Mostrando entradas con la etiqueta maxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maxia. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de noviembre de 2018

MÁXICO INICIO DE CURSO!!

O mércores, dia 7 de novembro, puidemos gozar no noso colexio dun espectáculo fantástico.

En colaboración con  Normalización Lingüística do Concello de Redondela , tivemos a oportunidade de ver o espectáculo "MAXIA vs CIENCIA", a cargo do mago Paco.
É unha mestura de maxia e ciencia que nos encantou.
Para mostra este vídeo.

jueves, 12 de diciembre de 2013

CHEGOU A MAXIA ... AO COLE

"Agora me ves... Agora..." 


Onte o Centro estivo cheo de "Maxia", e non polo Nadal, que tamén. Tivemos connosco ao Mago Eloy, que coa axuda dalgúns compañeiros, fixeron cousas incribles.


Parecía cousa de "Maxia", as cartas aparecían e desaparecían, as moedas, ... eu que sei. Que rapidez!. Foi unha actuación moi divertida.





E como introdución unha compañeira de quinto curso, Lucía, leunos un conto precioso. Xenial!


martes, 8 de diciembre de 2009

CHRYISTYAN MAGIC

Seguro que moitos coñecedes ao Mago "Chrystyan Magic", de feito aínda non hai moito estivo en Redondela. Pois máis que o vades coñecer, segundo din, pode ser o próximo "Harry Potter" galego.
A Editorial Everest ven de presentar o libro: "Chystyan Magic , Atrapado na Torre", escrito por Xoán Babarro, Ana Mª Fernández e o propio Chrystyan Magic, e ilustrado por Marta Rivera Ferner.
"Ides somerxervos nunha historia de aventuras, de intriga,de loita por facer realidade os soños… porque todos podemos chegar a ser o que desexemos con esforzo, con ánimo e mantendo viva a maxia que se agocha no noso interior."
Xa está nas librerías!!

sábado, 26 de septiembre de 2009

MAXIA EN REDONDELA

Atentos nenos e nenas!!
Durante este fin de semana, Venres 25 (xa chegamos tarde), Sábado 26 e Domingo 27 vades disfrutar dun auténtico espectáculo de maxia. Apuntádesvos?
Onte actuou, Adrián Conde; Para hoxe a partir das 6 da tarde, tedes na praza da Constitución a José Crestini e a Javi Martín; Mañá Domingo no multiusos da Xunqueira a partir das 18:30 (Seis e media), Rey Midas, Javi Martín, Roy Borrallas, Mago Picu, Valeria Varitas e Yuri Cardinale.
Ademáis na Praza de Ribadavia poderes aprender a facer trucos de todo tipo na "Escola de Maxia": 11:30-13:30 e de 18:00-20:00.

Un fantástico encontro internacional de maxia!

Que pena non enterarnos antes!!

domingo, 23 de noviembre de 2008

UNHA MAÑÁ CHEA DE MAXIA

Chegounos dende a Deputación, e dentro do programa "Maxia nas escolas": Cyrille. Pasamos con el un rato moi divertido e sobre todo cheo de "ilusión" e "fantasía".
Ata outra!