Mostrando entradas con la etiqueta extraescolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta extraescolar. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de enero de 2014

OS PEQUES NO MEIRANDE

Este ano estamos a traballar arreo sobre a nosa vila e tivemos a oportunidade de visitar o Meirande. Quen ia pensar que unha vila tan pequena fóra esceario de grandes batallas, tesouros escondidos e ata a inspiración para o libro de Xulio Verne "20.000 Leguas de Viaxe Submarino" Aquí tedes un resumo da nosa visita vista por cada un dos grupos que fomos: OS COCORICOS A OS SAPIENS
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free photo slideshow
OS WATERS E OS COCORICOS B

miércoles, 13 de mayo de 2009

TALLER BANDA DESEÑADA

Como ben sabedes, ao redor da semana dos títeres de Redondela, aglutínanse un montón de actividades.
Mañá xoves en concreto, realízase un "Obradoiro expreso de iniciación á banda deseñada", que consiste en achegar os principios do cómic aos rapaces, segundo nos contan na información que nos fixeron chegar, empezaredes polo deseño de personaxes, entre todos definiredes as características dun personaxe do cal fará cada un a súa versión para posteriormente usalo nunha historia curta dunha páxina. (neste ultimo exercicio veredes os recursos e características da linguaxe da BD).
O taller impartirao GoChi, ilustrador dende hai 10 anos, directivo da Asociación Galega de profesionais da Ilustración, membro da mesa da BD da Xunta de Galicia, creador de Cerditos de Guinea Comics e autor da serie de piratas "Trasmallo", ademais traballou para xornais como "La Voz de Galicia" ou editoriais como "Tambre" ou "Galaxia".
O obradoiro está dirixido a rapaces de 11 a 14 anos e levarase a cabo de 18:00 a 20:00 h., na sala xuvenil da biblioteca.