O pasado curso, co tema da auga, traballamos moito cunha páxina de UNICEF, "GOTAS DE AGUA PARA NÍGER", páxina adicada a concienciar e movilizar a Centros Escolares co obxectivo de apoiar a supervivencia infantil neste país africano.
Despois de todo o traballado o curso pasado ao redor deste tema, seguro que todos temos moi clara a importancia da auga potable na supervivencia e calidade de vida de todos os seres vivos.
E chegou o momento de colaborar! Este venres, dentro do proxecto ARCE, algunhas aulas van organizar un "Mercadillo Solidario", con libros donados por nenos, nenas e mestres do Centro co fin de recaudar fondos para esta campaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario