viernes, 3 de diciembre de 2010

CALENDARIO PARA O 2011
A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino público do Concello de Redondela pon en marcha durante o curso escolar diferentes iniciativas a favor do noso idioma e do ensino público. Entre esas iniciativas destaca a elaboración dun calendario de mesa para o ano 2011. No noso colexio estamos traballando arredor do proxecto "A auga". Por iso, a nosa aportación a ese calendario trata da "Biodiversidade mariña"; a imaxe corresponde a un mural feito polo alumnado de 3º ciclo que ten por título "AS CORES DO MAR". O lema tamén foi elixido entre os redactados polo alumnado de 6º E.P.
Agardamos que vos guste!

"Cando me meto no mar empápome de auga e emoción, pero cando me meto na clase empápome de cousas novas e diversión."

Cada folla do calendario levará por detrás un texto relacionado co tema da imaxe, neste caso o tema será:
A BIODIVERSIDADE MARIÑA
A biodiversidade é importante porque o ser humano necesita a riqueza biolóxica dos ecosistemas xa que vivimos nun grande ecosistema (ecosfera) no que todos os elementos están intimamente relacionados e onde os graves danos nalgunha das súas partes derivan, indefectiblemente, en desequilibrios a escala planetaria. A humanidade necesita vivir nunha biosfera saudable e nun planeta equilibrado.
A biodiversidade mariña é unha das maiores riquezas galegas que, en gran medida, están aínda por descubrir. A gran variedade de fauna mariña, de aves e doutro tipo de especies que habitan estes ecosistemas fan de Galicia unha das zonas máis importantes a protexer para garantir a supervivencia da fauna e flora mariña que, en moitos casos, son especies en grave perigo de desaparecer.
As costas galegas contan con espazos naturais protexidos a distintos niveis; dende o Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas ata a Enseada de San Simón, no noso concello, declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais dentro da Rede Natura 2000. Hai numerosas marismas: con ánades, parrulos, xuncos, ...
Entre a fauna da enseada destacan choco, polbo, lura, sardiña,rapante, faneca, muxo, garaxa real,gaivota, cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla, mexillón.
Entre a flora: carballo, castiñeiro, eucalipto, faia, aciñeira, piñeiro, toxo, silva, fento.
Cando baixa a marea pódense ver gran cantidade de algas pardas e verdes.

No hay comentarios: