Mostrando entradas con la etiqueta gastronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta gastronomía. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de abril de 2010

UUUUUHMMMMM! QUE RICO!

No colexio hai un cheiro que alimenta!

Se estos días visitades o cole a última hora da mañá é probable que notedes un olor a pastel recén feito, non vos asustedes non é a vosa imaxinación que vos está xogando unha mala pasada porque se achega a hora de xantar, é que en 3º A están facendo pan doce. As unidades de medida, de peso, capacidade e tempo saen do papel para poñelas en práctica elaborando un pan doce .

O resultado é moi, pero que moi sabroso!

lunes, 30 de noviembre de 2009

SAÍDAS MOI DIDÁCTICAS

Os nenos e nenas de terceiro aproveitamos a nosa visita ao Alcampo para comprar os ingredientes para facer unha tarta de tres chocolates.
Esta actividade serviunos para poñer en práctica os nosos coñecementos: ler e interpretar instruccións, sumar, restar, multiplicar, dividir….. bueno, como dividir aínda non sabemos utilizamos a calculadora, pero no manexo dos euros somos uns expertos.
Unha forma moi, moi deliciosa de aprender.

Nenos e nenas de Terceiro curso