Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de octubre de 2017

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Dende o blog das bibliotecas escolares compartimos o lema para este curso:

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 
 

domingo, 11 de marzo de 2012

MARZO DE BANDA DESEÑADA

No noso Centro, somos moitos os aficionados ao CÓMIC, tanto que, na nosa biblio temos un fondo editorial de cómic bastante interesante.
Pois chicos e chicas, chéganos dende as Bibliotecas Municipais de Redondela un "Baúl Viaxeiro" cheiño de cómics: para nenos e tamén para adultos. Pasou xa por outros tres Coles, e agora é o noso turno. Durante este mes de marzo, terémolo todiño para nós.
A partir do luns 12 poderedes collelos en préstamo durante o recreo.
E se na casa, papás, mamás, tíos, ... tedes algún familiar aficionado aos cómics avisádelle que poderán tamén collelos en préstamo. Lede con atención a notiña que levades do Centro.
Hai que aproveitar e disfrutar da súa lectura!

domingo, 23 de octubre de 2011

24 OUTUBRO
DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES

jueves, 20 de octubre de 2011

AS BIBLIOTECAS DE REDONDELA

Un ano máis as Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela reunímonos coa intención de organizar actividades conxuntas, de compartir materiais, e colaborar no posible. Nesta ocasión o anfitrión foi o Cep Santa Mariña de Redondela, con María ao frente. Grazas pola vosa invitación!. Teñen unha biblioteca moi chula!.
Oidas as propostas, e despois de moito pensar e debatir, chegamos a algunhas conclusións interesantes, que iremos desvelando pouco a pouco.

domingo, 10 de abril de 2011

ENCONTROS PLAMBE

Este xoves 7 e o venres 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.

Ao igual que os anos anteriores: IMPRESIONANTES.

Con relatores como Mónica Baró, Teresa Mañá,...; experiencias de bibliotecas galegas; traballos ao redor do cine, da banda deseñada, ...; e para rematar e pechar os Encontros as palabras experimentadas dun grande da nosa literatura: Xosé Neira Vilas.

Que máis se pode pedir??

Agradécese ter a posibilidade de poder compartir cos compañeiros doutras bibliotecas escolares as experiencias ao redor dos libros, a lectura,... a aprendizaxe en xeral.

Canto se aprende!!

Se queredes consultar os materiais dos distintos relatores e experiencias facede clic na imaxe, e entrade como convidados.

martes, 2 de noviembre de 2010

LIBROS QUE VEÑEN E VAN

Con motivo do mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES-OUTUBRO, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares chegáronnos estas chulísimas bolsiñas para os máis peques (Educación Infantil).
Agora xa podemos traer e levar os nosos libros para a "Hora de Ler".

PEQUESREBOREDA (Pasade polo seu blog)



miércoles, 20 de octubre de 2010

UNHA INCRIBLE COMUNIDADE EDUCATIVA

A través do blog da Biblioteca Escolar Victor Sáenz, coñecemos este incrible vídeo dun cole de Tenerife. Polo visto chámanlle LIPDUB e está moi de moda.
Quen dixo, Festival Fin de curso??
Guau!
350 alumnos, mestres, persoal cociña, limpeza, ...

martes, 12 de octubre de 2010

UN CONTO CHEO DE FUTURO

Dende "Trafegando Ronseis" recibimos este vídeo que a Biblioteca Central de Helsinki vén de distribuír, onde, coma un conto, explica como foi medrando o país até chegar ao proxecto de construción da Biblioteca Central, un centro de cultura, entretemento, ocio e traballo, pensado para recibir máis de cinco mil visitas cada día. Unha biblioteca que é o tronco dunha árbore e as súas pólas son as actividades do pobo.

domingo, 10 de octubre de 2010

OUTUBRO: MES DAS BIBLIOS

MES INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

miércoles, 6 de octubre de 2010

COMEZO LECTURA SILENCIOSA: GÚSTACHE LER?

Mañá xoves comezamos o horario do Programa de Lectura silenciosa sostida. Esos 20 minutos de lectura conxunta todo o centro. Levaban tempo xa os nenos e nenas preguntando cando empezabamos, pois mañá.
E para que o primeiro día teñades libros abondo onde elixir, entre onte e hoxe os bibliotecarios de quinto e sexto estiveron repartindo polas aulas as caixas viaxeiras, que con tanto agarimo construistes.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DESAS E OUTRAS LECTURAS!
E logo podedes recomendarnos algunha delas.
Pero, non somos os únicos que lemos!!
Chegábanos ao final do pasado curso este vídeo dende a Biblioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio (Cambre): "Esta canción sóame dalgo... pero tal vez me guste máis a adaptación para unha campaña de fomento da lectura que se fai desde os Estados Unidos... Que vos parece?"

