Mostrando entradas con la etiqueta balonmán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta balonmán. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de noviembre de 2019

C. BALONMÁN SAR EN REBOREDA

Seguindo co proxecto "Os Deportes", o club de balonmán SAR de Redondela pasou polo centro os días 4 e 5 de novembro, para traballar con todos nós un dos deportes máis practicados en Redondela.
Nerea, exalumna do centro, xunto con Vero e Iván fixeron as delicias das nenas e dos nenos.
Moitas grazas! Pasámolo moi ben!
Voltade cando queirades.

sábado, 21 de febrero de 2009

TREMENDA SEMANA

Comezou o Meco dicindo o que facer cada día.

A golpe de luns chegan tres mestres dun cole inglés: "Hesketh-with-Becconsall All Saints" que despois de manter contacto a través de correo electrónico entre os nenos e nenas dos dous centros, querían coñecer máis de cerca o noso labor educativo.


Comeza o campeonato de Fútbol Sala de todos os anos.
Terceira semana de Videoconferencias. Esta con C.P. Villapendi de Asturias.
E para rematar o desfile de Entroido. Espectacular coma sempre. Cheo de imaxinación, son e cor. Este ano ademais de ciencia!


Disfrutade do Entroido!