Mostrando entradas con la etiqueta educación física. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta educación física. Mostrar todas las entradas

sábado, 14 de diciembre de 2019

TENIS DE MESA: NIGEL WEBB

Durante esta semana pasada tivemos no centro ao catro veces mundialista por "Jamaica", en tenis de mesa, NIGEL WEBB.
Falou con nós, vimos vídeos, traballamos coas palas e xogamos un pouquiño. Foi moi divertido!




E ollo....
Que durante o Nadal Nigel organiza un campús: Tenis de mesa, xadrez en inglés, ... e outras moitas actividades lúdico-recreativas.
Moitas Grazas, Nigel!
Ata outra!

miércoles, 28 de febrero de 2018

CELTA ZORKA EN REBOREDA

Este pasado xoves 22 de Febreiro viñeron ao noso cole - Ceip Santo Paio de Abaixo - a entrenadora e algunhas das xogadoras do equipo de baloncesto feminino R.C. Celta Zorka de Vigo.
Cristina(entrenadora), Patri, Anne, Minata e Paula falaron primeiro connosco e logo puxéronnos a traballar. Fixemos varios xogos de bote, tiro, ... para ao final xogar pequenos partidiños contra elas. Que palizas nos deron!

Ao rematar sortearon 2 camisetas do club e ademais regaláronnos entradas a todos para que fósemos o sábado a velas xogar. Algúns fomos, e pese a que animamos moito, non puideron gañar. Ao finalizar o partido firmáronnos as fotos que tamén nos deran o xoves.
Foi unha experiencia fantástica!
Gustounos moito traballar con elas. Pasámolo moi ben.
Ata a próxima!
Sorte na liga.
SEXTO A

sábado, 10 de junio de 2017

TAEKWONDO NO COLE

Esta pasada semana tivemos a visita de dous maestros de Taekwondo: Iago e Roi.  Con eles aprendimos unha morea de cousas ao redor desta arte marcial: 
  • Naceu en Corea do Sur e agora practícase en todo o mundo
  • Hai tres modalidades: Técnicas (pumses), combate e rompementos.
  • Axuda a desenvolver un montón de cualidades: elasticidade, forza, axilidade, reflexos, ...
  • A cor do cinturón amosa o nivel do practicante.
  • As puntuacións en función de onde se golpee, con xiro, valen máis.
  • A contar nun montón de linguas. Tamén en coreano.
  • O equipo necesario para practicalo: traxe e proteccións.
  • Algunha terminoloxía: Charyot - atención; Sahyum -maestro; Kyong Ye - reverencia (saúdo). 
Vamos que o pasamos moi ben e aprendimos moito.

Grazas por compartir con nós estos momentos e ata a próxima!

Por se queredes aprender máis palabras en coreano deixámosvos esta páxina: 

Alumnado 5ºA

sábado, 19 de diciembre de 2015

MATEO E YERAI EN REBOREDA

Os pasados luns, 7 e 14 de Decembro, viñeron ao cole MATEO e YERAI, dous futbolistas profesionais redondeláns, antiguos alumnos do noso centro e que actualmente xogan na 1ª división finlandesa, no PK-35 Vantaa.
O primeiro día tivemos charla, fotos e vídeos, deles, dos seus equipos e de Finlandia. Ao final falamos con eles e fixémoslles moitas preguntas. Contáronnos cousas moi importantes sobre a súa vida, pero sobre todo fixéronnos entender a importancia do traballo en equipo, do compañeirismo, ... cousas que quedan para toda a vida. Estabamos todos entusiasmados.
O segundo día fixemos unha sesión práctica con xogos e toque de balón. Foi moi divertido. Gustounos moito a súa visita. Oxalá volten noutra ocasión!
 
GRAZAS POR TODO MATEO E YERAI!
MOITA SORTE NA LIGA!


