIÑOS DE PAPEL

Os nenos e nenas de 1ºB, a través do traballo cooperativo, experimentamos coa auga. Fixemos uns peixes de papel, e con ceras, tesoiras e unhas pinguiñas de aceite, conseguimos...
Que nadaran como o Peixe Vela!!
O máis rápido do mundo!!!!!!

jueves, 7 de octubre de 2010

EXPERIMENTANDO COA AUGA

A quen non lle gusta xogar coa auga?
Pero este preciado elemento ofrécenos moitas máis posibilidades...
Consultade esta páxina, e probade a realizar algúns destos experimentos. Se sodes uns auténticos científicos, seguro que descubrides os grandes segredos que agocha este incrible elemento.

E non olvidedes que na biblio tamén temos libros cos que podemos poñer en práctica a nosa vena máis científica.








miércoles, 7 de abril de 2010

EXPERIMENTANDO COA MATERIA

"En quinto andamos a voltas co Concurso de Narrativa "Da Reboraina" e tamén estamos a descifrar as propiedades da materia. No laboratorio experimentamos co volume, masa e cos cambios de estado. Aínda non fixemos o experimento estrela sobre a trasmisión de calor dos corpos. Ten que ver co de poñer unha botella de plástico a quentar no lume. Xa vos contaremos o que pasa. "
OS COMPAÑEIROS DE QUINTO

jueves, 4 de junio de 2009

COMO SE CONSTRÚE A CÁMARA OSCURA?

Ante as peticións dos nosos lectores, a profe Marita, que foi a que lles ensinou aos nenos e nenas de 2ºB a construir a cámara escura, mandounos estas instruccións:
MATERIAIS: - tubo de cartón, tipo patatillas Pringles, baleiro e limpo, claro.- regra- lapis- cúter- cravo de 1,5 mm diámetro máximo, ou unha punta pequena.- cinta aillante negra- un círculo de papel "cebola", que ocupe o interior da tapa plástica do tubo
INSTRUCIÓNS:
1.- Tomaremos o tubo e mediremos 5 cm dende a base, trazaremos unha liña co lapis ( que quede en paralelo á base).
2.- Cortaremos o tubo pola liña co cúter. Quedarán dous tubos ( un longo e un máis curto).
3.- No centro da base metálica do tubo pequeno ( chamarémolo "Cilindro") faremos un orificio, de 1 a 2 mm, coa axuda do cravo.
4.- Colocaremos o círculo de papel "cebola" dentro da tapa plástica; para que non se nos mova podemos pegalo con dous puntiños de pegamento ou con dúas tiriñas de celo.
5.- Colocaremos esta tapa de plástico co papel no cilindro, no lado oposto á base metálica.
6.- A continuación tomaremos o tubo máis longo, que non ten tapas, e... atención! pegarémolo ao cilindro coa cinta aillante pola parte da tapa plástica.
7.- Agora, iremos a un espazo ao aire libre. Miraremos polo orificio, COLOCANDO AS MANS ARREDOR DO TUBO TAPANDO A PARTE QUE QUEDA PEGADA AO NOSO OLLO PARA QUE NON ENTRE LUZ POR AÍ.
8.- Finalmente, diriximos a nosa "cámara" a un lugar ben iluminado, casas, árbores, persoas, coches, ... E ... veremos as imaxes invertidas reproducidas sobre o papel da tapa plástica.Por que?
O noso aparato funciona como unha cámara fotográfica onde o orificio da base é como unha lente. Isto é o que se chama "cámara oscura".
Se buscades en google EXPERIMENTOS PARA NIÑOS DE EDUCACIÓN PARVULARIA atoparedes este experimento e moitos máis fáciles de facer e de levar a cabo.

Experimentos para niños de Educación Parvularia
Experimentos para niños de Educación Parvularia Blanca.

sábado, 30 de mayo de 2009

INVITANDO A EXPERIMENTAR

O xoves, nós, os nenos/as de 4ºA invitamos aos nosos amigos os de 4ºB, para que? Pois para que viran os nosos experimentos. Comezamos repartíndolles unha améndoa e falando da enerxía, e, queimando unha soa, conseguimos ferver auga!!
A continuación xirando un círculo coas cores do arco da vella obtivemos a cor branca como descubrira Newton fai miotos anos!!
E logo cun espello e auga, descompuxemos no teito a luz nas sete cores! Acabamos rompéndolles o lapis dentro da auga, pero logo, volveu a súa forma. Isto é debido a que o aire e a auga son medios distintos. Esperamos que lles gustaran!!!
Irene 4ºA


A CÁMARA ESCURA

Seguindo a traballar coa Ciencia, e cos cientificos das nosas aulas, moitos están a realizar experiencias relacionadas con estos. O científico de 2ºB e J. Daguerre, un dos precursores da cámara fotográfica moderna, e sentíamos moita curiosidade por saber que era eso do Daguerrotipo, a cámara escura,...
"Construimos a nosa propia cámara escura e saimos ao patio a ver a través dela.
Que alucine!!
As imaxes víanse ao revés!!"

