Mostrando entradas con la etiqueta apertura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta apertura. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de octubre de 2020

ACTIVIDADES DE REAPERTURA DA BIBLIO: NOVOS LECTORES

 Como ven sendo habitual a reapertura da biblio ven acompañada da entrega de carnets ao novos lectores que comezan primeiro e xa poden usar a biblioteca de xeito autónomo.

  Como este ano é un pouco especial, Margarida fixo unha visita virtual dende as aulas a nosa biblioteca.

 

miércoles, 5 de octubre de 2016

XA ESTAMOS ABERTOS

A nosa biblio xa está aberta e Margarida está desexando vervos a todos.

 En breve publicaremos as normas de uso deste espazo. Vinde, lede e disfrutade. Un curso novo cheo de aventuras e fazañas nos agarda.

 ADIANTE SUPERHEROES E SUPERHEROÍNAS QUE AS LECTURAS VOS ACOMPAÑEN!!!

domingo, 27 de octubre de 2013

Día das bibliotecas...Así o celebramos!

Comezamos coa visita dos nenos e nenas de primeiro que tras ver a curta "Os fantásticos libros voladores", recibiron o seu carnet da biblioteca e unha piruleta de Margarida, a nosa mascota. Ollade que ben o pasaron!





O resto da mañá, unha sorpresa interrompeu as clases, a visita de Margarida, que viña con agasallo engadido: as mochilas viaxeiras e un marcapáxinas!


 Durante o recreo unha morea de libros sobre o samaín saíron ao patio, todos os venres teremos os BIBLIOPATIOS!




domingo, 17 de octubre de 2010

APERTURA BIBLIO

martes, 6 de octubre de 2009

APERTURA BIBLIOTECA

Hoxe comezamos un novo curso bibliotecario.
Os nenos e nenas de quinto e sexto que son os verdadeiros bibliotecarios, levando o servizo de préstamo, asesorando aos nenos nas súas lecturas, selando os libros, facendo as súas fichas, .... e moito máis, que pasaron todo o mes de setembro preparándose para días como hoxe cumplir cos nosos usuarios.
Uf!! , moita xente. O feito de que chovera seguro que influiu, pero, certo é que todos estabamos desexando que abrira xa. Cada cousa no seu momento, non si??
Animádevos e pasade pola Biblio, seguro que levades unha grata sorpresa!!
Pero, ollo!!, Sempre cumplindo as Normas
Consultade a carta que vos enviou Margarida, para saber tamén que día podedes levar libros en préstamo.
E traede o voso Carné de Lector.

viernes, 5 de octubre de 2007

ABRIMOS AS NOSAS PORTAS

O próximo luns día 8 de Outubro, abrimos por fin as portas da Biblioteca en horario de recreo. Despois de moitos cambios na estructura, mobiliario e distribución dos espazos, xa estamos listos para que pasedes a coller libros en préstamo.
Sabedes que día podedes levar libros?
Mirade o correo de Margarida. Dentro do sobre vai tamén o horario da Biblio.
Esperámosvos!!!!!