Mostrando entradas con la etiqueta visitas aulas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta visitas aulas. Mostrar todas las entradas

martes, 6 de diciembre de 2011

FOLERPAS PARA MARGARIDA

COMO TÓDOLOS VENRES, OS SÍNEFOS VISITAMOS A MARGARIDA PARA PEDIRLLE PRESTADO UN CONTO, QUE LEMOS NA CASA COA NOSA FAMILIA. ENCÁNTANOS ESTE MOMENTO, PORQUE MARGARIDA SEMPRE ESTÁ AHÍ CUN GRAN SORRISO PARA RECIBIRNOS. PERO NESTA OCASIÓN O SORRISO NON SÓ ERA POR ALEGRARSE DE VERNOS SENON PORQUE QUE LLE LEVABAMOS UN PEQUENO AGASALLO PARA QUE DECORASE A BIBLIOTECA. DÉMOSLLE UN SOBRE CHEO DE FOLERPAS QUE FIXEMOS NA AULA CON MOITO CARIÑO E ESPERAMOS QUE LLE GUSTEN.

martes, 11 de enero de 2011

OS PEQUES E MARGARIDA

Os peques do cole imos os venres a visitar a Margarida a biblio e aproveitamos para levar un conto para casa. A medida que imos medrando a nosa visita a biblio, ademáis de para coller un libro, serve para traballar alí, ver contos, investigar un pouco e aprender. Gustamos moitísmo e, agora que algúns comezamos a ler, aínda é mellor. Aquí tedes aos Vincis cubrindo a ficha da biblio onde rexistramos os libros que lemos.

lunes, 9 de marzo de 2009

5 ANOS A RECOMENDA

Margarida ten que seguir o seu camiño, ten que ir de visita a outras aulas, coñecer a todos os nenos e nenas do cole, contarlles contos, xogar con eles,... e moito máis.
Con gran tristura, como en todas as despedidas, deixamos aos nenos e nenas de 5 anos A, "Os Copérnicos".
Pero, que alegría tan grande comprobar o que lles gustan os contos a estos nenos e nenas.
Despois de ver o vídeo seguro que opinades o mesmo.
Averiguastes que libros nos recomendaron "os Copérnicos"??