Aquí vos deixamos dous enlaces por se queredes ver algúns momentos, accións e goles destos dous fantásticos xogadores:



Alumnos/as de 6ºA

martes, 21 de octubre de 2014

BALONCESTO NO COLE

A semana pasada recibimos a visita no cole de varios monitores do Club de Baloncesto de Redondela. Fixeron xogos relacionados co baloncesto con todos os grupos co obxectivo de promocionar o deporte de de darsea coñecer por se alguén estaba interesado en apuntarse.
O grupo de 4ºB publicou unha reportaxe no seu blog sobre a súa experiencia. Se queredes velo só tedes que premer no debuxo.
http://oscativosdareboraina.blogspot.com.es/2014/10/baloncesto-no-cole.html

domingo, 16 de febrero de 2014

BALONCESTO EN SILLA DE RODAS

Este pasado luns 10 de febreiro visitounos o Club de Baloncesto en silla de rodas AMFIV de Vigo. Catro dos seus xogadores: Agustín, Filipe, Txema e Nick, traballaron con nós, en equipos, distintas formas de desplazarse polo campo e tirar a canasta e incluso tivemos a oportunidade de xogar algún partido. Foi moi divertido, aínda que tamén bastante difícil moverse nas sillas. Ao día seguinte todo eran maniotas!. 
Se queredes coñecer máis (plantilla, historia, clasificacións, curiosidades,...) sobre este club de Baloncesto visitade a súa páxina:

lunes, 28 de marzo de 2011

EDUCACIÓN DOCUMENTAL NA EDUCACIÓN FÍSICA

Na biblio tamén temos libros relacionados coa Educación Física: Xogos populares, xogos mesa, xogos do mundo, ... incluso cómics sobre as Olimpiadas. E como non sabendo o moito que vos gustan os deportes, podemos profundizar un pouquiño máis nalgúns deles.
Que sabedes vós do atletismo??
E dos distintos tipos de saltos dentro do atletismo?
Ide clicando no botón para acceder á seguinte páxina, lede a información e visitade os enlaces que aparecen na parte inferior de cada unha des distintas disciplinas

martes, 1 de junio de 2010

O MUNDO EN XOGO 4

EXPLORADORES e os seus profes de SEXTO CURSO



VÍDEO EXPLORADORES con 6B (visitade o seu blog) - Hai máis vídeos!

VÍDEO EXPLORADORES con 6A (visitade o seu blog)

Aínda que pareza incrible todo isto comezou facendo un traballo en informática!!

Logo foi cando a profe Amparo deu a gran noticia, facerlle os xogos aos nenos pequenos! Foi unha experiencia chulísima e a parte, os nenos cos que levamos xogado portáronse xenial!!

Para ser a 1º vez que facemos de mestres non nos saiu tan maL....

neReea

Creo que estar cos mais pequenos do colexio foi unha experiencia agradable da que eles aprenden de nós e nós aprendemos deles. Non foi para divertirse senón tamén para poder coñecer mais outras culturas tanto eles coma nos. Foi moi divertido enseñarlle os distintos xogos que fomos recopilando.

Leti

lunes, 31 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGO 3

SINEFOS e os seus profes O ALUMNADO DE SEXTO

VÍDEO SEXTO A e OS SÍNEFOS (visita o seu blog e le as súas impresións)

VÍDEO 6B e OS SÍNEFOS (visita o seu blog)

jueves, 27 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGO 2

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE SEXTO COS VINCIS


VÍDEO 6A e OS VINCIS (para ver máis visitade aquí o blog de pequesreboreda)

VÍDEO 6B e OS VINCIS (Pequesreboreda)

No blog de Pequesreboreda podedes ver tamén os seus comentarios á actividade que realizaron.

miércoles, 26 de mayo de 2010

O MUNDO EN XOGOS 1

Comezou na clase de Informática tentando aunar Proxecto de Interculturalidade e área de Educación Física, e o que nun principio ía ser un traballo de aula para coñecer e poñer en práctica esos xogos, acabou sendo unha experiencia compartida fantástica.

CHAMÁNS E SEXTO A



CHAMÁNS E SEXTO B