Mostrando entradas con la etiqueta agasallos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta agasallos. Mostrar todas las entradas
lunes, 26 de diciembre de 2011
AGASALLOS LECTORES
Chegadas estas datas sempre agasallamos a aqueles alumnos que pola súa participación nas actividades organizadas, as súas visitas á biblio ou o número de préstamos do trimestre, consideramos merecen un pequeno cariño.
Neste trimestre en concreto levamos a cabo o 4º concurso de adiviñas, na que a gañadora foi: Arrieta, seguida moi de cerca de outros tres compañeiros, porque a cousa estivo moi disputada.
Recordade que no segundo trimestre seguiremos aquí....
Con máis propostas.....
Etiquetas:
agasallos,
biblio,
concurso adiviñas,
lectores,
nadal
miércoles, 22 de junio de 2011
SEGUIMOS DE AGASALLOS
Pero, as entregas de premios continuaron... Que días levamos!!
Recibiron o premio "Da Reboraina" Irene, Laura, Bárbara, Alba Da Silva e Ángel na Categoría A
e na Categoría B, Samuel, Patricia e Aída. Se recordades aló polo mes de abril demos o "Fallo do Xurado". Consultade o artigo.

Fallo do Xurado
Pero durante o curso fixéronse moitas máis actividades e algunhas delas tamén recibiron agasallo:
A tarxeta de felicitación do Nadal realizada por Educación Infantil.
O cartel para o calendario de mesa elaborouno o alumnado de Terceiro ciclo de primaria. O cartel "Da Reboraina" era de Iván de Sexto B.
A portada da revista Bolboreta elixiuse o debuxo de Ana de Sexto A.
E para a contraportada da revista escolleuse o debuxo de Alba de Sexto B.
Etiquetas:
agasallos,
EDNL,
festival fin curso,
premios,
reboraina
martes, 16 de noviembre de 2010
AGASALLO SORPRESA!!!!
martes, 2 de noviembre de 2010
LIBROS QUE VEÑEN E VAN
Con motivo do mes das BIBLIOTECAS ESCOLARES-OUTUBRO, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares chegáronnos estas chulísimas bolsiñas para os máis peques (Educación Infantil).
Agora xa podemos traer e levar os nosos libros para a "Hora de Ler".
Etiquetas:
agasallos,
bibliotecas escolares,
plambe
sábado, 16 de enero de 2010
RETOMAMOS ACTIVIDADES
Que sabemos que despois destos días de tanta festa, comilonas, agasallos,.... e moito máis, un está un pouco despistado!
Alumnos/as de Primeiro curso: Hai que rematar esos albums de cromos, mirade a ver cales vos faltan para enchelo e levar un pequeno agasallo.

- Alumnos/as de Quinto e Sexto: Recordade cubrir o voso cuaderniño de viaxe, en canto cheguedes á metade recibiredes un pequeno detalle, o premio bó ao final.
martes, 22 de diciembre de 2009
AGASALLOS FIN DE TRIMESTRE
Que mellores datas para recoñecer o traballo, dos nosos incansables bibliotecarios; a curiosidade, e sapiencia, dos nosos infatigables participantes do concurso de adiviñas; e como non, a constancia e sabiduría dos nosos visitantes bibliotecarios.
CLASIFICACIÓN CONCURSO ADIVIÑAS
1º Diego Muiños Míguez (1ºB) e Lucas Bouzón Veiga (5ºA)
3º Luis M. Rguez Mtnez. (3ºB) e Sara Álvarez Rguez (6ºA)
MELLORES LECTORES TRIMESTRE
1º Ciclo: Raquel Martínez Gallego (2ºA)
2ºCiclo: Aitana Rguez Míguez (4ºB)
3ºCiclo: Andrea Míguez Collazo (6ºA)
Ánimo e a seguir participando!!
sábado, 3 de octubre de 2009
SEGUIMOS CON MAXIA
"LINGUA MÁXICA"
Este próximo martes 6 de outubro ás 18:00 h. no multiusos da Xunqueira, voltamos ter maxia no Concello de Redondela. Nesta ocasión Chrystian Magic presenta a "Lingua Máxica", un espectáculo de maxia e dinamización lingüística enmarcado no programa BOCABERTA da Consellería.
Segundo nos contan na información que nos chegou, aos cen primeiros van agasallalos cun exemplar do libro "O sorriso de Rosalía".

Etiquetas:
agasallos,
bocaberta,
concello,
dinamización,
redondela
viernes, 19 de diciembre de 2008
QUE MELLOR AGASALLO
Que mellor agasallo que o labor das nosas propias mans. Máis, cando é tan chulo como estos poliños que fixeron os nenos e nenas de segundo curso.
Boas Festas!
e
Felices Agasallos!
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
