Mostrando entradas con la etiqueta fomento lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fomento lectura. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de abril de 2021

FICCIÓN EXPRESS

 Xa estamos de volta, con moitas ganas e cheos de novidades.

A primeira que vos queremos contar é que os sextos están probando a plataforma de lectura online Ficción Express. 

É unha plataforma de lectura interactiva creada para mellorar a competencia lectora a través da participación. Cada 8 semanas se publican 3 libros diferentes por capítulos e dirixidos a tres etapas educativas distintas (terceiro ciclo de primaria, 1º e 2º da ESO e 3º e 4º da ESO). Os lectores poden participar na toma de decisións sobre como continúa a historia a través dos seus votos e falando cos escritores.

Un xeito moi atractivo de ler e achegarse á literatura dun xeito dinámico e moi participativo.


jueves, 12 de noviembre de 2015

María e Sergio de 3º B recomendan...

María e Sergio xa estrearon a súa conta de gomets na carteleira da biblio. Ademáis queren recomendarvos os libros que leron.
 "Collín este libro porque a miña irmá colleuno antes e ás veces o lia na casa, entón o collín para probar.
O libro é interesante, gracioso e divertido. Poríalle de nota un 10.
Penso que lle pode gustar aos nenos e nenas aos que lles gustan os libros de aventuras interesantes e divertidas"
María


"Collín este libro porque me encanta o nadal.
O libro é divertido, gracioso e misterioso. Poríalle de nota un 10.
Creo que lles pode gustar aos nenos e nenas aos que lles gustan os libros de humor".
Sergio

jueves, 24 de febrero de 2011

MOCHILAS LISTAS

Preparadas ao fin!
Traballiño costou, pero xa,...
Con estas mochilas, agasallo da Asesoría de Bibliotecas, tentamos animar ás familias a compartir momentos de ocio, lendo, curioseando, vendo cine, xogando no ordenador, escoitando música,...
Cada aula terá a súa propia Mochila Viaxeira, que irá rotando polos compañeiros de clase. Dentro da mochila tedes ademáis dos distintos materiais, unha libretiña onde ir facendo as vosas propias aportacións: opinións, suxerencias,... algún debuxo.
Esperamos que vos gusten moito e que as disfrutedes!

miércoles, 23 de febrero de 2011

OES, EU LEO!

OES, EU LEO! é un proxecto piloto dirixido a lectores de idades entre os 10 e os 12 anos dende a Xunta de Galicia. O obxectivo é incentivar a curiosidade dos rapaces a través da audición co fin de conseguir a posterior lectura autónoma da obra. Hai estudos que mostran que a lectura autodeterminada xoga un papel importante á hora da condución cara á evolución dun interese e un gusto propio na lectura para toda a vida.
Fomos escollidos xunto con outros 59 centros de toda Galicia para poñelo en marcha e ver os resultados acadados.
Tivemos unha primeira sesión onde unha monitora puso en marcha a experiencia cun dos cursos de quinto, agora, tócanos a nós continuar.
Polo de agora, cando menos, distinto e interesante... Dispoñer das grabacións desos primeiros 15 minutos de dez obras distintas da literatura infantil galega é todo un luxo. Seguiremos vendo a evolución!!

miércoles, 6 de octubre de 2010

COMEZO LECTURA SILENCIOSA: GÚSTACHE LER?

Mañá xoves comezamos o horario do Programa de Lectura silenciosa sostida. Esos 20 minutos de lectura conxunta todo o centro. Levaban tempo xa os nenos e nenas preguntando cando empezabamos, pois mañá.
E para que o primeiro día teñades libros abondo onde elixir, entre onte e hoxe os bibliotecarios de quinto e sexto estiveron repartindo polas aulas as caixas viaxeiras, que con tanto agarimo construistes.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES DESAS E OUTRAS LECTURAS!
E logo podedes recomendarnos algunha delas.
Pero, non somos os únicos que lemos!!
Chegábanos ao final do pasado curso este vídeo dende a Biblioteca "O bosque animado" do IES Afonso X O Sabio (Cambre): "Esta canción sóame dalgo... pero tal vez me guste máis a adaptación para unha campaña de fomento da lectura que se fai desde os Estados Unidos... Que vos parece?"

domingo, 28 de febrero de 2010

SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA

"A CIDADE"
7 de Febreiro ao 14 de Marzo
Non vos despistedes, todavía quedan moitas actividades:
  • De mércores a domingo- Contacontos, títeres, musicais,..
    Exposicións- no Pazo da Cultura, na Biblioteca Municipal, na Galería Sargadelos.
  • Obradoiros- Escoita, construcción títeres, animación á lectura, ...
Aproveitade as tardes, ou os fins de semana, ... non vos arrepentiredes!
Facede clic na imaxe para visitar a súa web e poñervos ao día das actividades que vos interesan, o día e a hora.

lunes, 31 de marzo de 2008

XA SABEMOS LER

Os nenos/as de 5 anos estamos aprendendo a ler. Gústannos moito os contos por iso todos os venres imos á biblioteca e escollemos un conto para levalo para casa. O luns, despois de falar un pouco sobre o fin de semana, un de nós conta o seu conto.
Despois imos para a mesa e cubrimos a ficha da biblioteca. Alí poñemos o título do noso conto, debuxamos o que máis nos gustou e despois contestamos a unhas preguntas moi sinxelas.
Xa somos uns espertos facendo a ficha da biblioteca e facémola sós.
Ademais, na nosa clase temos unha biblioteca chea de libros, de monicreques e dos nosos libros de creación propia. Temos un libro viaxeiro que fixemos no outono recollendo receitas de castañas, tamén temos un conto dun pirata que fixemos con outros coles e contos que facemos nós na casa e traemos para a biblio.
Pero na nosa biblioteca non só lemos, tamén escribimos e pintamos nos nosos cadernos da hora de ler. Cada un ten o seu e pode facer nel o que lle apeteza.
E así, pouco a pouco, xogando, imitando, traballando, e, por riba de todo, divertíndonos imos aprendendo a ler.


viernes, 18 de enero de 2008

HORA DE LER

Seguindo coa campaña de fomento da lectura "Hora de ler" os nenos e nenas de educación infantil seguen a traballar arreo cos contos.