martes, 29 de diciembre de 2009
FESTIVAL DE NADAL
lunes, 28 de diciembre de 2009
OS REIS MAGOS EN REBOREDA
domingo, 27 de diciembre de 2009
AGUINALDOS
As cancións de México envioullas a súa amiga MIXCÓATL, as de Brasil seu amigo NUNO, e as de Bolivia seu amigo KORI SISICHA.
Infantil 4 e 5 anos: GAZI SI NANA, arrullo tradicional mexicano, de OAXACA, está en lingua zapoteca do istmo de Oaxaca. Fala de que cando durman a avoa e o avó, roubarán medio real para comprar pan duro e para ir á igrexa. Tamén eliximos entre todos un son para cada unha das frases. Bibi tocará unha frauta de cana. Uns amigos que están a traballar polos dereitos dos oaxaqueños alí enviáronme a tradución. Levaremos a bandeira de México e tamén a de Oaxaca.
1º CURSO: DORME DORME MEU MENINO, cantiga de ninar de Brasil (aínda que é portuguesa), na que se intenta que o neno Xesús durma. Acompañamos con instrumentos de pequena percusión, entre eles uns “TARIYAS” (non sei como se escribe) de Marruecos que trouxo o ano pasado Salwa.
2º CURSO: SEÑORA SANTA ANA, arrullo tradicional mexicano, no que San Xoán (amigo da familia) lle píde axuda a Santa Ana (nai de María) para facer durmir ao neno, que non para de chorar. María e Xosé están ocupados coas tarefas domésticas e San Xoán promételle que se dorme, cando esperte lle dará atolito (papilla feita a base de fariña de maíz), guayabate (doce de guayaba)...pero seica non ten moito éxito co chimpallate (chamaco, guagüita, rapariguiño...). Acompañamos este berce con cabazos e axóuxeres. (e con nós si que conseguiu o obxectivo de relaxarnos, facernos bocexar).
3º CURSO: NIÑO MANUELITO, villancico coya que lle canta ao neno Manuel, que se atopa en Perú e en Bolivia (seguramente tamén o coñecen no noroeste de Arxentina e norte de Chile), Aquí tocamos sistros (variña con chapas), chas-chas (soalleiro de pezuñas de cabra), “caja chayera”, charango y pinkullo ( frauta de cana). Todos estes instrumentos son tradicionalmente empregados na música andina, e é importante salientar que as comunidades indíxenas (os primeiros ecoloxistas) reutilizan e reciclan TODO: deste xeito unha cabra dá de comer, dá a súa pel para facer a caixa, coas pezuñas fanse chas-chas, coas tripas faise o bordón que leva a caixa (nel van engarzados parte dus tubiños das plumas de aves que tamén comeron), e as canas das beiras do camiño serven para facer infinidade de cousas, entre elas quenas, pinkullos e sikus. Levaremos a bandeira de Bolivia e tamén a Wiphala (bandeira cadrada dos pobos andinos).
5º CURSO: faremos unha TREBOADA para recoller aos nenos dos patios e levalos ao multiusos. Esta, concretamente é recollida en Pazos de Borbén, e contan os gaiteros da miña idade, que de pequenos ían pedir o aguinaldo polas casas tocándoa. O instrumento por excelencia da treboada é o BOMBO, aínda que tamén hai outros como a gaita, o tambor, a pandeireta e o que atoparan....coma sempre.
6º CURSO: imos cantar CANCIÓN DE NAVIDAD, de Silvio Rodríguez. Coma sempre, Silvio fainos reflexionar sobre os nosos rituais sociais establecidos.
E como a música se presta e é cubana, tocaremos unha CONGA (máis coñecido como DJEMBÉ), CLAVES, e SHEKERÉ (este último vano construír eles con cabazos ou cocos, a ver que tal lles queda)
sábado, 26 de diciembre de 2009
NADAL DE CINE
"Cuento de Navidad"(+7): O sempre clásico conto de Charles Dickens, pero agora coas últimas novidades en animación dixital e captura de movemento.
"Lluvia de albóndigas": "El acontecimiento más delicioso desde que los macarrones conocieron al queso..."Facede clic enriba dos títulos das pelis e visitaredes os sitios web oficiais, onde atoparedes: xogos, imaxes, trailers, .... e moito máis.
viernes, 25 de diciembre de 2009
ADORNOS DE NADAL
jueves, 24 de diciembre de 2009
martes, 22 de diciembre de 2009
AGASALLOS FIN DE TRIMESTRE
GUÍA LECTURAS INTERCULTURAL

