Mostrando entradas con la etiqueta crepúsculo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta crepúsculo. Mostrar todas las entradas

domingo, 15 de noviembre de 2009

CHEGA "LUNA NUEVA"

Adiántase o estreno de "Luna Nueva", a segunda parte da saga "Crepúsculo". Atentos, o día 18, o próximo mércores, por fin nas nosas pantallas. Non desesperedes, xa falta pouco, mentras a seguir lendo o libro, para non perdernos detalle. Recordade que o tedes na Biblio, aínda que está tan solicitado, que vades ter que reservalo.
Para moi curiosos e impacientes, aquí vai un adianto:

Pero, todavía hai máis:
Sabedes que o estreno mundial da película vai ser en Madrid?.
Sabedes tamén que na banda sonora da película ademais de grupos internacionais como "The Killers", "Muse", ou "Thom Yorke", tamén hai unha canción dun trio pop-punk español?
A canción chámase: "Sed"(seguro que sabedes porque). Pero, saberedes cal é o nome do grupo español que colabora na banda sonora orixinal de "Luna Nueva"?. (Atentos ao vídeo)

jueves, 19 de marzo de 2009

QUE NON SABEDES QUE FACER?

Está claro que algúns se non veñen ao cole, non saben que facer. Co bo tempo que fai, este solciño, esta calor, ... Pois dende sair dar un paseo polo contorno, monte, praia, ... non teredes acaso lugares preciosos e marabillosos, que por riba, tendo tan cerca non coñecedes: a ruta do río Alvedosa, coas súas fervenzas, miradoiros, ...; os petroglifos; o carballo das cen polas; a illa de San Simón; ... e moitos máis. Lugares que seguro vos incitan a investigar, curiosear,... e tal vez atopar algún tesouro por descubrir.
O cine sempre é unha boa solución, aínda que da pena cos días tan fermosos que fai.
E non digamos a lectura, nestos momentos temos no cole unha fiebre coa serie de libros da autora Stephanie Meyer: "Crepúsculo": "Crepúsculo", "Luna nueva", "Eclipse" e "Amanecer".
Aquí vos deixamos un enlace para que se vos apetece poidades ler o primeiro capítulo do primeiro libro da saga
(facede clic enriba da imaxe)
Despois vos decidides.