Chicos, e como se constrúe esa cámara escura??

lunes, 18 de mayo de 2009

EXPERIMENTANDO XUNTOS

Os nenos e nenas de 4º A quixeron compartir experiencias cos compañeiros e compañeiras do outro grupo de 4º e aquí os tedes separando mesturas, preparando disolucións, observando cristales de sal....
Por certo, seriades capaces de soamente coa axuda de un vaso de auga e un imán separar estas tres mesturas:
  • garavanzos e cortiza?
  • garavanzos e grapas?
  • e auga e aceite?
Se observades as fotos podedes ver a solución.

miércoles, 1 de abril de 2009

EXPERIMENTAMOS:"ATRACCIÓN FATAL"

Hoxe tocaba experimento. 3 compañeir@s de 4ºA viñeron presentarnos o traballo que levan feito ao redor dos imáns e as forzas de atracción.
Comprobamos que hai rochas que atraen certos metais, que estas rochas especiais teñen polos, como o planeta Terra, que os compases ("brújula"), funcionan a través dunha agulla imantada, e que podemos fabricar un imán con electricidade.
Estivo xenial!
Volvede cando queirades!

miércoles, 4 de febrero de 2009

ERUPCIÓN INMINENTE

Con este nome presentaban hoxe na Biblio o seu experimento os nenos e nenas de sexto curso.
Aforo completo!
(Vamos ter que cambiar a disposición dos mobles para realizar estas experiencias, pois no recuncho que tiñamos habilitado, xa non cabemos).
Como nos dicían estos grandes científicos, unha reación química sinxela. Cando o vinagre e o bicarbonato se mesturan, producen moitas burbullas diminutas de gas. Se ademáis lle poñemos cor, ... Tremenda erupción!!
Xenial!, Gustounos moito!.
Se a algún ou algunha se lle ocorre facelo na casa, pedide primeiro permiso,... non vaia ser o caso que enchamos a casa de "lava volcánica".

sábado, 29 de noviembre de 2008

XOGANDO A APRENDER COA CIENCIA

Estas semanas @s nen@s de sexto e os seus mestres andan a argallar experimentos e pequenos inventos xogando a aprender coa ciencia. Coas distintas fontes de enerxía , coa luz e o son foron amañando distintos aparellos e argallando os seus inventos. Comprobaron a propagación, reflexión e refracción da luz. A mestura de cores que forman a luz branca. Nos inventos chegaron a facer un coche eléctrico con material reciclado. Os compañeiros chamáronlle o Renault 28.

Se queres escoitar os vídeos, tes que pulsar en play. Pero antes vai ao artigo do mago (baixa pola páxina) e fai clic encima do altavoz que aparece enriba das fotos(do mago).

miércoles, 26 de noviembre de 2008

EXPERIMENTAMOS COA LUZ

Hoxe, como último mércores de mes, tivemos sesión de experimentos.
Viñeron os nenos e nenas de Sexto A a presentarnos algunhas cousiñas que eles mesmos descubriron sobre a luz: Como se propaga?, De que está composta?, Como se descompón?,... e algunhas cousas que se poden facer con luces e sombras, como as "sombras chinesas".
O certo é que foi moi interesante, e non cabiamos na Biblio.

sábado, 15 de noviembre de 2008

EXPERIMENTANDO CON ELECTRICIDADE

O alumnado de sexto reunímonos no laboratorio para presentar aos demais compañeiros as nosas experiencias sobre circuitos e electromagnetismo. Construimos electroimáns e comprobamos as distintas aplicacións que ten na vida cotiá. Co material que quedou, dos tempos que había ESO no centro, amañamos un vello xerador para probar os nosos circuítos de lámpadas, muíños, zumdadores, etc.
A electricidade respetámola, paro xa non nos é tan estraña.

miércoles, 5 de noviembre de 2008

EXPERIMENTANDO NA BIBLIO

Hoxe iniciamos as sesións de experimentos dos mércores na biblio. Cada final de mes teremos unha experiencia relacionada con algún campo da ciencia, que nos amosará algún mestre ou alumn@ do centro. Hoxe era a primeira: A gravidade, a densidade da auga e un principio que di que, "todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ao peso do fluido desaloxado". Este principio leva o nome do científico que o enunciou, Saberedes quen foi??
Pista: É un dos personaxes elixidos por algúnha das aulas do Centro.



Agora tócavos a vós!!
Preparade un experimento e amosámosllo ao resto de nenos e nenas do cole