Mostrando entradas con la etiqueta samain. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta samain. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de octubre de 2025

SAMAÍN: EXPOSICIÓN DE CABAZAS

 Polo Samaín e, grazas á colaboración das familias, os nosos corredores enchéronse de cabazas decoradas ,moitas delas inspiradas na temática do mar, proxecto deste curso no noso cole.

🎞️ Así tamén, como cada ano, participaron na realización das curtametraxes que visionamos todos xuntos.
📚Nesta ocasión, tamén os contos foron protagonistas .O alumnado colleu entradas para desfrutar ,por quendas , da narración de lendas sobre o mar , seres mitolóxicos, piratas ou barcos fantasmas...
🍩Pola súa banda, a anpa agasallou ao alumnado con rosquillas.
🎭 Para rematar a mañá, fixemos un gran desfile de disfraces e pechamos a celebración bailando.
👻Un de moita festa e pouco medo!



jueves, 31 de octubre de 2024

CURTA DO PROFESORADO

 Aquí vai a curta de medo dos profes para o festival de Samaín! #ceipreboreda




miércoles, 30 de octubre de 2024

CELEBRAMOS O SAMAÍN

 Un bo Samaín precisa de traballos manuais. Empezamos!!!




lunes, 21 de octubre de 2024

FESTIVAL DE CURTAS

 Un ano máis xa está o noso Festival de Curtas. Non teñas medo e participa!!!



jueves, 2 de noviembre de 2023

ASÍ FOI O NOSO SAMAÍN

 Onte vivimos unha celebración diferente da víspera do Día de Todos os Santos. Seguindo as fermosas tradicións de lembranza e celebración da cultura mexicana, fixemos entre todos un altar alegre e cheo de cor . Para iso organizamos uns obradoiros nos que o alumnado podía facer papel picado, flores de papel, máscaras, grilandas, marionetas, portacandeas,unha alfombra de sal...Unha vez rematados enchemos o altar coas súas creación e sentamos ao redor para escoitar xuntos

" Recuérdame" . Un día para lembrar e festexar.



martes, 31 de octubre de 2023

OS PROFES TAMÉN DAN MEDO...

Hoxe celebramos o V FESTIVAL DE CURTAS DE SAMAÍN no cole! Por quinto ano consecutivo esta sesión de cine, tan especial, temos que agradecérvola a todas as familias que colaborades nas actividades que propoñemos dende o centro! Este ano, os profes, quixemos aportar tamén a nosa curta de terror!

Premede na imaxe!!!



lunes, 30 de octubre de 2023

FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis xa podedes participar no Festival de Curtas de Medo.


E ademais...





viernes, 5 de noviembre de 2021

III FESTIVAL DE CURTAS: "PELÍS PUBLICADAS"

 Un ano máis o noso festival de curtas foi un éxito e xa vimos todas as pelís.

Agora tócanos compartilas con vos.

Na aula virtual da páxina web do centro tedes as pelís, non vos esquezades de pasar por alí para velas.



miércoles, 13 de octubre de 2021

VOLVE O NOSO FESTIVAL DE CURTAS

Cámara, luces e acción. Lede ven as bases e a grabar!!!

miércoles, 4 de noviembre de 2020

TEMPO DE SAMAÍN

 A pesar de todas as limitacións e contratempos producidos pola Covid, dende o noso centro seguimos apostando por darlle a maior normalidade posible a nosa práctica educativa e nesta non poden faltar as celebracións.

Un ano máis e con todas as precaucións e medidas de seguridade, celebramos o samaín:


E tamén o Magosto:



lunes, 2 de noviembre de 2020

VISITA AO CEMITERIO DOS EIDOS

 Dentro das actividades de celebración do Samaín, o alumnado de sexto participou na visita guíada ao Ceminterio Histórico dos Eidos.

Foi unha visita moi interesante onde aprendemos unha chea de cousas.



sábado, 31 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS: VÍDEOS PRESENTADOS

 É chegou o día de Samaín e con el o noso festival.

Estamos non contentos coa vosa participación e encantados pola calidade dos vosos traballos.

Pasamos medo e moita risa.

Grazas a todos por participar. No seguinte enlace tedes as curtas participantes.


 

 

lunes, 26 de octubre de 2020

II FESTIVAL DE CURTAS DE MEDO

 Un ano máis volvemos celebrar o noso festival de curtas de medo. 

Usade o móvil, tablet ou cámara para facer unha pelí de medo en familia. A súa duración máxima será de tres minutos e se entregará aos titores nun pen drive.

O vindeiro día 30 de outubro faremos o visionado das vosas curtas.

Ánimo! Estamos desexando ver as vosas actuacións.



viernes, 8 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 5º ENTREGA

Rematamos o noso ciclo de curtas de medo.
Moitas grazas a todos por participar e noraboa polo traballo feito!!
O próximo ano máis!

PELÍCULA PAULA



A CASA


UNHA NOITE TRANQUILA

jueves, 7 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 4ª ENTREGA

Nova entrega dos vosas curtas.
Que medo!!!

OS VAMPIROS


CORTO BREO


LA MUERTE
 

miércoles, 6 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS, 3ª ENTREGA

Novas películas do noso festival de curtas:

AS CATRO AVENTUREIRAS


 JESSICA DE REBOREDA  



 QUEDAMOS?

lunes, 4 de noviembre de 2019

FESTIVAL DE CURTAS SAMAIN, 2ª ENTREGA

Nova entrega do festival de curtas do CEIP REBOREDA.
Hoxe temos:

 A CASA DO TERROR 

 

AS CATRO AVENTUREIRAS

ATAQUE ZOMBIE



Seguide atentos! Mañá máis!

miércoles, 30 de octubre de 2019

Os nosos medos

Estes son os nosos medos.
 Cales son os vosos?

FESTIVAL DE CURTAS DE SAMAÍN, 1ª ENTREGA

Para celebrar o Samaín, dende o equipo de Biblioteca e Normalización Lingüísitca organizamos o primeiro festival de curtas de medo do CEIP REBOREDA. As curtas que nos chegaron foron estupendas e descubrimos que estamos rodeados de verdadeiros artistas. Imos ir publicando as curtas para que poidades desfrutades delas unha e outra vez. Comezamos cos tres que máis nos gustaron:

 MATÍAS E ROQUE VISITANDO O CEMINTERIO DOS EIDOS

  

A NENA DA CURVA




NOITE NO CAMPOSANTO