jueves, 20 de mayo de 2010

POEMAS CON FORMA

Dende o CPI Progreso de Catoira chégannos estos versos con formas:

miércoles, 19 de mayo de 2010

TEMPO DE ELEXÍA

A través do Ies Poeta Díaz Castro Guitiriz coñecemos este vídeo.

martes, 18 de mayo de 2010

FOLLARASCA

Dende as Bibliotecas do Ies Pedra da Aguía e do Ies de Fene chéganos esta "follarasca".


viernes, 7 de mayo de 2010

XUNTANZA BIBLIOTECARIA

As coordinadoras das Bibliotecas Escolares e Municipais de Redondela vimos de reunirnos e falar para comezar xuntos un novo camiño.
Unha tarde chea de esperanzas, na fermosa Biblio do Ceip Alexandre Bóveda, que veremos comezar a materializarse no comezo do próximo curso.
No día de onte=Moita ilusión

miércoles, 21 de abril de 2010

PARA QUE LES?

Pensando na celebración do día 23 de Abril, Día Internacional do Libro, e partindo dunha iniciativa da ONG Implicadas no Desenvolvemento (IND) (http://implicadas.blogaliza.org), xunto co IES de Fene e o Ceip Milladoiro de Malpica e coa colaboración do groso das Bibliotecas Escolares Galegas, xurdiu esta proposta:
PARA QUE LES?
Na que persoas do mundo deportivo, periodístico, político, ... dos Centros, ... comparten con nós as súas experiencias lectoras máis íntimas.
Aquí vos quedan algunhas!
E ti, PARA QUE LES?

O noso especial agradecemento a Olga, Loli, Charo (non sei se me olvido de alguén) e por suposto a Jaime Eizaguirre, artífice dos deseños e ilustracións.

sábado, 23 de enero de 2010

DÍA DA PAZ NAS BIBLIOS

Son moitas as biblios que fixeron unha maravillosa recompilación de recursos ao redor do Día da Paz. A nós gústanos moito a páxina que o blog da biblio do Ceip Mestres Goldar de Vigo (O Recanto de Mik) ten adicada a recursos para este día, sen dúbida un gran traballo, grazas por compartilo.

domingo, 13 de diciembre de 2009

O NADAL NO MUNDO

Sabedes quen é o "Apalpador"?
"Contan as lendas que nas devesas das montañas de Lugo vive un xigante..."
Fai clic na imaxe para ler o conto de Xoán G. da Editorial Biblos.
(Paciencia ao mellor tarda un pouquiño)
Algunhas bibliotecas escolares galegas levan meses investigando este personaxe tan relacionado co Nadal nas terras Luguesas. Estade atentos a este outro conto para saber un pouco máis. (Facede clic enriba da imaxe para ler esta outra versión do conto da editorial Barafunda)

Pero, ben sabemos que en distintas partes do mundo vívense estas festas de moi distintas maneiras. Dende o Ceip Frián de Teis (Vigo), elaboraron un traballo impresionante ao redor destos personaxes tan distintos, que tanto teñen en común. Botade un ollo!. Facede clic enriba da imaxe e leredes e escoitaredes as súas lendas, xogaredes cos personaxes, ...

Moitas Grazas Frianciño!!

jueves, 2 de abril de 2009

HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Consultando outros blogs bibliotecarios topamos en:
  • "Bibliotecadocole" do Ceip Quintela de Moaña, un vídeo que relata brevemente a vida de Hans Christian Andersen, recordades, o autor a quen está adicada esta data.

  • "Raioteca", o blog da Biblio do Ceip de Andrade, que fixeron un xogo moi chulo, para comprobar os coñecementos que tedes sobre o autor homenaxeado, Hans Christian Andersen.

Podedes entrar nos seus blogs e facer algún comentario!!

viernes, 24 de octubre de 2008

HOXE CELEBRAMOS

Si, hoxe día 24 de Outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares:
  • Contacontos para Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.
  • Lectura do conto: "León de Biblioteca", un fermoso álbum ilustrado de Michelle Knudsen. Cunha marabillosa historia sobre un león na Biblioteca.
  • Agasaio do Marcapáxinas de Margarida a todo o que entrou na Biblioteca.
  • Álbum de cromos e primeiro lote de cromos da campaña "Hora de ler: Leo porque me peta", para o primeiro e segundo ciclos de Primaria.
  • E a colaboración de todos os nenos e nenas do cole dicíndonos cal é o seu libro favorito.



jueves, 23 de octubre de 2008

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Mañá venres 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. No noso Centro tamén.

Polo de agora estamos a facer un pequeno mural co nome dos contos ou libros que máis nos gustaron ao longo da nosa vida; E outro cos dereitos do lector que o escritor Daniel Pennac deu a coñecer no seu libro "Como una novela".

Para mañá,...

algunha que outra sorpresa máis, sobre todo para os máis pequenos.

Ata mañá!!!!