sábado, 19 de diciembre de 2009
SOLUCIÓN ADIVIÑA 8
E agora vede como os máis peques case adiviñan quen son??
http://pequesreboreda.wordpress.com/2009/12/17/adivinaquien-es-quien/
lunes, 14 de diciembre de 2009
CONCURSO ADIVIÑAS 8

domingo, 13 de diciembre de 2009
O NADAL NO MUNDO
"Contan as lendas que nas devesas das montañas de Lugo vive un xigante..."
Pero, ben sabemos que en distintas partes do mundo vívense estas festas de moi distintas maneiras. Dende o Ceip Frián de Teis (Vigo), elaboraron un traballo impresionante ao redor destos personaxes tan distintos, que tanto teñen en común. Botade un ollo!. Facede clic enriba da imaxe e leredes e escoitaredes as súas lendas, xogaredes cos personaxes, ...
sábado, 12 de diciembre de 2009
SOLUCIÓN ADIVIÑA 7

Ánimo e a pola última!!
jueves, 10 de diciembre de 2009
martes, 8 de diciembre de 2009
CHRYISTYAN MAGIC
Seguro que moitos coñecedes ao Mago "Chrystyan Magic", de feito aínda non hai moito estivo en Redondela. Pois máis que o vades coñecer, segundo din, pode ser o próximo "Harry Potter" galego. Xa está nas librerías!!
lunes, 7 de diciembre de 2009
CONCURSO ADIVIÑAS 7
domingo, 6 de diciembre de 2009
XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA

DESPOIS DA VISITA
EBOOKS EN GALEGO
sábado, 5 de diciembre de 2009
lunes, 30 de noviembre de 2009
SAÍDAS MOI DIDÁCTICAS
Esta actividade serviunos para poñer en práctica os nosos coñecementos: ler e interpretar instruccións, sumar, restar, multiplicar, dividir….. bueno, como dividir aínda non sabemos utilizamos a calculadora, pero no manexo dos euros somos uns expertos.
CONCURSO ADIVIÑAS 6
PALABRAS NO AR
sábado, 28 de noviembre de 2009
SOLUCIÓN ADIVIÑA 5

