Mostrando entradas con la etiqueta dia bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta dia bibliotecas. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS

Celebramos o Día das bibliotecas abrindo as nosas dúas bibliotecas, a que xa tiñamos e o novo espazo para educación infantil e primeiro ciclo. 
Aproveitando a celebración deste día, o alumnado de primeiro, que comeza este curso a usar a biblioteca de xeito autónomo fixo unha visita guiada as dúas bibliotecas e ademais fixóselles a entrega dos carnets de usuario. 
Tamén tiveron visitas guiadas os alumn@s de segundo para coñecer o novo espazo. E, por suposto, no recreo deu comezo o servizo de préstamo!

martes, 30 de octubre de 2018

MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA BIBLIOTECA

Os alumnos de 5º e 6º de primaria participan na lectura colectiva de 20.000 leguas de viaxe submarino que se está levando a cabo en Radio Redondela. Pasámolo moi ben e os lectores fixérono xenial.


miércoles, 24 de octubre de 2018

DIA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro  o Equipo de Biblioteca do CEIP REBOREDA  convídanos a celebrar con todo o mundo mundial o Día das Bibliotecas,  Así que non vos esquezades de visitar as bibliotecas que vos rodean e aproveitar para ler a prensa, ver e escoller libros para ler na propia biblio ou levar en préstamo para casa, ver as vosas revistas favoritas, desfrutar cos cómics que máis vos gustan, levar películas para ver en familia, consultar información na rede.... E todo isto gratis!!!

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA



martes, 24 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro é, desde hai 20 anos, o Día da Biblioteca, pois van xa dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. Nesta ocasión foron dúas mulleres da "periferia", a ilustradora vasca Elena Odriozola e a escritora galega Ledicia Costas, as encargadas de darlle fondo e forma e esta mensaxe a prol da existencia das bibliotecas. 
Fermosísimo é o texto de Ledicia CostasPremio dos Clubs de Lectura 2016, que nos facilita GALIX na súa versión  orixinal en galego e do que entresacamos un parágrafo: 

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 
Fonte:  http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/907

lunes, 24 de octubre de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas e sabiades que as bibliotecas teñen máis de 4000 anos de idade?
 Ao longo do tempo a idea de biblioteca, primeiro era un lugar para gardar libros. Os primeiros libros eran papiros e denominábasen codex.
Na idade media coas invasións bárbaras so quedaron bibliotecas nos mosteiros porque o resto foron destruídas.
No Renacemento invéntase a imprenta o que permite facer os libros de xeito máis rápido, sen transcribilos a man. A nobreza comeza a ter as primeiras bibliotecas que se abren aos eruditos e aos estudiantes para que poidan usar os libros.
 A Revolución Francesa cos seus principios democráticos deu o paso para que as bibliotecas se abrisen a todas as persoas.
 Hoxe en día temos diferentes tipos de bibliotecas: escolares (coma a nosa), universitarias, públicas, privadas, especializadas...
Para celebrar este día, esta semana a nosa lectura silenciosa estará adicada ao tema do curso, "Os Superheroes", e uns cursos leeránlle a outros historias de superheroes. Así que, lembrade:

domingo, 23 de octubre de 2011

24 OUTUBRO
DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES