Mostrando entradas con la etiqueta concurso adiviñas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso adiviñas. Mostrar todas las entradas

lunes, 26 de diciembre de 2011

AGASALLOS LECTORES

Chegadas estas datas sempre agasallamos a aqueles alumnos que pola súa participación nas actividades organizadas, as súas visitas á biblio ou o número de préstamos do trimestre, consideramos merecen un pequeno cariño.
Neste trimestre en concreto levamos a cabo o 4º concurso de adiviñas, na que a gañadora foi: Arrieta, seguida moi de cerca de outros tres compañeiros, porque a cousa estivo moi disputada.
Recordade que no segundo trimestre seguiremos aquí....
Con máis propostas.....

lunes, 19 de diciembre de 2011

lunes, 12 de diciembre de 2011

ADIVIÑA Nº 6

Ánimo muchach@s, que xa estamos chegando ao final e isto vai sobre rodas, mellor dito... isto vai sobre contos!!!

Eiquí vos deixamos unha nova adiviña, probade sorte que o concurso xa remata.

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA Nº 5

Vaia, vaia canto saben estes pequech@s da escola de Reboreda!!!

Nesta ocasión puxéstedes a Margarida nun apreto, xa que Margarida pensaba que era unha cousa e todos vos pensastedes noutra e todos tiñades razón por iso, nesta ocasión teremos que dar por verdadeiras as dúas solucións. Por iso seguro que esta semana temos unha chea de gañadores. Noraboa a tod@s!!!




lunes, 5 de diciembre de 2011

domingo, 4 de diciembre de 2011

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA - 4


Vaia, vaia, pero que ben o facedes, sodes todos uns expertos investigadores.
Eiquí déixovos a solución da adiviña número 4.

lunes, 28 de noviembre de 2011

ADIVIÑA Nº- 4

Vexo que xa sodes todos uns expertos investigadores no mundo das adiviñas. Por iso unha semana máis quero deixarvos un novo acertixo. Atentos, atentos... seguro que algún de vos coñece a esta personaxe tan branca.

domingo, 27 de noviembre de 2011

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA-3

Fixádevos nas fotos, o mesmo vos dan unha pista para futuras adiviñas.
Non vos soan de algo?

lunes, 21 de noviembre de 2011

ADIVIÑA 3

Nesta nova semana, Margarida quere sorprendernos cunha nova adiviña. Atentos ás pistas e veredes que é moi doado atopar a resposta.

domingo, 20 de noviembre de 2011

SOLUCIÓN Á ADIVIÑA 2

Como foi esta semana con esta nova adiviña, seguro que tod@s descubristedes cal era a solución correta.
Se queredes ver a clasificación botade unha ollada na barra lateral, OS NOSOS RECUNCHOS, "Concurso de Adiviñas". E, ánimo que aínda quedan moitas adiviñas por acertar.
MOITA SORTE!

lunes, 14 de noviembre de 2011

domingo, 13 de noviembre de 2011

lunes, 7 de noviembre de 2011

CANTAS ADIVIÑAS EN CONTOS

Un outono máis chegou a escola de Reboreda o tan esperado Concurso de Adiviñas. Nesta ocasión teredes que abrir ben os ollos e buscar e buscar entre as follas dos contos de Margarida cales son as respostas a estas peculiares adiviñas. Pista: As solucións van estar todas elas relacionadas con personaxes e obxectos dos contos.
Xa sabedes pero vóuvolo recordar nunha ocasión máis. Para poder concursar teredes que contestar a través do blog da bibio e deixar os vosos comentarios en cada unha das adiviñas, pero non esquezades deixar o voso nome e o voso curso cada vez que deades unha resposta para poder contabilizar os vosos acertos, xa que ao final, coma sempre, Margarida seguro que ten un gran agasallo para todos os campións.
Ánimo e boa sorte a tod@s!!!

sábado, 18 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS: SOLUCIÓN 8

SOLUCIÓN 8

No mar non me mollo
Nas brasas non me queimo
Do aire non caio
E, se te fixas ben, tamén me tes nos teus brazos.

A LETRA A

BUENO CHICOS E CHICAS, FANTÁSTICO!

O CONCURSO ESTÁ REMATADO.
VISTES A CLASIFICACIÓN?
OS AGASALLOS O MÉRCORES 22 DE DECEMBRO.

lunes, 13 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS 8


CON ESTA ADIVIÑA REMATAMOS O CONCURSO, ASÍ QUE ATINADE BEN.
MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.


ADIVIÑA 8
No mar non me mollo
Nas brasas non me queimo
Do aire non caio
E, se te fixas ben, tamén me tes nos teus brazos.

sábado, 11 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS:SOLUCIÓN 7


SOLUCIÓN 7

Un pirata atopa un cofre do tesouro nunha illa. No cofre pechado hai un cartel que pon: "Se queres abrirme terás que atopar unha suma con tres cifras exactamente iguais que dan como resultado o 24". O pirata, moi listo, marcou o 8, pero ese non era. De que números se trata?

Na adiviña pídense cifras e non números. As cifras son 22+2=24




lunes, 6 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS 7


ADIVIÑA 7
Un pirata atopa un cofre do tesouro nunha illa. No cofre pechado hai un cartel que pon: "Se queres abrirme terás que atopar unha suma con tres cifras exactamente iguais que dan como resultado o 24". O pirata, moi listo, marcou o 8, pero ese non era. De que números se trata?

sábado, 4 de diciembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS: SOLUCIÓN 6


SOLUCIÓN ADIVIÑA 6

Un río conxélase cunha capa fina, un home decide crúzalo tumbado e non de pé. Por que?


Porque cando unha persoa se tumba, o seu peso non cambia pero a superficie de apoio aumenta e o peso en cada parte do xeo é menor .


lunes, 29 de noviembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS 6


ADIVIÑA 6

Un río conxélase cunha capa fina, un home decide crúzalo tumbado e non de pé. Por que?


sábado, 27 de noviembre de 2010

CONCURSO ADIVIÑAS:SOLUCIÓN 5

SOLUCIÓN ADIVIÑA 5

Tes un contenedor de 5 litros de auga e outro de 3. Tes que encher catro litros exactamente, como o farás?


Encho o de 5 e baleiro no de 3, tiro esa e boto os dous que teño. Volvo a encher o de 5. Agora acabo de encher o de 3, onde xa teño dous litros, polo tanto, so saco 1, deixando 4 no contenedor.