Susan "Sue" Storm, tamén coñecida coma a "Rapaza Invisible" ou a "Muller Invisible". É unha personaxe que pertence a Marvel Comics e foi creada por Stan Lee y Jack Kirby e apareceu por primeira vez na historieta Fantastic Four.
Sue nace en Long Island (New York) e namorouse do científico Reed Richards. Este científico quere facer unha nave espacial que faga posible as viaxes a outros sistemas solares pero o goberno deixa de darlles diñeiro. Richards fai unha proba antes de deixar o proxecto. Sue decide acompañalo e tamén se unen o irmán de Sue, Johnny e un amigo de Richards, Ben Grimm.
Xa no espazo a nave atópase unha chuvia de raios cósmicos o que obriga a abortar o voo. Na terra danse conta que a radiación provocou cambios no seu corpo e agora Sue pode facerse invisible. Os outros compañeiros tamén adquiren poderes e Sue decide fundar Os 4 fantásticos.
Durante un corto espazo de tempo Sue tamén pertence aos vengadores.
Tedes máis información en:
Pero, ademais da muller invisible, hai máis mulleres superheroinas, aquí tedes 10:
Estade atentos, lede ben e respondede con tino.
AS RESPOSTAS FARÁNSE NO APARTADO DE COMENTARIOS POÑENDO O NOME DO EQUIPO. TEDES ATA O PRÓXIMO MÉRCORES DÍA 7 DE DECEMBRO, NON VOS DESPISTEDES!!! O XOVES SACAREMOS A PUNTUACIÓN E O VENRES NOVA PREGUNTA
Aquí tedes a pregunta desta semana (5 puntos).
DI O NOME DE 3 SUPERHEROÍNAS DISTINTAS DA MULLER INVISIBLE?
DI O NOME DE 3 SUPERHEROÍNAS DISTINTAS DA MULLER INVISIBLE?
E agora o reto (entre 1 e 10 puntos)
Eres capaz de facer invisible algunha cousa?
Para superar o reto coma sempre, pensade que queredes facer, cal é o material que vos vai falla, probade e cando o teñades contádemos que fai falla e como o fixestes. Non vale copiar o do vídeo!Sedes orixinais, creativos e, sobre todo, pasádeo ben experimentando!!!




