Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta novidades. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de marzo de 2011

QUEREMOS POESÍA

Recordades o obradoiro de escrita creativa que fixemos aínda non hai moito?
Os nenos e nenas que participaron do obradoiro, escribiron rimas, poemiñas, ... poesía.
Pois aquí tedes unha novidade editorial de xerais en relación coa poesía:
O MEU GATO É UN POETA. Fran Alonso.
O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir unha proposta poética fresca e divertida. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto grazas á mestura de distintas artes e amplia ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndolles abordar novas dimensións e agrandando a súa percepción sensorial.
A música das seis cancións do CD é de Xurxo Souto. O meu gato é un poeta conta tamén con web propia http://www.gatopoeta.net/. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poemas, información sobre o libro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cuestionarios con respostas…

domingo, 24 de octubre de 2010

ALGUNHAS NOVIDADES

"DIARIO DE GREG". Jeff Kinney. Molino.
Coñeceremos a Greg a través das hilarantes e tenras desventuras que narra e ilustra na súa libreta.
Atentos, porque hoxe, 22 de outubro chega ao cine en España a película baseada na serie de libros de Greg.



"OULEMBE EL ZAHORÍ". Joan de Deu Prats. Intermón Oxfam.
Oulembe é un neno que vive na estepa africana e o seu pai é o zahorí do pobo, é dicir, a persoa encargada de localizar a auga nun pobo onde a auga é moi escasa.
Que aventuras nos contará Oulembe?

Visita a páxina do autor


"CAPITÁN VERDEMÁN". Ellie Bethel. Juventud.

Un novo superheroe para un novo mundo!, Afogados nos montóns de lixo, pola pereza e despilfarro dos habitantes da cidade,... chega o Capitán Verdemán, para rescatarnos e demostrar que a reciclaxe é divertida.
O Capitán Verdemán quere salvar o planeta, pero, Necesita a túa axuda!

viernes, 9 de enero de 2009

REAPERTURA

Que tal a volta?
Estabades desexando voltar, non si?
Polo que contastes estos días, moi ben de agasallos, que sei que vos trouxeron moitos libriños, e moitos deles de Ciencia. Margarida está tola de contenta.
Pois, preparádevos, o luns recomezamos, voltamos abrir as portas da Biblio, e estade atentos porque vimos cheos de novidades:
  • Temos xa a volta da esquina o día da Paz.
  • En breve, xa o Entroido. A ver,... de que nos disfrazaremos este ano?
  • Seguiremos traballando ao redor da Ciencia: con experimentos, e outras...
  • Por suposto, nos recreos o préstamo, e os contacontos.
  • E recordade que neste segundo trimestre voltará "Margarida Quere Saber".
  • E algunha outra sorpresiña que todavía non podemos desvelar.

Benvidos a tod@s!

Vémonos o luns!

sábado, 9 de febrero de 2008

NOVIDADES

Como empezastes a ver esta semana, na entrada da Biblio colocamos unha mesa para expoñer todos esos libros novos que van chegando. Tedes que pasar e curiosear, seguro que atopades o voso libro especial, ese que vos vai facer soñar e imaxinar, ver e crer, ... pedídelle consello aos bibliotecarios, eles poden axudarvos na vosa busca.