Mostrando entradas con la etiqueta primeiro ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primeiro ciclo. Mostrar todas las entradas

jueves, 29 de enero de 2026

ALFABETIZACIÓN OCEÁNICA

 🐚En Xaneiro , grazas a actividade de Alfabetización oceánica levada a cabo polo CIM, tivemos a visita de Begoña e Marta. A través dunha serie de obradoiros prácticos , mostraron ao alumnado o papel esencial do océano na nosa vida, a súa influencia nos ecosistemas e nos seres humanos, a necesidade da súa exploración e conservación, así como a responsabilidade da sociedade no seu coidado.

A través de actividades manipulativas para fomentar a aprendizaxe experiencial, achegáronnos a conceptos clave como a biodiversidade mariña, as correntes oceánicas, a salinidade ou o impacto do cambio climático nos ecosistemas mariños.
Estamos profundamente agradecid@s por esta experiencia, que nos axuda a coñecer, amar e respetar o noso mar.



martes, 15 de abril de 2025

ESPALLAR TINTA

 Hoxe , 15 de abril, Día Mundial da Arte, queremos lembrar a participación do noso cole na Feira de escritura , "Espallar tinta", organizada polo @ceip.cedeira . Alí, o alumnado de primeiro mostrou parte do abecedario de arte no que levan traballando dende comezo de curso. Unha actividade que engloba a área de lingua e de educación artística ,dentro do noso proxecto de centro " Un ano no museo" . Aínda quedan moitas letras, artistas e técnicas que explorar. Pronto mostraremos máis por aquí.

Para introducir cada letra , comenzamos lendo algúns dos libros da selección de títulos sobre arte que chegaron este curso á noso biblioteca.
Feliz día da Arte a tod@s ! 🎨🎭📽️



martes, 1 de febrero de 2011

PEIXIÑOS DE PAPEL

Os nenos e nenas de 1ºB, a través do traballo cooperativo, experimentamos coa auga. Fixemos uns peixes de papel, e con ceras, tesoiras e unhas pinguiñas de aceite, conseguimos...
Que nadaran como o Peixe Vela!!
O máis rápido do mundo!!!!!!

domingo, 19 de diciembre de 2010

UNHA VISITA DE CINE

A todos os alumnos e alumnas de 2º B gustounos moito a peli que fomos ver a Vigo: "El lince perdido". Os personaxes son moi divertidos e fixéronnos rir moito.
Aprendimos que non debemos cazar animais, que debemos respectalos, que é importante reciclar e que non hai nada mellor que ter bos AMIGOS.
CLASE DE 2ºB

jueves, 10 de junio de 2010

INVESTIGANDO NAS LETRAS

Os nenos e nenas de primeiro ciclo participaron dunha proposta que os equipos de Normalización Lingüística e Bibliotecas lles fixeron: Investigar sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra e o día das Letras. E certo que investigaron. Aproveitaron os carteis que enviou a Xunta, Internet e o señor Google, e como non os enlaces do noso blog. E hai que dicir que moi ben, e por suposto, algo había que darlles a cambio, un pequeno detalle.
Moi ben!, e a seguir participando das propostas que fai o cole!, aínda que non teñamos agasallo, non si?
Que mellor recompensa que a propia sabedoría!

sábado, 21 de noviembre de 2009

VISITA DE MUSEO

O xoves 19 de novembro os nenos e nenas de primeiro ciclo do cole foron a Pontevedra para coñecer o Múseo. Esto foi o que nos contaron:
"Ayer fuimos al múseo de Pontevedra. Allí nos recibió una chica llamada María. Nos enseñó un montón de cosas: pulseras de oro, pendientes, un dragón pequeño, un molino, muchos cuadros, una concha grandísima, barcos, ... Visitamos un camarote de un barco que se caía y tenía una puerta secreta.
Lo que más me gustó:
  • -Laura V.: El camarote del barco
  • -Lucía R.: El catalejo y la concha
    grandísima
  • -Lidia C.: El molino de hace 4oo
    años
  • -Sergio M.: El camarote del barco
Cuando salimos del museo fuimos a merendar a una plaza llena de palomas con las que jugamos y le dimos de comer."

lunes, 23 de marzo de 2009

A BIBLIOTECA DE REDONDELA

Esta mañá os nenos e nenas de primeiro e segundo baixaron a Redondela, ao multiusos, a visitar a Biblioteca Municipal. Por como viñeron, ademais de cansos, o deberon pasar moi ben.
Coñeceron a fondo a Biblio infantil.


Coñeceron un pouco máis a figura de H.C.Andersen e viron dúas curtas de animación moi divertidas:
"La danza de los esqueletos"



"El patito feo"

E todo un detalle, recibiron unha revista infantil e unhas cores de agasaio.
Moitas Grazas!, Voltaremos!