viernes, 22 de mayo de 2009

TÍTERES EN REDONDELA

10º FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA
Con motivo deste famosísimo festival, o Concello de Redondela todos os anos organiza unha programación escolar para os coles da zona.
Este ano puidemos ver:
Luns 18 "Sombreiros sen chapeu". Tanxarina títeres (Redondela)
Martes 19 "Guarda L´uccellino". Papelito (Eslovenia-Italia)
Xoves 21 "Dragoncio". Los titiriteros de Binéfar" (Aragón)
Hoxe, xoves, eu tiven a sorte de asistir cos nenos e nenas de Educación Infantil de 3, 4 e 5 anos, e pódovos dicir que foi fantástico, pasámolo en grande cos titiriteiros de Binéfar, tan abraiados estabamos que nin respirabamos. Ata puidemos elixir un final,... e... pero, que digo, ... os finais nunca se deben desvelar.



Pero, antes ca nós foron os de segundo e terceiro ciclos o luns e tivemos dous reporteiros de escepción:
"Saímos ás 11:30 cara ao multiusos de Redondela, baixamos camiñando. Ao chegar acomodámonos nos asentos xunto a nenos e nenas doutros colexios e empezou a función. A obra representada chamábase e a interpretaba o grupo Tanxarina de Redondela.
A introdución foi ESPECTACULAR!!!! , non articulaban moitos sons só algunhas palabras soltas, pero á mímica que facían era unha maravilla. A frase perfecta para explicalo sería: .
Os teatreiros eran moi simpáticos, só eran tres, pero coa súa gracia facían por mil.
A obra era de sombras chinesas é estaba formada por pequenas obriñas todas co seu aquel, polo menos dez, pero os aplausos non se acabaron porque despois de cada obra todos aplaudían moi entusiasmados. De vez en cando despois dalgunha das obras facían algunha gracia e partíamonos o cu de risa.
O final non foi espectacular, foi máis ca iso. A pena foi que durou moi pouco, nós queríamos que durara máis."
Andrea B. e Simón (6ºA)

1 comentario:

nivecaro dijo...

A obra "Dragoncio" dos Titiriteros de Binefar foi espectacular. Os Vincis antes de sair do cole estuvemos a falar do que iamos ver, sabiamos que ia haber un dragón e que todo estaría escuro pero como somos moi valentes prometemos non ter medo. E, así foi. Pasámolo xenial e hoxe na clase os Vincis fixeron uns dragoncios preciosísimos. Imos ter que pedir o contacto dos Titiriteros para enviarllos.