Mostrando entradas con la etiqueta ong. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ong. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de diciembre de 2011

10 DECEMBRO-DEREITOS HUMANOS

63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

jueves, 28 de octubre de 2010

GOTAS PARA NIGER

Este ano no Centro estamos a traballar o tema da "AUGA" e non podemos olvidar que somos uns privilexiados.

Nunha grande parte do noso planeta non teñen auga potable suficiente para sobrevivir. Dende algunhas ONG´s traballan para que este dereito humano básico, o acceso a auga potable, chegue ao maior número de seres humanos.


"Gotas para Níger", é unha campaña educativa de UNICEF que pretende dar a coñecer a importancia da auga e a súa relación coa supervivencia infantil e como dereito humano básico que debemos respetar e valorar. A través desta iniciativa coñecemos a situación dun dos países máis pobres do mundo no que só un 46% da poboación ten acceso a auga potable.

Un 70% do planeta é auga!

Como é entón posible esto???

martes, 19 de octubre de 2010

"ABUELA GRILLO"

"Educación sen Fronteiras", danos a coñecer este fermoso vídeo sobre o consumo responsable da auga. Adaptado dun mito "Ayoreo" e realizado entre Dinamarca e Bolivia e dirección francesa, é un auténtico traballo intercultural.
Prestade moita atención!
E logo, comentádenos o que vos parece!

Coñecemos o vídeo a través de: As Zocas Faladoras