viernes, 27 de noviembre de 2009
VISITA AO ALCAMPO
FERNANDO:Ensináronnos a froitería e coñecemos un montón de froitas exóticas: chiles, coco, piña, kiwi, granada, phishalis, limas, ... Vimos como se facía o pan coas máquinas. Necesítase sal, fariña, auga e levadura. Cando todo está amasado, métense ao forno a cocer e logo a vender.RAQUEL:Vimos como separan o lixo, o cartón, o plástico e a máquina que os aplasta. Dixéronnos como se diferenciaba o peixe blanco do peixe azul, pola cola. E como na carnicería traballaban cun guante e un delantal de aceiro. Para rematar a mañá fomos á cafetería e déronnos un "croissant", uns caramelos, globos, unha carteira, e un selo.
jueves, 26 de noviembre de 2009
HOXE CELEBRAMOS
E agora a seguir, e con máis ilusión se cabe. Pouco a pouco, pasiño a pasiño, vamos conseguindo rexistrar todo o fondo bibliográfico da nosa Biblio.
miércoles, 25 de noviembre de 2009
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Lemos un manifesto en contra da violencia de xénero, esta foi a visión dun neno e unha nena de quinto:
IRENE:Todas as persoas temos dereitos e obrigas. As mulleres somos as que normalmente somos as débiles e os homes créense mellores só por ter máis forza e por iso moitos maltratan ás mulleres. E que nós non temos dereito a ser iguais que os homes??Pero, como xa dixen TODOS temos obrigas e dereitos a facer as mesmas cousas. Algúns pensan que por ser home e ser forte mándanlle facer as tarefas(as obrigas) ás mulleres.ESO NON É ASÍ!!Por que TODOS somos persoas, e TODOS, podemos realizar as mesmas cousas, así todo o mundo será un pouco máis feliz.PEDRO:Estou farto de que sempre falen do mesmo en todos os lados, da violencia de xénero. Aínda que teñen un pouco de razón de que non se debe maltratar ás persoas, pero, é unha tontería facer un manifesto porque con iso non van conseguir nada.
lunes, 23 de noviembre de 2009
CONCURSO ADIVIÑAS 5
domingo, 22 de noviembre de 2009
SOLUCIÓN ADIVIÑA 4
Moi ben!
Xa falta menos. Atentos á seguinte.
Consultade a clasificación para saber como vades.
sábado, 21 de noviembre de 2009
VISITA DE MUSEO
"Ayer fuimos al múseo de Pontevedra. Allí nos recibió una chica llamada María. Nos enseñó un montón de cosas: pulseras de oro, pendientes, un dragón pequeño, un molino, muchos cuadros, una concha grandísima, barcos, ... Visitamos un camarote de un barco que se caía y tenía una puerta secreta.Lo que más me gustó:
-Laura V.: El camarote del barco -Lucía R.: El catalejo y la concha
grandísima -Lidia C.: El molino de hace 4oo
años -Sergio M.: El camarote del barcoCuando salimos del museo fuimos a merendar a una plaza llena de palomas con las que jugamos y le dimos de comer."
viernes, 20 de noviembre de 2009
OBRADOIRO ORALIDADE
"Xa comezamos a colgar as novas dos obradoiros feitos en Redondela no blog de PALABRAS NO AR.
A primeira corresponde a unha actividade de Adiviña Animais feita no Ceip Santo Paio de Abaixo para a que inventamos un divertido xogo que agardamos vos guste.
http://palabrasnoar.wordpress.com/2009/11/20/pequechos-do-mar-de-redondela/
En breve teredes máis novas sobre os obradoiros e sobre algúnha das sesións de contos que ainda non publicamos.
Moitas grazas e non esquecedes enviarvos os vosos comentarios e suxerencias."
jueves, 19 de noviembre de 2009
TÍTERES
ACTUACIENCIA
"COMO AS BACTERIAS SE ADAPTAN AOS ANTIBIÓTICOS"Poden as bacterias evolucionar e adaptarse aos antibióticos?
Son sempre infalibles os antibióticos?
Debemos automedicarnos?
miércoles, 18 de noviembre de 2009
AS FESTAS DO ANO: O OUTONO
lunes, 16 de noviembre de 2009
CONCURSO ADIVIÑAS 4
domingo, 15 de noviembre de 2009
CHEGA "LUNA NUEVA"
Adiántase o estreno de "Luna Nueva", a segunda parte da saga "Crepúsculo". Atentos, o día 18, o próximo mércores, por fin nas nosas pantallas. Non desesperedes, xa falta pouco, mentras a seguir lendo o libro, para non perdernos detalle. Recordade que o tedes na Biblio, aínda que está tan solicitado, que vades ter que reservalo.sábado, 14 de noviembre de 2009
SOLUCIÓN ADIVIÑA 3
Algúns despistáronse desta vez!!
Consultade a clasificación. Sabedes onde?. Seguro que si. Pero, por se queda algún despistado, recordade, na sección "Os nosos recunchos"-"Concurso de adiviñas"
A ver na próxima. Sorte!
DEBUXANDO CON SUSO CUBEIRO
viernes, 13 de noviembre de 2009
OBRADOIRO DE ORALIDADE
A golpe de xoves nenos e nenas de quinto curso puderon disfrutar dunha interesante sesión, onde deron renda solta á súa imaxinación: Leron poemas de Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, crearon adiviñas a partires dun animal mariño,... e da man de Alberto Barreiro que dirixía o obradoiro, gravaron o son de todo o que alí se fixo.martes, 10 de noviembre de 2009
MAGOSTO EN REBOREDA
Saberedes quen foi o/a que comeu máis castañas na mañá de hoxe?











