Unha das
capacidades máis singulares e importantes das persoas é a de comunicarnos. Para
isto, empregamos desde sistemas como os xestos, os bailes, as cancións, as
poesías… ata outros tan complexos e completos como as linguas.
No
cole de Reboreda somos conscientes desta valiosa habilidade e, por iso, estamos
a aprender un montón de idiomas: galego, castelán, inglés e un que vos vai
sorprender: lingua de signos (bimodal). Esta é a que vemos nunha esquina da
pantalla da tele cando nos explican como votar, ou nalgúns programas de
noticias… É moi práctica xa que nos
sirve para falar cando non nos oímos porque hai moito ruído ou para
comunicarnos coas persoas xordas, ou con outras que non poden falar...
Con
todo isto, no noso cole a palabra trilingüe quédasenos curta. Ademais, sempre
estaremos abertos a aprender unha nova forma de comunicarnos porque sabemos que
os idiomas non nos separan senón que nos achegan a máis e máis persoas: ÚNENNOS.
Se
ti tamén pensas coma nós, aprende lingua de signos coas palabras que imos
colgando no noso blog.
Iremos ampliando o noso vocabulario cada mes.
ANIMÁDESVOS??
BIBLIOTECA
5 comentarios:
gustariame recomendarlle a margarida o libro de anxo fariña`A CHAVE DA ATLANIDA´
Lucia: Pareceme estupendo aprender a linguaxe de signo xa que marta ben conmigo o comedor e temos que comunicarnos con ela dia tras dia.
Soraya: Esta chulisimo o tema de a lenguaxe de signos
Está moi ben porque ademais de ser divertido entreteste e podeste comunicar con outras persoas e así ter mais expresión.
Ata a próxima
Me parece muy bien que pongan esto porque asi los sordo mudos sabran comunicarse.
ME GUTA PORQue es bien aprender .
Publicar un comentario