lunes, 7 de octubre de 2019

ARRANCAMOS!! TALLERES INTERNIVELARES

Un ano máis xa estamos a pleno rendemento.
A biblioteca non abre ata  o 24 de outubro pero no cole este curso está cheo de novidades.

TALLERES INTERNIVEIS

Os venres son un día moi especial para nos. A terceira hora deixanos as nosas aulas habituais para aprender dun xeito máis lúdico e activo. Temos organizados dez equipos co alumnado de todo o centro. En cada equipo hai alumn@s dende 3 anos ata os 12.
Así mesmo temos 10 talleres nos distintos espazos do centro: XOGAMOS, COSE QUE TE COSE, UNHA DO DEREITO E UNHA DOS REVÉS, ADORNOS CON MATERIAL DE REFUGALLO,  FÍOS, EMOCIÓNS, EXPRESIÓN CORPORAL, LUZ NEGRA, CONSTRUCCIÓNS...

Cando soa a música o alumnado distribúese polos talleres que lle corresponden esa semana, de xeito que, cada venres, cada equipo vai a un taller distinto e, ao rematar o trimestre, todos terán pasado por todos os talleres.
Así mesmo o alumnado de sexto encárgase de coller ao alumnado de infantil, levalo ao taller e devolvelo a aula ao remate das mesmas.

É un xeito de aprender fóra do espazo estructurado, de compartir saberes con alumn@s distintos ao grupo clase, de que os maiores titoricen a os pequenos, de facer intercambios con outras idades e, sobre todo, aprender a aprender facendo.

Aquí tedes un resumo da primeira sesión:


No hay comentarios: