O mércores, dia 7 de novembro, puidemos gozar no noso colexio dun espectáculo fantástico.
En colaboración con Normalización Lingüística do Concello de Redondela , tivemos a oportunidade de ver o espectáculo "MAXIA vs CIENCIA", a cargo do mago Paco.
É unha mestura de maxia e ciencia que nos encantou.
Poden as bacterias evolucionar e adaptarse aos antibióticos?
Son sempre infalibles os antibióticos?
Debemos automedicarnos?
Estas e outras preguntas foron as que nos resolveron a Compañía de Teatro Xerpo coa súa obra ao redor dos antibióticos, enmarcada dentro do Proxecto Actuaciencia no que colaboran o Servizo galego de saúde, Innovación, ciencia e tecnoloxía e a Xunta de Galicia.
Pero, por se todavía quedastes con dúbidas, podedes entrar na súa páxina e resolvelas: http://www.actuaciencia.org/ . Aquí ademais vades topar nos próximos días algunhas das vosas fotos, buscade na sección "NOVAS".
Ante as peticións dos nosos lectores, a profe Marita, que foi a que lles ensinou aos nenos e nenas de 2ºB a construir a cámara escura, mandounos estas instruccións:
MATERIAIS: - tubo de cartón, tipo patatillas Pringles, baleiro e limpo, claro.- regra- lapis- cúter- cravo de 1,5 mm diámetro máximo, ou unha punta pequena.- cinta aillante negra- un círculo de papel "cebola", que ocupe o interior da tapa plástica do tubo
INSTRUCIÓNS:
1.- Tomaremos o tubo e mediremos 5 cm dende a base, trazaremos unha liña co lapis ( que quede en paralelo á base).
2.- Cortaremos o tubo pola liña co cúter. Quedarán dous tubos ( un longo e un máis curto).
3.- No centro da base metálica do tubo pequeno ( chamarémolo "Cilindro") faremos un orificio, de 1 a 2 mm, coa axuda do cravo.
4.- Colocaremos o círculo de papel "cebola" dentro da tapa plástica; para que non se nos mova podemos pegalo con dous puntiños de pegamento ou con dúas tiriñas de celo.
5.- Colocaremos esta tapa de plástico co papel no cilindro, no lado oposto á base metálica.
6.- A continuación tomaremos o tubo máis longo, que non ten tapas, e... atención! pegarémolo ao cilindro coa cinta aillante pola parte da tapa plástica.
7.- Agora, iremos a un espazo ao aire libre. Miraremos polo orificio, COLOCANDO AS MANS ARREDOR DO TUBO TAPANDO A PARTE QUE QUEDA PEGADA AO NOSO OLLO PARA QUE NON ENTRE LUZ POR AÍ.
8.- Finalmente, diriximos a nosa "cámara" a un lugar ben iluminado, casas, árbores, persoas, coches, ... E ... veremos as imaxes invertidas reproducidas sobre o papel da tapa plástica.Por que?
O noso aparato funciona como unha cámara fotográfica onde o orificio da base é como unha lente. Isto é o que se chama "cámara oscura".
O xoves, nós, os nenos/as de 4ºA invitamos aos nosos amigos os de 4ºB, para que? Pois para que viran os nosos experimentos. Comezamos repartíndolles unha améndoa e falando da enerxía, e, queimando unha soa, conseguimos ferver auga!!
A continuación xirando un círculo coas cores do arco da vella obtivemos a cor branca como descubrira Newton fai miotos anos!!
E logo cun espello e auga, descompuxemos no teito a luz nas sete cores! Acabamos rompéndolles o lapis dentro da auga, pero logo, volveu a súa forma. Isto é debido a que o aire e a auga son medios distintos. Esperamos que lles gustaran!!!
Seguindo a traballar coa Ciencia, e cos cientificos das nosas aulas, moitos están a realizar experiencias relacionadas con estos. O científico de 2ºB e J. Daguerre, un dos precursores da cámara fotográfica moderna, e sentíamos moita curiosidade por saber que era eso do Daguerrotipo, a cámara escura,...
"Construimos a nosa propia cámara escura e saimos ao patio a ver a través dela.
Os nenos e nenas de 4º A quixeron compartir experiencias cos compañeiros e compañeiras do outro grupo de 4º e aquí os tedes separando mesturas, preparando disolucións, observando cristales de sal....
Por certo, seriades capaces de soamente coa axuda de un vaso de auga e un imán separar estas tres mesturas:
Con este nome presentaban hoxe na Biblio o seu experimento os nenos e nenas de sexto curso.
Aforo completo!
(Vamos ter que cambiar a disposición dos mobles para realizar estas experiencias, pois no recuncho que tiñamos habilitado, xa non cabemos).
Como nos dicían estos grandes científicos, unha reación química sinxela. Cando o vinagre e o bicarbonato se mesturan, producen moitas burbullas diminutas de gas. Se ademáis lle poñemos cor, ... Tremenda erupción!!
Xenial!, Gustounos moito!.
Se a algún ou algunha se lle ocorre facelo na casa, pedide primeiro permiso,... non vaia ser o caso que enchamos a casa de "lava volcánica".
Estas semanas @s nen@s de sexto e os seus mestres andan a argallar experimentos e pequenos inventos xogando a aprender coa ciencia. Coas distintas fontes de enerxía , coa luz e o son foron amañando distintos aparellos e argallando os seus inventos. Comprobaron a propagación, reflexión e refracción da luz. A mestura de cores que forman a luz branca. Nos inventos chegaron a facer un coche eléctrico con material reciclado. Os compañeiros chamáronlle o Renault 28.
Se queres escoitar os vídeos, tes que pulsar en play. Pero antes vai ao artigo do mago (baixa pola páxina) e fai clic encima do altavoz que aparece enriba das fotos(do mago).
Parecía algo extraordinario eso de traballar coa Ciencia, algo fora do común, pero, estamos a darnos conta, que é algo normal, que está presente todos os días da nosa vida. A Ciencia está en todas partes, no que vestimos, no que bebemos, no que respiramos, co que xogamos, ... na nosa historia e identidade,...
... E seguimos investigando. Agora cada aula escolleu un científic@, inventor ou inventora, que os identifica. Algúns son moi coñecidos, outros non tanto, con todo, as veces indagando na súa vida descubrimos cousas, moitas que nos sorprenden, ben polo normais que parecían sendo Xenios, ou polas dificultades que tiveron.
O alumnado de sexto reunímonos no laboratorio para presentar aos demais compañeiros as nosas experiencias sobre circuitos e electromagnetismo. Construimos electroimáns e comprobamos as distintas aplicacións que ten na vida cotiá. Co material que quedou, dos tempos que había ESO no centro, amañamos un vello xerador para probar os nosos circuítos de lámpadas, muíños, zumdadores, etc. A electricidade respetámola, paro xa non nos é tan estraña.
Hoxe iniciamos as sesións de experimentos dos mércores na biblio. Cada final de mes teremos unha experiencia relacionada con algún campo da ciencia, que nos amosará algún mestre ou alumn@ do centro. Hoxe era a primeira: A gravidade, a densidade da auga e un principio que di que, "todo corpo sumerxido nun fluido experimenta un empuxe vertical e cara arriba igual ao peso do fluido desaloxado".Este principio leva o nome do científico que o enunciou, Saberedes quen foi??
Pista: É un dos personaxes elixidos por algúnha das aulas do Centro.
Agora tócavos a vós!!
Preparade un experimento e amosámosllo ao resto de nenos e nenas do cole
Chuvia ácida, aire contaminado, animais que se extinguen, efecto invernadero, non hai capa de ozono, augas contaminadas, exceso de lixo,...
Pero que planeta nos vai quedar???
Queremos facer algo, queremos loitar por este, o noso planeta Terra.
Hoxe, como primeiro xesto, decidimos sair todos ao patio a recoller o lixo, que ás veces sen darnos conta, deixamos por todas partes. Pero, a partir de xa, damos comezo a unha campaña de recollida selectiva de lixo en todas as aulas.
Ademais, vamos facer unha recollida de Lemas, slogans, ... frases que nos axuden a darnos conta do necesario que é reciclar, reutilizar, consumir só o necesario,...
Xa sabedes que este ano vamos traballar ao redor da ciencia.
E que hai máis científico que mesturar elementos na procura de enerxía?.
Pois sabendo que o almorzo é a comida máis importante do día, os alumnos e alumnas de cuarto curso almorzaron xuntos o venres pasado. Como vedes nas fotos tomaron leite, froita, zumes, torradas, cereais, ... alimentos moi saudables que lles axudaron a estar en forma durante toda a mañá.
Como xa vos dicía hai dous artigos, os historiadores non se poñen de acordo en quen foi o inventor do telescopio, e agora que vamos celebrar o seu catrocentos aniversario, todavía máis. Está claro, ou parece, como xa dixemos, que Galileo foi o primeiro en usalo para ver o Ceo. Pero son moitos os candidatos para a primeira fabricación do artefacto.
Esta mesma semana, na revista "History today", fálase da posibilidade de que o inventor orixinal do telescopio sexa un español, Juan Roget.
Para que poidades comezar a curiosear sobre temas relacionados coa Astronomía, e coa Ciencia en xeral, vamos a abrir unha nova sección na barra lateral que se chamará: "Pequenos científicos", onde iremos engadindo enlaces que seguro vos resultan interesantes.
Difícil resposta, pois nin os historiadores se poñen de acordo.
Xa un inventor inglés, Robert Gosseteste (1175-1263), "tivo a idea" de acercar os obxectos distantes mediante un corpo trasparente (lente). Pero non foi ata 1606 ou 1608 (tampouco se poñen moi de acordo), cando Hans Lippershey alinea dúas lentes nos extremos dun tubo, creando un instrumento que aumentaba as imaxes de obxectos lonxanos.
Ata que no 1609 chegou a oidos de Galileo Galilei, que construiu un, con notables melloras e cunha idea innovadora, apuntando ao ceo, creando o primeiro telescopio de exploración dos astros.
O ano 2009 vai ser o Ano Internacional da Astronomía, en honor á invención do Telescopio e uso do mesmo, apuntando ao ceo, por Galileo Galillei. Con tal motivo, no Centro decidimos levar a cabo un proxecto ao redor da Ciencia: experimentos, saídas, actividades, concursos, ... e moito máis. Preparadevos porque este curso hai moitas sorpresas, vamos convertirnos todos en grandes científicos e científicas.
De inicio en educación infantil xa teñen unha gran investigadora con eles, "Ciencia", que sin moita demora xa pasou pola Biblio e falou con Margarida.