Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta teatro. Mostrar todas las entradas

lunes, 25 de abril de 2016

SEMANA DO LIBRO



O 23 de abril celebramos o día internacional do libro  e no cole fixemos unha morea de actividades ao longo de toda a semana.

LUNS

Colgamos este gran cartel que moitos dos rapaces fixeran na semana anterior para anunciar a gran celebración. Ademais, como os libros ían ser os protagonistas da semana, enchemos o cole cunha morea de libros. 


MARTES

Os axudantes da biblio sorprenderon aos nenos e nenas de infantil cuns entretidos contos. Traballaron moi duro e o resultado foi fantástico, no cole temos grandes contacontacontos!


MÉRCORES

Como sabedes, este ano cúmprense 400 anos da morte de Miguel de Cervantes, polo que a súa figura estivo moi presente nas celebracións desta semana. Unha delas protagonizárona os rapaces de 4º, que prepararon unha pequena obra de teatro para representar para todo o cole.


XOVES

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º foron os padriños lectores dos máis pequeños do cole. As lecturas foron os 12 capítulos dos libro Érase una vez don Quijote e Otra vez don Quijote. Aínda que esta sesión de lectura foi o xoves, os asistentes á mesma xa escolleran a entrada o día anterior. A biblio converteuse nun despacho de billetes, botade unha ollada! 

VENRES

Un ano máis contamos coa compaña das familias na hora de lectura silenciosa. A lectura é moito mis divertida si é en familia!

Encantounos compartir este ratiño con vós!




Para rematar a semana, premios aos lectores e lectoras...


... e parabéns aos escritores destacados da Reboraina!

 

lunes, 20 de mayo de 2013

LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Este curso a semana das letras galegas comezou cun pequeno teatriño dos nen@s de 5ºA e co tradicional izado de bandeiras e a interpretación do himno. 


Nas clases tod@s aprendemos moitas cousas de autor homenaxeado Roberto Vidal Bolaño (se premedes no nome iredes á páxina de recursos sobre este dramaturgo). 
Os máis pequenos do cole tiveron ocasión de asistir no multiusos aos títeres da compañía Babaluva e a súa obra "Lume" (preme no título para saber máis).
 E os rapaces e rapazas de primeiro contaron cunha contacontos de excepción a nosa orientadora Ángeles Pérez Espiña que lles presentou o seu libro "En Redondela vive..." e coa que pasaron un rato moi, moi especial. Grazas, Ángeles!


domingo, 20 de junio de 2010

BUBALUVA TEATRO

Pero, antes de todo esto, o mércores 16 de Xuño tivemos connosco á compañía Bubaluva, representándonos a obra "Lume", inspirada no libro do mesmo título de Alberto Varela Ferreiro.
Impresionante posta en escena de Mirari e Larraitz Urruzola, que aproveitando elementos escenográficos construidos reutilizando obxectos cotiáns recoñecibles e sen apenas transformación montaron unha obra de títeres sensacional. Abraiados quedamos todos!, nenos e profes. Moi, pero, que moi ben. O problema é que estaba tan oscuro que non puidemos sacar moitas fotos.

jueves, 19 de noviembre de 2009

ACTUACIENCIA

"COMO AS BACTERIAS SE ADAPTAN AOS ANTIBIÓTICOS"

Poden as bacterias evolucionar e adaptarse aos antibióticos?

Son sempre infalibles os antibióticos?

Debemos automedicarnos?

Estas e outras preguntas foron as que nos resolveron a Compañía de Teatro Xerpo coa súa obra ao redor dos antibióticos, enmarcada dentro do Proxecto Actuaciencia no que colaboran o Servizo galego de saúde, Innovación, ciencia e tecnoloxía e a Xunta de Galicia.



Pero, por se todavía quedastes con dúbidas, podedes entrar na súa páxina e resolvelas: http://www.actuaciencia.org/ . Aquí ademais vades topar nos próximos días algunhas das vosas fotos, buscade na sección "NOVAS".
Mentras aquí tedes un vídeo da súa actuación.
Recordades como era a canción?

jueves, 7 de mayo de 2009

"RATIÑA LINDA"

Coñecedes o libro "Rata linda de Compostela", de Bernardino Graña?
Pois hoxe vimos unha representación teatral do conto. Que chulo, que risa, e que sustos!! Representáronola "Casa Hamlet", un chico e unha chica encantadores que nos fixeron pasar un rato moi agradable.
"E que vas facer pola noite??"

miércoles, 23 de abril de 2008

23 ABRIL: D.I. do LIBRO

Seguimos a festexar e traballar ao redor do libro. Durante estas semanas tivemos: Contacontos, teatro, contanenos, ... sempre ao redor dos contos.
Agora mesmo estamos en metade dun taller de escritura. Xa vos iremos contando. Estan a salir cousas moi interesantes.