viernes, 15 de marzo de 2019

MÁIS ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER

O luns 11 seguimos coas actividades adicadas ao Día da Muller. Se o xoves fomos nos os encargados de levar a cabo os talleres, desta volta fomos os receptores dos talleres. Fai un tempo contactamos con Paxaretas para proporlles unha actividade para celebrar o día da Muller. A nosa idea era contar cunha membra de Xanela, a primeira organización feminista de Redondela e con outra membra de Paxaretas. Queriamos falar das motivacións para crear a organización e a asamblea e falar un pouco dos cambios ao longo destes 28 anos que separan unha asociación da outra. Ademais, coma levamos todo o trimestre co proxecto de "Facendo visibles ás invisibles" tiñamos unha chea de preguntas e aproveitamos a súa visita para facer un coloquio e falar de cousas que non paramos de escoitar ao noso redor coma: o patriarcado, o teito de cristal, a linguaxe inclusiva, a violencia de xénero fronte a doméstica, o feminismo liberal fronte ao radical... O tempo fíxesenos curto, aprendemos unha chea de cousas. Foi unha visita moi interesante, amena e didáctica.

Moitísimas grazas a Ceci e Maica por prestarse a vir e darnos tantas facilidades. Un pracer compartir ese rato convosco 

No hay comentarios: