lunes, 5 de diciembre de 2011

MANDALAS "NATURAIS"

Nos dous cursos de 6º estivemos a investigar sobre os MANDALA, que en sánscrito significa "círculo". Aprendemos moito desta arte efémera mirando aos monxes budistas. Para eles o máis importante é o camiño, non a meta. Mirade que pasada.

Logo fixemos o noso MANDALA DE OUTONO con elementos naturais. Nesta creación colectiva cada un aportou a súa pegada estética. Encantounos o resultado.
Tamén descubrimos que o mundo que nos arrodea está cheo de mandalas, só é cuestión de mirar con atención...e ter unha cámara a man.

1 comentario:

Isaac e Noelia dijo...

Estas redes sobre as curiosidades son moi interesantes para aprender novas cousas